luns, 25 de xuño de 2012
230612 MAÑANERO TRIALERO
Coma se anunciaba calor para a tarde, adiantamola nosa habitual ruta para a mañá do sábado. Logo de comprobar que Uzal nos "embarcara", decidimos atacar A Cabana, a modo de ruta cómoda, fácil e divertertente ( como dicía o anuncio).
Así que de xeito directo chegamos a Seira e onde comenzamos o ascenso pola trialera. Ritmo suave ao principio, aumentado pouco a pouco, para ao final, xa a poucos km da Cabana esperávase o habitual ataque do Moroko que se produxo a escasos 300 metros do cumio. Nada máis vou a comentar sobre este acelerón, se iso decir que no ciclismo penalízase o que impide o adiantemento cerrando ao que vai adiantar.
Logo descenso... e macroreventón do Fabeiro, que hoxe, xunto con Diego tiveron a ben vir a botar unhas risas e un rato de bicicleta connosco.
Cando o máis difícil parecía acadado, unha mala indicación de este que escribe, levounos a afrontar uns duros repeitos que fixeron que o grupo chegara partido ao Náutico, non por que non se esperara pola xente, senón por que algún preferiu vir polo sendeiro do río.
Boa mañá de bicicleta, sen dúbida...
CRÓNICA: GULLI.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario