luns, 28 de xaneiro de 2013

Nada de nada

De entrada dicir alto e claro, que non chegamos á Muralla.
E coma de falar alto e claro se trata, dicir da mesma maneira que se non chegamos, senón "asaltamos" o col da Muralla foi, única e exclusivamente, por culpa dun biker ao que chaman Gulli, vamos eu mesmo.


    Seguramente esta confesión tan sinceira pode resultar un pouco chocante así de entrada a alguén que o sábado pasado non tivo o disgusto e a mala sorte de formar parte dun pelotón no que había unha persoa, que alomenos nese día, estivo gafado... ou bueno, mellor dito a súa bike. Pinchazos continuos, freno dianteiro inutilizado, cambio desaxustado continuamente... vamos, simplemente lamentable. Pero bueno, o peor de todo e chegar a Cesures andando e soportar as burlas e vaciles da xente que básicamente pensa que ves reventado. Pero bueno... iso é o meu problema.

   O peor é que, con tantas paradas, estropeille a ruta ao noso amigo Iván. Coma non podía ser doutro xeito, a ruta escollida polo líder do Clan de Isorna-Catoira de fácil non ía ter nada.

Por Lestrove ascendemos xa de entrada o monte do Santiaguino e de ahí fomos dar, logo dun pequeno descenso a preto do Pexegueiro. Logo toca subir; non é a primeira vez que subimos unha trialera brutal que ahí  comeza, polo que todos sen excepción " agarramos" ritmo para chegar arriba o mellor posible. Neso estabamos cando... oh sorpresa... pareceunos escoitar que descorchaban unha botella de champán e en lugar dun tapón (que sería o agardado), pasaba Magariños atacando dende atrás e deixandonos a todos anodados... iso si, un par de segundos, o mesmo tempo que o efecto do corcho da botella do susodito líquido tarda en pasar...


Seguimos rodando e, non meu caso, con mais pena e menos gloria, chegamos ata a Chisca para dende ahí apartar á esquerda e seguir un tramo pola nosa kedada do febreiro pasado. Pouco despois, Iván guía  ao pelotón por camiños, por lameiras, por auténticos "rios", por sendeiros cheos de ramas ata preto do Araño.



Teño que recoñecer, que noutras circunstancias houbera disfrutado coma un neno, pero cos problemas anteriormente referidos, recoñezo que o sábado pasado pola tarde acordeime un pouquiño do noso guía... ainda que Iván sabe de sobra que a pesar de todo o aprecio e estimo en demasía...


Logo, o de sempre, o de tódolos sábados, luces... e a Santa Compaña, un Santa Compaña neste caso, errática, perdida e desnortada, xa que debido en parte á noite pechada e a os camiños destrozados a causa dos traballos no monte, o capitán de ruta ordenou, logo de buscar e rebuscar rutas alternativas, logo de ir para voltar, e logo de observar sobre todo claros síntomas de motín por parte do pelotón, decidiu e decidimos regresar dende o Araño pola comarcal ata Bexo e dende aquí polas brañas ata Cesures.

Antes de pechar, darlle as grazas a Anxo o das Cabras por acompañarnos neste sábado... e pedirlle tamén perdón por esta ruta tan accidentada.
E sobre todo, grazas a Magariños e a Tino pola súa entrega para intentar reparar, como di o Moroko, o meu ferro.

Queremos adicarlle esta crónica e mandarlle unha afectuosísima aperta a Tino, neste día e nestas horas tan tristes para el e para os seus. Ánimo!!

Crónica: GULLI.

PD:  Déixovos a crónica de Anxo, que tampou tén desperdicio: http://lascabrastiranalmonte.blogspot.com.es/2013/01/os-bos-costumes.html

xoves, 24 de xaneiro de 2013

Á Muralla by Iván

Este fin de semán, recoñezo que non tiña pensado sair sábado pola tarde en bici, pois o domingo, como ben saberedes celebráse en Ponteareas a marcha das Rosquillas, a que asisten moitos bikers de toda Galicia.
Pero... resulta que este sábado, as 16 horas da tarde parece, ou iso se escoita e rumorea, que o líder, o patrono do "clan de Isorna-Catoira, ten "preparada" unha ruta moi o seu estilo á Muralla.
De entrada xa me resulta tentador iso de subir á Muralla. Levo rodando un ano e medio ca xente do Trisquel e, ainda que pareza incrible, todavía nese todo tempo non subín a este monte. Sempre me resultou extrano que o noso sherpa de rutas curtas Tino non escollera ou mirara de facer unha boa ruta por este monte. Pode ser que este monte non lle guste... ou que esconda unha razón de peso para "esquivar" sábado si e sábado tamén este para min inédito monte. Vai a saber... igual tivo de rapaz unha moza por ahí arriba e o pai desta, cazador seguramente e polo tanto pusuidor dunha escopeta,  o correu a patadas monte abaixo dicíndolle que por ahí non se voltara a asomar...senón... e claro, o medo é libre. Pero como dicía, vai a saber...
Por iso este finde as Rosquillas de Ponteareas quedan relegadas a un segundo lugar. E non soamente por subir ca peña á Muralla, senón tamén, e ahí esta case que o mellor, por ver e comprobar a ruta que nos ten preparada Iván Scott. Coñecendo os seus "gustos" ciclistas, a ruta dende logo promete voltar a ser dura coma a do sábado pasado, a que organizou Elías, outro do mencionado Clan. Por iso creo que me vai a gustar e nós vai a gustar, compañeiros do Trisquel.
Así pois, se a todo isto lle sumamos que vai facer bo día, que imos sacala Santa Compaña nosa de todolos sábados por estes montes por primeira vez, que Magariños vai a atacar preto do cumio con todo o que iso supón e nos supón...creo, definitivamente, que o domingo si que vou ir ás Rosquillas, pero a mercar rosquillas que venden no mercado de Padrón.


mércores, 23 de xaneiro de 2013

Hoy puede ser un gran día...‏


Cando o sábado pola mañá algún dos nosos compañeiros de "armas" plantexou a posibilidade de abortala saída da tarde (Náutico de Pontecesures, 16 horas) a causa do "mal" tempo, nese momento souben dúas cousas: que iamos sair sí ou sí e que, sobre todo, ía e podía ser un gran día.

Co que si non contaba, recoñezo, é que ao final nos xuntaramos tantos bikers, exactamente 19, logo do tempo matinal e das dúbidas antes referidas. A primeira das miñas premonicións xa estaba cumprida, polo que decidimos continuar ca ruta planificada: Xiabre por Catoira by Elías.



Rodando suave (como ten que ser de entrada, sobre todo para quencer) pero sen pausa chegamos por Vilar e Santa Baia a Catoira. Alí agardabannos o mítico clan de Isorna-Catoira, con Elias (xefe da expedición de hoxe) e o líder indiscutible do susodito clan; Iván Scott. Con estes de "guías" a ruta prometía... ser de todo menos suave...

Así pois saimos de Catoira polo sendeiro próximo a rotonda do supermercado Día e que discorre paralelo a un regato... normalmente regato, pois o sábado logo das abundantes chuvias dos días anteriores, máis que regato parecía océano... incluido, claro está, o mencionado camiño. En moitas partes, por non dicir en bastantes partes, resultaba imposible ir na bici, polo que se fixo inevitable botar pe a terra e camiñar.


Teño que recoñecer que nestes tramos, neste tipos de rutas, véxenos que disfrutamos...

Así, como no coche de San Fernando, un poquito (ou moito) a pie y otro poquito andando (en bici) chegamos á capilla de San Cibran (correxídeme senón é así o nome) e decidimos que a partir de agora tocaba rodar, por eso de ter a todo o mundo contento.


Por pista chegamos a carretera asfaltada que sube a Xiabre para logo de 500 metros abandonala e seguir rodando un pouco máis... pero non moito máis, pois a xente demandaba trialeras, e creédeme que as houbo.



De entrada, descenso espectacular e sobre todo técnico, que debido á ramallada solta fixo que este pequeno tramo de descenso fora simplemente unha utopía manter o equilibrio enriba da bicicleta... pero a pesar de todo, que ben o pasamos.

Logo, a xente quería cortafogos e cortafogos tiveron. Nestes tramos o clan de Isorna-Catoira demostra que este é o seu "terreo", que medo e respeto son palabras que nin coñecen nin sobre todo, recoñecen. Iso si, neste medio, neste terreo, teñen competencia directa; a "familia" da Ponte con Javi, David e Piru. Estes medo e respeto, tampouco teñen ningún, máis ben o contrario... Como baixan, como trazan e todo en medio dúns alaridos que lanza o seu líder Piru cada vez que comenza unha baixada técnica ou complicada.


Aparece outro factor máis para darlle máis valor á ruta; a noite, polo que, ca aparición desta aparecen tamén os lúmenes e con eles a Santa Compaña nosa de tódolos sábados.



Xa de retorno, toma o mando da expedición Tino, que por sendeiros, camiños, monte a través ás veces. Nós leva ata á pista que discorre paralela á vía do tren e que, logo dun frenético sprint (que omitirei dicir por razóns de modestia quen o gañou) nos deixa no Náutico mollados e embarrados... pero, e falo por min, de disfrutar dunha maravillosa tarde de bici rodeado de xente (perdón pola palabra) cojonuda.


Antes de finiquitar esta pequena crónica, querría darlle as grazas a Elias por esta ruta. Un dez o tramo do río.
E querría darlle a benvida ao meu amigo Andrés e esperar que o siga pasando tan ben coma o pasou este sábado.


CRÓNICA: GULLI.

Copa Barbanza rally


Buenas desde hoy se abre la preinscripción para la Copa Barbanza de rally que constará de tres pruebas dos en Ribeira y una en Taragoña. En cada prueba se harán dos carreras una de clase Expert en la que participarán los corredores más experimentados sobre un circuito con gran dureza y dificultad técnica, y otra de clase cicloturismo en la que participará la gente que quiera iniciarse y descubrir este deporte sobre un circuito de menos dureza y más sencillo.
La primera Prueba sera el día 23 de febrero en el complexo polideportivo de a fieiteira (Ribeira).
Los premios serán los siguientes:
-Maillot de Campeón de la Copa Barbanza el que tenga mayor puntuación final de la suma de las tres pruebas.
-Medallas a los tres primeros de cada categoría (Elite, Junior, Master) en cada prueba.
Inscripción:
Sera de 10€ por cada prueba o de 24€ el que desee hacer por toda la Copa Barbanza.
Con la inscripción se tendrá derecho al seguro durante la carrera y a un avituallamiento final.
Para realizar una preinscripción debéis mandar un correo a pctahume@gmail.com o un mensaje privado al facebook de la Peña Ciclista Tahume, se podrá inscribir en el mismo día pero recordar que tenemos plazas limitadas por eso recomiendo hacer la prescripción para no quedar nadie sin poder participar.
La inscripción formal se hará el mismo día de la prueba en el momento que se ingrese el dinero a la organización.
Recordamos que no son pruebas federadas, si no carreras populares para que la gente que quiere iniciarse en el btt, disfrutar de unos piques con amigos o simplemente no puede permitirse grandes desplazamientos para competir.
Un saludo y animaros a disfrutar de mountain bike del bueno en el Barbanza.

xoves, 17 de xaneiro de 2013

170213 II RUTA DO LACON (CUNTIS)


Bos días amigos/as,
O Club de Montaña Xesteiras está aquí novamente para, xunto co Concello de Cuntis (Pontevedra), organizar a II Ruta BTT do Lacón que terá lugar o vindeiro 17-02-2013 en Cuntis, coincidindo novamente coa festa do Lacón.

Esperamos estar á altura e poder así corresponder ó gran apoio que tivemos na primeira edición, tanto en número de participantes como en resultado. Sabemos que vai ser difícil pero dende o Club de Montaña Xesteiras poremos todo o noso empeño en que así sexa.

O prezo de inscrición é de 5 euros, no que se inclúe un seguro de Asistencia Sanitaria Ilimitada para cada un dos participantes inscritos, Seguro de Responsabilidade Civil, 1 Avituallamiento sólido e líquido e outro líquido, ambulancia e por suposto parking, duchas e lavado de bicis. 

O prazo de inscrición abrirase este sábado 20 de xaneiro a través dun formulario que estará disponible na nosa web www.cdmxesteiras.com. Unha vez cuberto o formulario e enviado o xustificante de pago dos 5 euros recibirase un correo confirmando a inscrición. O listado de inscritos poderase consultar tamén na nosa web e será actualizado automáticamente.

Como xa é costume nas nosas rutas, o percorrido constará de dous tramos unha ruta larga de 45 km. de maior dificultade física e técnica e outra curta de 30 km. que diminuirá tanto en dificultade física como técnica á ruta longa para que todos os que queiran poidan disfrutar da ruta e calquera que ande habitualmente poida rematala sen problemas.

Haberá algúns cambios con respecto o percorrido do ano anterior, pero mantendo esos tramos que tanto deron que falar. Engadiremos tamén algunha trialera nova que seguro fará que todos disfrutedes dun final espectacular para rematar con moi bo sabor de boca.

Tamén ó igual que o ano pasado, todos os que queiran poderán quedar e disfrutar da Festa do Lacón, que ano tras ano atrae a miles de persoas a degustar un bo prato de lacón con grelos, regado con viño e filloas de postre por tan só 10 euros. Todos os interesados poden chamar o departamento de cultura do Concello de Cuntis - 986533600 - e facer alí a súa reserva. 

