luns, 20 de abril de 2015

190415 PONTEVEDRA 4 PICOS


Bufff... Cómo contar o meu paso pola BTT 4 Picos!

127 km e 7 horas clavadas, podería ser un resumo. Pero é que 127 km e 7 horas de bici a tope dan para moito...

Para comezar tratábase da miña primeira ruta de larga distancia. O obxectivo, claramente, era acabar e, se as condicións o permitían nunha estimación de 8 horas.

Primeira subida: o Xaxán. Subida longa a bo ritmo, moi selectiva. Segundo coloso: a Fracha. un pico non moi esixente pero o ritmo que levaba a esas alturas deu en facer aparecer os primeiros calambres e molestias. Mal asunto... Así afrontamos a terceira das "escaladas": o Acival. Quizáis o peor de todos para min, xa que por entonces, e con 80 km nas pernas, comezaban a aparecer calambres en músculos que non sabía nin que existían. E menos mal que antes de afrontar a subida gardara algunhas forzas. O Tourmalet do Pontillón entre medias, unha descomunal subida que esixíu o mellor de cada biker. A derradeira subida foi o Castrove. Non foi especialmente dura, pero cando nos presentamos ó seu pé o contaquilómetros xa marcaba 100 km. Unha subida que se fixo eternísima... De ahí ó final baixada ata Pontevedra, con paisaxes espectaculares (unha constante en toda a xornada), cun terreno de rodaxe final que fixo que chegáramos agrupados 4 bikers e a un ritmo infernal, e claro, a pesar do palizón... o sprint era inevitable. Así que saquei forzas de onde non había e no arreón final dei en entrar, con especial fruición, primeiro do meu grupo.

Entre medias, pois unha organización de 10, unha cidade volcada co evento, xente animando e ofrecendo alimentos (e viño, jeje), un ambiente espectacular, propio das grandes citas, e anécdotas a barrer. Agora mesmo estou físicamente destrozado coma nunca estiven, pero o certo é que non se me dá borrado o sorriso da cara.

Mención especial ós meus compañeiros/familia do meu clube, O Trisquel CC, que á marxe de obter grandes resultados conseguen que desfrutes máis se cabe destas citas e un humilde biker coma min poida seguir aprendendo e mellorando. Orgulloso de poder levar estas cores.




Fotos:

Crónica: Luís Martínez.


Ningún comentario:

Publicar un comentario