Bos días amigos/as,
O Club de Montaña Xesteiras está aquí novamente para, xunto co Concello de Cuntis (Pontevedra), organizar a II Ruta BTT do Lacón que terá lugar o vindeiro 17-02-2013 en Cuntis, coincidindo novamente coa festa do Lacón.
Esperamos estar á altura e poder así corresponder ó gran apoio que tivemos na primeira edición, tanto en número de participantes como en resultado. Sabemos que vai ser difícil pero dende o Club de Montaña Xesteiras poremos todo o noso empeño en que así sexa.
O prezo de inscrición é de 5 euros, no que se inclúe un seguro de Asistencia Sanitaria Ilimitada para cada un dos participantes inscritos, Seguro de Responsabilidade Civil, 1 Avituallamiento sólido e líquido e outro líquido, ambulancia e por suposto parking, duchas e lavado de bicis.
O prazo de inscrición abrirase este sábado 20 de xaneiro a través dun formulario que estará disponible na nosa web www.cdmxesteiras.com. Unha vez cuberto o formulario e enviado o xustificante de pago dos 5 euros recibirase un correo confirmando a inscrición. O listado de inscritos poderase consultar tamén na nosa web e será actualizado automáticamente.
Como xa é costume nas nosas rutas, o percorrido constará de dous tramos unha ruta larga de 45 km. de maior dificultade física e técnica e outra curta de 30 km. que diminuirá tanto en dificultade física como técnica á ruta longa para que todos os que queiran poidan disfrutar da ruta e calquera que ande habitualmente poida rematala sen problemas.
Haberá algúns cambios con respecto o percorrido do ano anterior, pero mantendo esos tramos que tanto deron que falar. Engadiremos tamén algunha trialera nova que seguro fará que todos disfrutedes dun final espectacular para rematar con moi bo sabor de boca.
Tamén ó igual que o ano pasado, todos os que queiran poderán quedar e disfrutar da Festa do Lacón, que ano tras ano atrae a miles de persoas a degustar un bo prato de lacón con grelos, regado con viño e filloas de postre por tan só 10 euros. Todos os interesados poden chamar o departamento de cultura do Concello de Cuntis - 986533600 - e facer alí a súa reserva.
Iremos dando máis información cada día.
Esperámosvos.



Un saúdo e boas pedaladas amigos/as

Ningún comentario:
Publicar un comentario