xoves, 10 de abril de 2014

060414 TRANSGALAICA TUI.

O organizador desta TG2, foi o club cliclista de la fuente, que preparou un circuito de 31 km o cal se lle tiña que dar dunhas voltas ata completar 62 km. Un cicuito moi rodador sen tramos moi técnicos, onde a maior dificultade se atopaba no terreo, moi pesado despois das choivas dos últimos días. 


Cando terminaba de ducharme na primeira TG1 de Cotobade, e ainda me resentía dos calambres que sufrira o longo da 2 parte do percorrido. Na miña cabeza xa empezaba a pensar que tocaría entrenar mais para TG2. Pero claro de tocaría a realmente facelo..je je.

Xa sabemos como e isto, e ata os días previos o peche de inscricións, non concretamos o grupito de tres que representaría o noso clube (Agus, Alberto Piñeiro e este menda).
Era importante que foramos tres para seguir puntuando na clasificacións por equipos, xa que se toma o tres mellores tempos de cada equipo. Por iso o noso Alberto acabou facendo a inscrición sen saber se tería a sua montura, xa que o finde anterior deixara destrozadiña......


Pero bueno o final despois de pasar polo servicio técnico, colocarlle unhas pezas novas e pagar unha boa conta, a bike quedou lista....... ou eso parecía.........


Porque a bike do noso compañeiro simplemente aguantou unha volta das duas que constaba o circuito. Entre os problemas da suspensión da pata coxa e que os freos avid non teñen boa relación ca lama. O seu pesar tubo que abandoar, cando estaba realizando unha moi boa primera volta cunha medía de 17.

Tranquilo Alberto, que como se observa na foto igual lle pasou o noso veciño Nando Guerra  a outros 60 bikers mais que non puderon rematar a ruta entre averías e lesións. Isto e algo habitual do campeonato Galego, xa que sempre se espreme o máximo a bike e as condicións físicas. Para mín a  gran diferencia con participar nunha Cicloturista.


Pola parte de Agus este día quedaralle para o recordo, xa que extreou a sua nova montura, e superou o dito de montura nova caida segura.....je je.


No meu caso, a miña táctica cambiou para esta proba, e decidín sair moito mais relaxado e cun ritmo comodo na primerira volta tanteando o percorrido. E Así na segunda non pasar polas mesmas penurias que en Cotobade, dandome a posibilidade de apretar un pouco nos últimos kms.


O importante foi unha nova xornada de BTT con bo ambiente, que o noso clube sigue tendo representación neste tipo de probas, e que seguimos sumando na clasificación por equipos situándonos no posto 19 de 30. ¿Pero non se tomaba os tres mellores tempos e Alberto tubo que abandoar?. Pois sí pero a grata sorpresa foi atoparse en Tui o noso veciño Ernesto (Que fixo un carreirón), e completou a nosa toma de tempos.



INFORMACIÓN:




 Olvidábaseme  a proba gañouna o rei do BTT Galego como no o Sr. Brandán Márquez (Team Corbelo) , seguido dos membros do club cliclista de la fuente Javi Busto e Lino Vaz.



Crónica: Uzal.



Ningún comentario:

Publicar un comentario