Como
xa ven sendo habitual, o último fin de semana de decembro, algúns
membros do Trisquel e outros compañeiros de clubs da zona realizamos
a ruta dos "5 Picos". Para os participantes do club e de
sobra coñecido cales son estas cimas, para os que no "Xiabre,
Xesteiras, Castro Valente, Meda e A Cabana". Todos situados nas
zonas de saída habituais , nos concellos de Valga, Pontecesures,
Padrón e Rois. Nesta edición acopañáronnos todo un veterano no
BTT e dos 5 picos, Gonzalo dos Ultreia e Luis de Brión, este si que
ten kms nas súas pernas. Ademais este ano contamos cas novas
incorporacións do club, Darío e Jesús, xa coñecidos de coincidir
en outras probas con eles. Salientar que outra das flamantes
incorporacións do club, Juan non puido asistir por motivos
familiares, sumarlle outro socio que era asiduo desta ruta, Gulli,
que tamén ten uns cuantos "5 picos" nas súas pernas. Pero
a mais sonada incomparecencia foi a do noso avogado, o defensor das
coiteladas indiscriminadas mais duras, o que se involucra en
proxectos solidarios, o que nun fin de semana fai 400km entre mtb e
carretera sen despeinarse, que se soe dicir, "saír a soltar".
Supoño que son os problemas de ser autónomo nun país como este e
que nada tería que ver cos dardos envelenados que se mandan entre
uns cuantos amigos do club. (enténdase dardos envelenados como
wasaps sen malicia entre amigos).
Como
de costume salida desde Campaña as 09:00h, algúns cos nervios xa
quedan para o café as 08:00h, e como de costume o noso David chega
para desaiunar e xa non se atopa a ninguén, cousas rara!!!!!!. As
nove todos puntuais, todos no, falta Javi, que baixa do coche as
carreiras e cas raias da almohada marcadas por toda a cara....con
todo esto vexo a Martín de non sei moi ben de onde, Perillo,
Oleiros, Coruña, Noia, casado en Valga, o mesmo que ve unha rotonda
e tirase de cabeza. O día anterior estaba algo indisposto pero fixo
un esforzo e sumouse outro ano mais a Trisquelada. O resto da grupeta
fórmana Chema, Agustín, Diego, Rubén (este veu porque non estaba a
Panorama pola comarca que senón viría ca camiseta do Celta), Tino,
Magariños, Uzal, Rubén Carro, Cristobal, Cadilla, Miguel, Churu,
Iván e Alberto.
Saímos
cara o primeiro monte, "Xiabre" subida polo pabellón
de Cordeiro e xa se empeza a escoitar frases como "estas costas
pra empezar.... esto non pode ser bo....." e non teñen razón,
o frío que levas no corpo xa o quitas de vez. Pasado o tramo de
asfalto pista central de monte ata os dous últimos kms de ascensión,
outra vez por asfalto, cada un o seu ritmo, porque se eu collo o
ritmo de Gonzalo non subo mais que un pico, maneira de andar o
condenado!!!! Chegada a bo ritmo da grupeta, foto de rigor, poñerse
os chuvas polo frío e descenso cara o Xesteiras.
Esta vez comandando Churu, recén bautizado "home peludo"
non o temos moi claro o porque desto, dise que nunha ruta quedou
enganchado nunha silveira e tiveron que chamar os desbrozadores para
quitarlle os pelos das silvas!!!!!. Baixada diferente a de outras
edicións, ata o punto de que por querer ir mais directos, levounos a
entrada de Caldas de Reis para enlazar unha subida de Cuntis, que
vamos a deixar en que foi medio pico mais, e sobre uns 10 kms a
maiores do habitual.
O chegar a subida, tendida ata os últimos
kms, grupeta, pero cando pica duro, cada un o seu, e Gonzalo o seu,
ritmo trepidante, que moi poucos son capaces de aguantar, claramente
eu no, por iso sei o desenlace deste pico de oídas, jejeje. Outra
foto de rigor, e antes de sair encárgase a comida, somos 21, dous
abandonan por motivos familiares (Rubén mais Agustín, unha magoa
que non puderan quedarse ata o final), e encárganse 25 bocadillos.
