mércores, 4 de xullo de 2012

300612 I TROFEO XC CASTRO BARBUDO



Día de fondo

Aproveitando a partipación do noso xoven compañeiro Ruben no I Trofeo XC Castro Barbudo en Taragoña, decidimos un pequeno grupo de bikers do CCPontecesures (nótase que a praia xa está entre nós) acercarnos ata esta poboación para animalo noso compañeiro e de paso velo "ambientillo" da proba.
Así que, vía Catoira, e case todo por asfalto, dirixímonos a Taragoña e dende aquí o monte Castro Barbudo, que era donde se celebraba a proba.
Alí uníronse a nós o clan de Isorna, Iván, Rubén e Jorge. E logo de dar ánimos a Rubén, decidimos partir, esta vez por monte, hacia a Muralla. Serviunos de guía Iván, primeiro camiño, logo Toxo, despois bici ao hombro e máis tarde durísima ascensión por cortafogo, que todos sen excepción, rematamos a pe.
Despois dun pequeno descenso, foi neste punto donde Maga lembrouse de que era o encargado de preparar unha paella para a xente da festa do Serán e decidiu abandonar o grupo. Acompañeino, por iso de que non fora solo e por iso da paella... xa me entendedes. Dicir soamente que estaba boa, e a empanada de choco tamén.
Sen saber como, atopamos un espectacular descenso por un exixente e complicado camiño que nos levou ata Buhia, no Araño.
Carretera ata Cesures, subindo o Col da Paradegua a 20 por hora, con Maga en plan Cancellara.
Moito asfalto, pero un día non pasa nada e así tamén collemos fondo, porque a carretera e boa para coller fondo, ou non??

Clasificación: 
http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/969_Clasificacion-General-BTT.pdf
Fotos:
http://tinquerelo.wordpress.com/2012/07/02/fotos-open-galego-btt-i-trofeo-castro-barbudo-2012-iii/

CRÓNICA: GULLI

Ningún comentario:

Publicar un comentario