mércores, 20 de febreiro de 2013

160213 GALA DO CICLISMO GALEGO


Celebrouse o sábado no auditorio de Cordeiro a Gala do Ciclismo Galego organizada pola Federación Galega coa colaboración do Concello de Valga. Nun evento que reuneu a máis de 400 persoas que asistiron a un primeiro acto consistente nun emotivo video sobre a marcha de homenaxe a Cristobal Hermida, falecido o 3 de xaneiro nun accidente de bicicleta. O ex- ciclista padronés José Angueira e Jesús Cobelo foron agasallados con un cálido homenaxe por unha vida adicada ó ciclismo. O acto central consisteu na entrega dos premios ós gañadores dos rankings de estrada, ciclocross, BTT- Rallie, BTT-Descenso e BTT- Maratón. O final foron entregados os galardóns ós mellores ciclistas galegos, masculino e feminino que foron a parar ás mans de Lucía Vázquez (Sub- Campiona de España de BTT e gañadora da Taça de Portugal) e Rubén Castro (Campión de España e Sub-Campión do Mundo de BTT - Descenso). Pechou a Gala o Alcalde de Valga, D. José María Bello Maneiro que tivo palabras de agradecemento á Federación Galega de Ciclismo e ós representantes, (Alcaldes e Concelleiros) dos concellos presentes de Coruña, Marín, Dumbría, Cambre e Touro e Begoña Estevez, diputada de Deportes da Diputación de Pontevedra e Mariel Padín, Vicepresidenta da Deputación da Coruña. 

LISTADO DE PREMIADOS: http://www.fgalegaciclismo.es/historico/gala2012/gala.htm


Con motivo da celebración da Gala do ciclismo o noso club organizou, xunto o concello de Valga unha ruta previa polos montes de Cordeiro. Para dar a coñecer o mundo do BTT, a veciños e afeccionados da comarca.


Ningún comentario:

Publicar un comentario