mércores, 23 de xaneiro de 2013

Hoy puede ser un gran día...‏


Cando o sábado pola mañá algún dos nosos compañeiros de "armas" plantexou a posibilidade de abortala saída da tarde (Náutico de Pontecesures, 16 horas) a causa do "mal" tempo, nese momento souben dúas cousas: que iamos sair sí ou sí e que, sobre todo, ía e podía ser un gran día.

Co que si non contaba, recoñezo, é que ao final nos xuntaramos tantos bikers, exactamente 19, logo do tempo matinal e das dúbidas antes referidas. A primeira das miñas premonicións xa estaba cumprida, polo que decidimos continuar ca ruta planificada: Xiabre por Catoira by Elías.



Rodando suave (como ten que ser de entrada, sobre todo para quencer) pero sen pausa chegamos por Vilar e Santa Baia a Catoira. Alí agardabannos o mítico clan de Isorna-Catoira, con Elias (xefe da expedición de hoxe) e o líder indiscutible do susodito clan; Iván Scott. Con estes de "guías" a ruta prometía... ser de todo menos suave...

Así pois saimos de Catoira polo sendeiro próximo a rotonda do supermercado Día e que discorre paralelo a un regato... normalmente regato, pois o sábado logo das abundantes chuvias dos días anteriores, máis que regato parecía océano... incluido, claro está, o mencionado camiño. En moitas partes, por non dicir en bastantes partes, resultaba imposible ir na bici, polo que se fixo inevitable botar pe a terra e camiñar.


Teño que recoñecer que nestes tramos, neste tipos de rutas, véxenos que disfrutamos...

Así, como no coche de San Fernando, un poquito (ou moito) a pie y otro poquito andando (en bici) chegamos á capilla de San Cibran (correxídeme senón é así o nome) e decidimos que a partir de agora tocaba rodar, por eso de ter a todo o mundo contento.


Por pista chegamos a carretera asfaltada que sube a Xiabre para logo de 500 metros abandonala e seguir rodando un pouco máis... pero non moito máis, pois a xente demandaba trialeras, e creédeme que as houbo.



De entrada, descenso espectacular e sobre todo técnico, que debido á ramallada solta fixo que este pequeno tramo de descenso fora simplemente unha utopía manter o equilibrio enriba da bicicleta... pero a pesar de todo, que ben o pasamos.

Logo, a xente quería cortafogos e cortafogos tiveron. Nestes tramos o clan de Isorna-Catoira demostra que este é o seu "terreo", que medo e respeto son palabras que nin coñecen nin sobre todo, recoñecen. Iso si, neste medio, neste terreo, teñen competencia directa; a "familia" da Ponte con Javi, David e Piru. Estes medo e respeto, tampouco teñen ningún, máis ben o contrario... Como baixan, como trazan e todo en medio dúns alaridos que lanza o seu líder Piru cada vez que comenza unha baixada técnica ou complicada.


Aparece outro factor máis para darlle máis valor á ruta; a noite, polo que, ca aparición desta aparecen tamén os lúmenes e con eles a Santa Compaña nosa de tódolos sábados.



Xa de retorno, toma o mando da expedición Tino, que por sendeiros, camiños, monte a través ás veces. Nós leva ata á pista que discorre paralela á vía do tren e que, logo dun frenético sprint (que omitirei dicir por razóns de modestia quen o gañou) nos deixa no Náutico mollados e embarrados... pero, e falo por min, de disfrutar dunha maravillosa tarde de bici rodeado de xente (perdón pola palabra) cojonuda.


Antes de finiquitar esta pequena crónica, querría darlle as grazas a Elias por esta ruta. Un dez o tramo do río.
E querría darlle a benvida ao meu amigo Andrés e esperar que o siga pasando tan ben coma o pasou este sábado.


CRÓNICA: GULLI.

Ningún comentario:

Publicar un comentario