Ainda que o track deste sábado marcaba como obxetivo final A Muralla, previo paso polo Treito pasando antes polo circuito da nosa kedada de febreiro do ano 2013, ao pouco de saír, antes incluso de chegar a Lestrove (Km. 4 +-) este que lle escribe tiña claro que, vamos, A Muralla nin de coña... e se chegabamos ao Treito, xa moito sería... ¿por qué?... digamos que os algúns dos bikers presentes presentaban síntomas un pouco raros.
Normalmente Toño o da Estrada, saído das profundidades de Cortiñas, suele mostrarse no monte como un biker técnico, un biker que raro é velo por pe a terra non digo nunha saída, senón en todo un ano se saídas e rutas, por iso cando o único que fai este pasado sábado e andar de torpón polos camiños, botando pe aqui e alá, é que a este algo ou lle pasa, ou tivo que pasar... ¿o qué?... Para este que lle escribe a resposta é clara, a resposta está na foto que sobre ás 14 horas, dúas horas antes da hora de saída oficial, mandou ao grupo do wattsapp...
Con este menú (pedazo menú, por outra parte) máis ben un ten que estar pesado pesado toda a tarde... sobre todo por culpa do chourizo dando voltas e voltas no estómago toda a tarde... repetíndoche e repetíndoche, pero dame a min que culpa do chourizo non foi. Sabendo coma se sabe que este tipo de comidas normalmente réganse con abundante viño, pregunta fácil, ¿cantos vasos de viños lle mandou o susodito...? Seguramente se a foto tivera algo máis de panorámica, aparecería seguro unha botella de viño vacía... despois a culpa de cando bota o pé a terra é da bicicleta... E máis se comparamos o seu menú co menú doutros bikers...
A paella é moi de Moroko, hidratos á vena antes dunha saída, e coñecendo á personaxe, auga e auga... Pero bueno, vai a ter que aplicarlle un par de racións máis, pois últimamente o rapas vai máis muerto que Alberto Piñeiro no km 75 dos 101 Peregrinos... Ou cambiar de arroz, pois ao cuñado Pablo, presente este sábado, os hidratos desa paella moito efecto tampouco lle fixeron, ainda que unha vez que levantei a súa bike, xa non teño claro que sexa cuestión de hidratos... se esa bici non pesa 20 kilos poco lle falta. Mérito o seu... por subir polas costas con ese artefacto, e mérito o seu aguantar ao seu cuñado o Moroko.
O do peixe, incrible pero certo, foi o menú que o lancrán de Magariños se zampou... pintaza non, o seguinte... anda que non cociña ben Mar... agora ben, este con auga non comeu, seguro, máis ben aplicoulle duro ás estrellas esas de Galicia... logo o home, despóis de coroar o Treito, tiña frio, tanto que non falaba... así que imaxinádevos como debería estar... Iso si, foi chegar ao Solimar, agarrar unha desas estrellas e home novo...
O terceiro menú, fácil de adiviñar. Cando un ten unha idade, normalmente ese pastillaje suele ser o postre noso de cada día...Cando formas parte dun clube e te chaman "abuelo", ten a explicación tan sencilla coma que eres o máis vello, ou dito doutra maneira máis sutil, o que máis mundo veu. Eu o único que sei é que o homiño saiu coma un tiro por Buxan arriba e ata antes do Treito non o volvín a ver... parado no camiño... Ao chegar a xunto tiven unhas amables palabras -que abuelo, ¿estás muerto xa, non?- ao que el me respostou -ahora mesmo si que son abuelo...-. No monte, no medio de ningún sitio, enriba da bici, o abuelo do Trisquel converteuse en Abuelo. Noraboa. Cando un se fai Abuelo Abuelo é que realmente xa é maior. Consello, cambia de compaña e deixa de quedar co de Lestrove e que monta nunha 26 granate... ainda... por pouco tempo... a 29 xa o está a esperar. Ben me lembro e nós lembramos de cando este elemento cizañero falaba de tractores, Jhon Deeres... haiiiii... nunca se pode sacala lengua a pasear...
Peeeroooo, e non sei o que puido comer, ou tomar, ou beber... pero onte foi o día do regreso de Piru. Ía muerto y lo sabía... y lo dice, non se excusa en averías nin recurre ao catálogo de Excusas do Trisquel, libro de grande éxito entre algúns do clube. Sufreu todo o que se pode sufrir, pero coma sempre, nin unha mísera protesta, nin un lamento... grande. Con el volven os gritos que avisan de que comeza unha baixada e que toca tirarse a tumba aberta, toca a arrebato aos seu discipulos do clan da Ponte e toca aos que imos diante saber que en nada van a pasar que sabe por donde un par de flechas. A outra flecha en cuestión do clan da Ponte este sábado era David... e tan presionado debía de estar polo regreso do seu lider, que logo de rodar polo camiño ou sendeiro roto ou rotísimo e precioso que vai dende Rois ata o comezo da subida a Buxán, nun insignificante descenso por pista marcando o ritmo deste descenso dous torpóns coma o Moroko máis eu, xusto cando acaba esta baixadiña e comeza a subida, ahí mesmo onde esta pista ten uns surcos de rodeiras dalgún tractor, ahí mesmo meteu a roda, perdeu a verticalidade da súa Boamorte 29 , intentou evitar a caída saltando da bicicleta pero quedando sen pista e caendo directamente ao río, que debía de estar 6 mts abaixo. A sorte do elemento en cuestión era que a dous metros había un (tal cual) colchón de silvas. Alí parou, alí se quedou. Facendo un burato, modalidade moi arraigada entre algúns compoñentes do Trisquel. O máis cómico da situación foi que a Boamorte, solidaria co seu dono, unha vez que este a abandonou, xirou a roda hacia a dereita e foi tamén para o burato en cuestión, caendo enriba del. Cando puidemos comprobar que este estaba ben, antes de axudalo a subir, fotos de rigor, para que conste e así nos poidamos rir.
Como dicía ao principio, non se chegou A Muralla, nin a vimos, non estabamos ainda no Treito e xa era noite pechada... a ruta non foi o que se agardaba, pero para risas e vaciles imos ter para tempo e tempo e sobre todo,. para dar e tomar. David, sabes que a pesar de todo, querémoste... pero...
Ningún comentario:
Publicar un comentario