domingo, 6 de xaneiro de 2013

291212 A ruta dos 5 picos‏


Ás 8:45 da mañán, logo de observar e comprobar de que cada vez que organizamos unha ruta longa, básicamente o diluvio universal non cae pero case, 15 bikers citaronse no pabellón de Valga para afrontar o último reto do ano, o reto definitivo... nada máis e nada menos que Os 5 Picos.
Esta vez o orde sería ao inverso dos que utilizaron o ano pasado por vez primeira os primeiros "exploradores": A Cabana, Meda, Castro Valente, Xesteiras e Xiabre.


Así pois, desexándonos sorte e esperando que as averías e o temible "home do maso" non se lembraran de nós, emprendemos ruta hacia A Cabana.
O pelotón emprende marcha a un ritmo suave, de quentamento. Pontecesures, Padrón... e primeira avaría, como non, o Moroko e os seus eternos pinchazos. 

Continuamos logo rodando ata que en Seira... segunda avaría, como non, outra vez o Moroko e a roda de antes. Logo desta longa parada, e esperando a ausencia de novos inconvontes, decidímonos por fin asaltar o primeiro dos 5 picos.
Este primeiro "col" poderiamolo catalogar como de 1ª categoría. Como a ruta promete ser longa e dura, decidimos acometelas subidas polo súa variante mais levadeira, é dicir por pista sempre que se poida.
Así pois, a verdadeira subida que leva ao alto da Cabana son exactamente 4 kms e 600 metros, donde o ritmo, por parte da maior parte dos bikers é de reserva. Arriba, unha vez coroado, avituallamento e foto de rigor.



Dende este alto vemos o que será o noso segundo desafío: Meda.
Así que logo, rápido descenso pola alternativa trialera e... nova avaría do Moroko nunha roda. Novo parón e grazas a Diego o do Trevinca, que cun sorprendente amaño, consigeu solucionar o problema, e así evitar que para o Moroko a ruta non rematase aquí.
No Scala comezamos a ascensión do Meda. Aquí, a pesar de que o día era de chuvia, algún dos bikers debeu de pensar de que estaba a arder o monte e comezou a subilo ritmo e o grupo, partiuse en varios grupos. Pouco a pouco, tódolos bikers alcanzamos o cumio, comprobamos o frío que facía ahí arriba, avituallamos e fixemos a correspondente foto de rigor.


No descenso puidemos comprobar de primeira man un elemento climatolóxico polo menos para min descoñecido na bike, o granizo. Sen palabras...
Tullidos, empapados e xuramentando comezamos a ascender Castro Valente. Magariños aquí "sorprendenos" cunha alternativa que fai que escoite de todo menos alagos e piropos. Este en teoría é o "col" máis suave... ainda que os kilómetros e a climatoloxía comezan a facer mella en tódolos bikers. Como xa estamos pol
as 13:30 da tarde, algúns dos nosos compañeiros que soamente podían vir de mañán abandonan o desafío. Sabía decisión...


Agora si, o seguinte porto son palabras maiores, o noso particular Tourmalet: o Xesteiras.
Comezamos o ascenso deste coloso con 55 kms nas pernas e tres cimas asaltadas. En principio, o programado é ascender por pista ata o cumio, pero Tino, que se acaba de incorpar e polo tanto ben "fresco"... suxire á alternativa pola trialera, pois son menos kms. 
Iso é verdade, pero este escribinte puido comprobar este mercores pasado cando repetín a ruta dos 5+1 picos, que por pista, a pesar de ser máis kms, a diferencia para ben e para todo, non ten comparación.
Arriba no alto, frío, vento e chuvia. Foto a correr e para abaixo coma tiros... que os bocatas nos agardan.


Logo deste merecido e necesario paréntese, despedimos a Uzal e a Elías e, ainda que algún con moita pereza, comezamos a rodar en busca do Xiabre, que logo de 78 kms e catro picos xa nin categoría ten. Aquí será o sálvese quen poida.
A saída de Carracedo ata o alto da carretera de Catoira, para "enmarcar". Duras non, durísimas as rampas... por dicir algo.
Logo, pista ata a os dous kms asfaltados que nos levaran ata o último alto da ruta.
Aquí miradas de satisfación, apretóns de mans... vamos... unha festa. Logo da última foto de rigor, descenso e regreso hacia Valga.


Os 5 picos, son historia...

CRÓNICA: GULLI.

1 comentario:

  1. A climatoloxia fixo que a ruta fose todavía mais dura, pero tamen fixo que a satisfacion de lograr completala fose maior.
    Gracias a todos por aguantar as miñas avarias neste día, con mención especial para Diego de Peña Trevinca (gracias pola axuda por esos sabios consellos).
    Gracias a todos por outro gran día e gracias a Gulli por seguir currando no equipo de redacción...

    ResponderEliminar