As contas non salen, ata que Cristobal di que quere 3, eu que se
alguén me axuda 2, e asi algún mais. Andar na bike non e que
andemos moito Cristobal mais eu, pero comendo.........
De
Xesteiras a Castro Valente, baixada rápida e técnica por sendeiros
e trialeras. Empeza a subida e o que mais e o que menos xa lle cheira
o xamón asado, bacon o lomo...menuda prisa que levaban por
comer!!!!! Na cima faltan algúns da parte dianteira do pelotón que
no último cruce antes da caseta dos cazadores fixeron un recto
debido a que ían ou moi rápido ou muertos e xa nin vían!!!! Outra
foto, roupa de abrigo e baixada para Casa Dios en Herbón a repoñer
forzas.
O
deste bar é rapidez, mesa posta, bocatas listos.... que mais se pode
pedir!! Sentados na mesa comentando as xogadas vemos que faltan uns
cuantos, e aparecen o lonxe nuns minutos debido a única avaría da
xornada, unha rotura de cadea. Rematados os bocatas, cáenlle uns
postres de xeados, donuts.... para deixar paso os cafés. Aquí
sorprende un juvenil!!! Jesús pide un chupito de licor café,
normal, que mellor reconstituinte a base de agua, cafeína e azúcar
!!!!!!!
Arrancamos
por unha trialera cara a penúltima ascensión, e o ritmo e lento,
moi lento, normal despois da enchente, ves que a xente quere falar e
non e capaz case a respirar, caras pálidas suor frío, sabores na
boca de xamón asado, allo...... pasados uns minutos xa se
estabilizan os corpos, o licor café xa non fai efecto, e de novo
rumba para el body, subida larga cun desnivel constante ata o
kilómetro final de asfalto que pica algo, mais do que debía,
condicionado polos kms acumulados nas pernas. Os comentarios na cima
son os de todos os anos, hai que comer menos, parar menos tempo.....
e ano tras ano pasa o mesmo, comemos coma...... Desde arriba
ensinámoslle a quenes non o saben onde queda A Cabana, o último
monte. Agora non fai falta abrigarse para o descenso, o tempo
acompaña e brilla o sol, algo que se agradece en xornadas deste
tipo.
Descendemos
de Meda cara A Cabana por Pazos e xa enlazamos rapidamente a subida,
xogada a Jesús, que pagou a novatada o preguntar por onde era nun
cruce, "a dereita" el jiadiño colle a dereita, pero
non era esa dereita!!! Novatadas que todos pasamos o primeiro, sen
malicia ningunha.
Aquí
preguntan os novos como é a subida, desde onde poden poñer un punto
mais ou ata onde deben ir gardando. Dislle o que pensas porque é un
monte dos de diario e coñécelo ben, pero o formiguillo pódelle, e
non será porque non se lle dixo que ata o pilón foran gardando. Así
Jesus e Darío saen co grupo de cabeza dándolo todo, e algún que
outro comentou arriba que pagou saír tan forte desde antes do pilón.
Como foi habitual nas cimas, Gonzalo e Chema sobradísimos e o resto
cada un o seu ritmo. Foto do último pico, antes da hora que
esperábamos, algo que en cada edición dos 5 picos vaise facendo
mais rápida e a grupeta acaba menos cansada. Non haberá que
descartar a idea de facer 6 ou 7 picos nos meses que haxa mais horas
de luz.
A
última parada, a repoñer forzas a base de lúpulo, cebada e malta e
tapiña proteica de mexillóns, o que algún sumou uns donuts para
facer sopas!
Todo
isto nun ambiente de risas e compañeirismo,
algo que é habitual nas diferentes saída de mañá ou de tarde, de
mtb ou de carretera.
Foi
un breve resumo da saída, o que queira saber o que realmente pasa,
quen fai o que, ou sentilo de primeira man, solo ten que
acompañarnos, serás benvido!
Crónica: Alberto Piñeiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario