Voltaron as saídas de linternas (por Cesures algunha me dicía se eu ía nun grupo grande de ciclistas con cámaras de video no casco), de corredoiras, de trialeras, pero sobre todo, de risas, de camaradería e de un bo rollo que fai que cada día me e nós guste xuntarnos ca excusa de ir a dar unha volta na bike. Pero... personalizemos nalgún dos bikers presentes neste pasado sábado... e tranquilos, dos que hoxe non fale, terán noutra destas modestas crónicas, o seu momento de "gloria"...
Quen lle ía dicir fai nada a Javi o de Cuntis cando o Moroko o convenceu para se unir a este grupo de trastornados, que ao final el tamén se ía converter nun deles. E anda que non lle gusta. Pouco tardou en cambiar a súa bike por unha 29 (poucos resisten ainda no obsoleto mundo das 26) mercar unha linterna e tirarse ao monte. Dos que vai ter progresión, escoita, fala máis ben pouco (para falar, neste equipo sobra xente...), aprende e sobre todo, é "carneiro"... pouco a pouco, ahí está xa, coma os demáis... O sábado escoitabase del un lacónico... -estades tolos-... pero ¿e ti...?...¿pensáchelo...?
E iso que a etapa non era das consideradas fáciles; Campaña-Cesures-Monte de Condide-Requian-Curro-Xesteiras pola Trialera-Fervenzas... etapón, dos que enganchan, dos días históricos, pois o regreso de Rubén o do Solimar (ao outro Rubén, o dos 60 metros de altura de Herbogo, víronno o venres de noite subindo polo Faramello na flaca), pero Ruben o do Solimar, dicía, pódese considerar algo histórico. Foi chegar a Xesteiras, dicir solemnemente que viñeramos a ritmo, que non estaba habendo averías e a pouco, quedouse sen freno dianteiro. Iso si, pola trialera que baixa ata o muiño que está na pista principal de Xesteiras, sen luces e sen freno dianteiro, un fenómeno... a pesar de descoñecer ou ignorar ou non querer saber o prezo dos bares de luces con chicas de Polonia... este Maga, que lle pregunta cada cousa ao rapaz, sabendo como anda enamorado... non sei se tanto como Iván, pois a pesar dos meus sabios consellos para que case dunha vez, nada, el ao seu, de solteiro de ouro... menudo festas... agardemos a que o electroquimico de Jorge volva rapidiño de explicar a teoría por todo Londres e lle faga entrar en razonamento ao lancrán do irmán. E sobre todo porqué dende que marchou para alá arriba, boto de menos os interiores que lle facía últimamente en todas as baixadas. Agora ben, unha que este sábado vimos todos a Iván con lúmenes, todo pode ser... ¿estará por fin sentando a cabeza?.
A verdade é que molou e moito a baixada polo sendeiro que leva ás Fervenzas de Raxoi, bonita bonita, agora mesmo, a como estaba antes de técnica, unha verdadeira autopista... ainda que unha vez que remata o sendeiro, pé a terra pois a combinación de madeira e auga normalmente ten coma resultado caída inminente. E digo molou, pois media hora antes, no alto do coloso de Xesteiras... -"mimaaa... esto é morrer"-. Vento, neboa, frio... saímos pitando...
Boa saída ao fin, á que asistiron tamén Andrés, Maga, Tino, Martín o Aguila de Perillo-Oleiros, Moroko, Cristobal, Toño, Diego o de Angueira de Suso, Uzal e este que escribe estas liñas
... este finde repetiremos, ¿adonde?... quen sabe. Iso si, levade lúmenes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario