O TRISQUEL CC





ACTA DA ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DO CLUB DEPORTIVO:

ANTERIORMENTE: CLUB CICLISTA PONTECESURES.

ACTUALMENTE: O TRISQUEL CC (O TRISQUEL CLUB CICLISTA).

Reunidos o día 14 de Decembro de 2012, as 21:30 h horas, deu comenzo a Asamblea Xeral Extraordinaria, válidamente constituída.

Acordandose por maioría cualificada, según o articulo 18 dos estatutos do club, os seguintes puntos:
  1. Cambio de denominación do club.
    O TRISQUEL CC (O TRISQUEL CLUB CICLISTA)
  2. Cambio de enderezo social.
    CONCELLO DE VALGA.
  3. Cambio de xunta directiva.
  4. Baixa no rexistro de asociación e entidades deportivas do concello de Pontecesures.
  5. Modifiación dos estatutos do club.
  6. Aprobación contas ano 2012.
  7. Tramitación licenzas 2013.
Non tendo mais temas que tratar levantase a Asamblea, sendo as 23:30 horas da data en principio sinalada.

O SECRETARIO SAINTE/ENTRANTE,
D.
VºBº O PRESIDENTE SAINTE/ENTRANTE,
D.




   
As principais vantaxes de obter unha licenza federativa son:

1º - Poder participar en tódolos eventos ciclistas federados aos que teñas acceso pola categoría da túa licenza sen ter que pagar o suplemento pola licenza de un día.

2º - Estar cuberto por un seguro de accidentes: Existe unha completa rede de centros concertados onde te atenderán dende os primeiros coidados ata a túa completa rehabilitación. A póliza de accidentes ten cobertura mundial.


3º - Estar cuberto por un seguro de resposabilidade civil: O seguro de responsabilidade civil, suscrito con, ofeceche a súa cobertura en caso de danos a terceiros provocados por un accidente mentes circulas na bicicleta, algo nada desprezable nunha sociedade cada vez máis xudicializada como a nosa, onde as reclamacións por accidentes están a orde do día. Como novidade, este seguro cubre ademais dos danos que se poidan provocar a peons ou a vehículos a motor, os danos que poidas provocar a outro ciclista que circula contigo (excepto en competición).
  

PASOS PARA FEDERARTE CO TRISQUEL CC 

1º - Poñerse en contacto co clube (otrisquelcc@gmail.com), xa que só se tramitan licenzas os socios/as do clube.  Polo cal e indispensable asociarse previamente. 

2º - Aboar na conta do clube [0030 6158 43 0298022273] a cantidade da licenza para a tempada en vigor indicando no concepto NOME, APELIDOS, CATEGORIA E DNI DO CICLISTA.

3º - Enviar a continuación un email (otrisquelcc@gmail.com), adxuntando DNI escaneado e indicar os seguintes datos:

- Nome
- Apelidos
- Data de nacemento
- Dirección
- Teléfono
- Email
- Categoría