
O Concello de Valga acollerá a clásica Gala do Ciclismo Galego que se celebrará o vindeiro día 16 de febreiro, ás 20,30 h. no Auditorio Municipal.
O Concello de Valga e O Trisquel CC, clube ciclista con sede en Valga e membro da Federación Galega de Ciclismo serán os anfitrións desta celebración do Ciclismo Galego organizada pola Federación Galega de ciclismo.
Con tal motivo, ás 16:00 horas e con saída dende o complexo deportivo de Campaña, O Trisquel CC organizará unha pequena ruta non federada, a fin de que todos aqueles que o desexen se acerquen a coñecer o mundo da bicicleta de montaña e sobre todo, a disfrutar dunha tarde polos montes do Concello de Valga. Será unha ruta de dificultade baixa para maiores de 16 anos, na que cada ciclista será responsable de sí mesmo e na que será obrigatorio o uso do casco.
Posteriormente, na gala entregaranse os galardóns ás entidades públicas e privadas que colaboraron coa Federación Galega de Ciclismo no ano 2012, así coma aos deportistas máis destacados ao longo do ano pasado. Serán premiados os primeiros clasificados dos rankings de estrada e BTT, os medallistas galegos en campionatos nacionais e os que por distintas razóns destacaron no panorama ciclista nacional e internacional. No mesmo acto terá lugar destacado un homenaxe póstumo a Cristóbal Hermida, Presidente do Club Ciclista Bueu, recentemente falecido en accidente de tráfico mentres practicaba o seu deporte favorito.
Agradécese preinscrición: otrisquelcc@gmail.com.
Ningún comentario:
Publicar un comentario