Iremos dando máis información cada día.

Esperámosvos.
Un saúdo e boas pedaladas amigos/as 


PRÓXIMAS MARCHAS FEBREIRO


INFORMACIÓN: http://championchipnorte.com/index.php?op=det_evento&cod=864


INFORMACIÓN: http://www.foromtb.com/showthread.php/959153-VI-Ruta-Btt-Pico-da-Lebre-Foz-2013


INFORMACIÓN: http://www.ccriazor.com/


INFORMACIÓN: bicicletasfarto@hotmail.com

domingo, 13 de xaneiro de 2013

120113 EN BUSCA DA FERVENZA PERDIDA

Exploración Xeográfica: e a actividade de viaxar có propósito de descubrir, sexan pobos ou espacios descoñecidos, vías de comunicación, rutas de comercio, bases estratéxicas, recursos naturais, por motivos económicos, militares, ideolóxicos ou polo mero coñecemento.

Pois que mellor xeito de afrontar as primeiras rutas do ano 2013, cunha exploración xeografica. Propositos ou motivos?

Facia tempo lle estaba dando a "chapa", o persoal con cambiar de dirección nunha das nosas rutas habituais o chegar a aldea de Requián, para atopar novos camiños ou................

Por votación da maioría cambiamos a hora de saida as 16:00 h, para dar mais marxe a xente que traballa pola mañán. E na hora en punto arrancou o pelotón de exploración comandado por un sherpa de horquilla nova (Maga).
Non sei se por sair media hora mais tarde, se por que tiña menos peso do habitual ou porque nos quería quentar o corpiño. Encamiñounos pola subida do basurero vello a un ritmo alegre, pero alegre. Que fixo que durante un bo rato mais de ún lle dera a "chapa".

Pero vese que non lle influeu moito porque decideu meterlle de regalo úns tramos de corta lumes, bastante técnicos e empinadiños ben cara arrriba, ata chegar a caseta dos cazadores.

Frio onde?, xa non existía despois do regalo do sherpa. E tampou chegou no resto do traxecto, xa que sigeu ca archicoñecida trialera ata Chegar a Requián, e súbidiña sen fin.




Aquí comenzou a nosa gran exploración, e o mando colleuno o noso sherpa mais experimentado en rutas e camiños (Tino).

Persoalmente encántanme este tipo de aventuras e mais cando xurde un reto a descubrir ou conquistar. E así foi neste caso, xa que baixando un trialera avistamos o lonxe unha tremenda fervenza.

Xa temos banda sonora e reto a conolizar: 



Pero xa se sabe o que pasa cando un se mete no papel de conquistador. Ai días que podes encontrar parte do que buscas, ou que xurdan inconvintes no camiño que fan que a ruta sexa inolvidable.


Esta carballeira, creo que foi un dos puntos que nos deixou marcados a tódolos bikers. Mais que pola súa beleza polo seu tremendo %. Mima que "chapa"


Non quero dar moito mais a "chapa", xa que como e habitual  pillounos a noite e tocou sacar de lumenes no camiño de regreso.

O final non pudemos conquistar a fervenza, pero pasamos unha divertida tarde de BTT. Facendo de exploradores, descubrindo que temos no pelotón ún furón, ún especialista en pinchazos, ún en buscar surcos e ún en dala "chapa".

Crónica: Uzal.

Pd: Frase historica do día, Moroko: "Gulli nos 101peregrinos va a mordelo polvo".


mércores, 9 de xaneiro de 2013

160213 GALA DO CICLISMO GALEGO


Gala do Ciclismo Galego - 16 de Febreiro - Valga 
O Auditorio de Cordeiro (Valga) será o escenario da clásica Gala do Ciclismo Galego que se celebrará o vindeiro día 16 de febreiro, ás 20,30 h. e na se entregarán os galardóns ás entidades públicas e privadas que colaboraron coa Federación Galega de Ciclismo así coma ós deportistas máis destacados ó longo do ano 2012. Serán, premiados os primeiros clasificados dos rankings de estrada e BTT, os medallistas galegos en campionatos nacionales e os que por distintas razóns destacaron no panorama ciclista nacional e internacional. No mesmo acto terá lugar destacado un homenaxe póstumo a Cristóbal Hermida, Presidente do Club Ciclista Bueu, recentemente falecido en accidente de tráfico mentres practicaba o seu deporte favorito.

Enlaces: 
http://www.valga.es/publicacions/ver.htm?publicacionId=19847
http://www.fgalegaciclismo.es/

domingo, 6 de xaneiro de 2013

291212 A ruta dos 5 picos‏


Ás 8:45 da mañán, logo de observar e comprobar de que cada vez que organizamos unha ruta longa, básicamente o diluvio universal non cae pero case, 15 bikers citaronse no pabellón de Valga para afrontar o último reto do ano, o reto definitivo... nada máis e nada menos que Os 5 Picos.
Esta vez o orde sería ao inverso dos que utilizaron o ano pasado por vez primeira os primeiros "exploradores": A Cabana, Meda, Castro Valente, Xesteiras e Xiabre.


Así pois, desexándonos sorte e esperando que as averías e o temible "home do maso" non se lembraran de nós, emprendemos ruta hacia A Cabana.
O pelotón emprende marcha a un ritmo suave, de quentamento. Pontecesures, Padrón... e primeira avaría, como non, o Moroko e os seus eternos pinchazos. 

Continuamos logo rodando ata que en Seira... segunda avaría, como non, outra vez o Moroko e a roda de antes. Logo desta longa parada, e esperando a ausencia de novos inconvontes, decidímonos por fin asaltar o primeiro dos 5 picos.
Este primeiro "col" poderiamolo catalogar como de 1ª categoría. Como a ruta promete ser longa e dura, decidimos acometelas subidas polo súa variante mais levadeira, é dicir por pista sempre que se poida.
Así pois, a verdadeira subida que leva ao alto da Cabana son exactamente 4 kms e 600 metros, donde o ritmo, por parte da maior parte dos bikers é de reserva. Arriba, unha vez coroado, avituallamento e foto de rigor.



Dende este alto vemos o que será o noso segundo desafío: Meda.
Así que logo, rápido descenso pola alternativa trialera e... nova avaría do Moroko nunha roda. Novo parón e grazas a Diego o do Trevinca, que cun sorprendente amaño, consigeu solucionar o problema, e así evitar que para o Moroko a ruta non rematase aquí.
No Scala comezamos a ascensión do Meda. Aquí, a pesar de que o día era de chuvia, algún dos bikers debeu de pensar de que estaba a arder o monte e comezou a subilo ritmo e o grupo, partiuse en varios grupos. Pouco a pouco, tódolos bikers alcanzamos o cumio, comprobamos o frío que facía ahí arriba, avituallamos e fixemos a correspondente foto de rigor.


No descenso puidemos comprobar de primeira man un elemento climatolóxico polo menos para min descoñecido na bike, o granizo. Sen palabras...
Tullidos, empapados e xuramentando comezamos a ascender Castro Valente. Magariños aquí "sorprendenos" cunha alternativa que fai que escoite de todo menos alagos e piropos. Este en teoría é o "col" máis suave... ainda que os kilómetros e a climatoloxía comezan a facer mella en tódolos bikers. Como xa estamos pol
as 13:30 da tarde, algúns dos nosos compañeiros que soamente podían vir de mañán abandonan o desafío. Sabía decisión...


Agora si, o seguinte porto son palabras maiores, o noso particular Tourmalet: o Xesteiras.
Comezamos o ascenso deste coloso con 55 kms nas pernas e tres cimas asaltadas. En principio, o programado é ascender por pista ata o cumio, pero Tino, que se acaba de incorpar e polo tanto ben "fresco"... suxire á alternativa pola trialera, pois son menos kms. 
Iso é verdade, pero este escribinte puido comprobar este mercores pasado cando repetín a ruta dos 5+1 picos, que por pista, a pesar de ser máis kms, a diferencia para ben e para todo, non ten comparación.
Arriba no alto, frío, vento e chuvia. Foto a correr e para abaixo coma tiros... que os bocatas nos agardan.


Logo deste merecido e necesario paréntese, despedimos a Uzal e a Elías e, ainda que algún con moita pereza, comezamos a rodar en busca do Xiabre, que logo de 78 kms e catro picos xa nin categoría ten. Aquí será o sálvese quen poida.
A saída de Carracedo ata o alto da carretera de Catoira, para "enmarcar". Duras non, durísimas as rampas... por dicir algo.
Logo, pista ata a os dous kms asfaltados que nos levaran ata o último alto da ruta.
Aquí miradas de satisfación, apretóns de mans... vamos... unha festa. Logo da última foto de rigor, descenso e regreso hacia Valga.


Os 5 picos, son historia...

CRÓNICA: GULLI.