martes, 12 de febreiro de 2013

Todo de todo

    O planing mensual marcaba para o sábado día 9 de febreiro que ou Meda ou A Cabana serían os nosos destinos. Así pois,  unha vez reunidos todos no Complexo Deportivo de Campaña ás 16 horas, decidímonos finalmente por Meda... e a Tino nos encomendamos... coma sempre.
15 bikers formaron o pelotón composto de moitos "trisqueles", de auténticos "pros" e polo home do maso,  un asiduo ultimamente ás nosas  rutas. Iso si, un gran ausente; o "atador" (que non matador) Magariños. A verdade é que para outra vez teremos que facer labor de equipo e irlle axudar ás estas domésticas tarefas, pois o monte sen Maga  non é o mesmo...
Pero bueno, toca comezar a rodar e así de Campaña a Pontecesures para dende aquí e todo por monte, chegar ata a ponte de Herbón.
Aquí comeza a primeira parte da ruta na que ao pouco de rodar por un (para min inédito) camiño chegamos a un regato que temos que cruzar a través dun tablón. Tal cual. Demostramos as nosas cualidades de equilibristas, uns máis ca outros,  e aproveitamos para tirar unhas fotos, mais que nada por se alguén se decide "tirar" a auga.


Esta primeira parte a verdade é que é bastante "ratonera". Moito sendeiro, tramos de "pinos a través", máis e máis sendeiros e chegada a Herbón para afrontar a subida paralela, mais ben "muro" paralelo á autopista que nos leva a un dos camiños que van hacia Meda.


Logo descenso ata atoparnos ca estrada que ven de Lampai hacia Pazos e dende aquí ascendemos unha exixente subida que sen darnos conta e logo duns cantos sube baixa e duns cantos kilómetros disfrutando de todo tipo de camiños, dende os mencionados "ratoneros" ata aos nosos predilectos trialeros, chegamos a Lampai. Mencionar neste punto, e antes de que se me olvide, de que sempre que se comeza unha complicada, ou rápida, ou técnica baixada... primeiro escoitase un grito ou alarido e despois pasan coma lostregos o Clan de Isorna e a Tribu da Ponte. É unha máxima que se cumpre sempre que os manillares das nosas bikes miran para abaixo.
A esta altura, á altura de Lampai dicía,  o Moroko comeza a darlle instruccións ao seu cuñadismo Diego... ¿que estará tramando?.
A parte que escolle o sherpa Tino para pouco a pouco irnos acercando ata a falda norte do monte de Meda é realmente espectacular para a bicicleta. Moito camiño, bastantes sendeiros e pouca pista. Estamos rodando por parte da ruta dos do Monte Bravo, co pelotón agrupado e con Tino marcando un ritmo alto... cando o "fondista" Agustín sorprende ao grupo e sobre todo a Tino cun ataque ao que responde de maneira automática Diego. A fuga non se consiste e o pelotón totalmente agrupado vaise acercando á subida definitiva ao mítico Meda.
O silencio é sepulcral... Uzal mira a esquerda e dereita, Elías recibe indicacións do home do Maso. Tino marca ritmo e vai pensando -estes cabróns vanma querer xogar-, os da Ponte desexando que a xente se quente para eles atacar baixando,  Iván ao seu e sen ruido, Víctor e José observando as caras de todos, Cadilla á espera... cando de repente, sen previo aviso Diego, arengado polo Moroko,  lanza un ataque que, ao pouco, encende a traca definitiva... pero... ¿ respoutou alguén a este ataque?, ¿foi capaz de chegar a arriba? ¿cómo rematou todo?...


Estimado lector, se queres saber como puido o como poden acabar estes simpáticos, amenos e divertidos tramos libres no alto dos montes, ou se queres pasar unha entretenida tarde polos montes da comarca disfrutando da bicicleta, se realmente así o queres, non dubides en acompañarnos os sábados ás 16 horas da tarde no Complexo Deportivo de Campaña....
Todo o demais, son lendas.

CRÓNICA: GULLI.

1 comentario: