O vindeiro sábado 30 de xuño celebrarase en Taragoña (Rianxo) o primeiro trofeo BTT-XC (Open Modalidade B) organizado pola Peña Cicloturista Castro Barbudo. Esta proba está aberta a participantes federados das categorías élite, sub23, senior, master 30, master 40, master 50, junior, cadete e féminas.
As inscricións estarán abertas de 14:30 a 16:30 horas e a saída será ás 17:00 horas.
Como corresponde neste tipo de eventos a proba será controlada por persoal da Federación Galega de Cicllismo.
Esperamos a vosa visita. O circuito promete ser moi entretido para o público asistente.
Pincha AQUÍ para saber como chegar. Tendo en conta que a saída será desde o punto B (42.696047,-8.828226) do mapa e deberedes acceder tomando o desvío indicado como punto A (42.687615,-8.844555).
Ningún comentario:
Publicar un comentario