A verdade é que ningún dos tres, camiño na bike hacia Santiago, tiña moi claro de onde nos estabamos a meter. Quedaba claro que ante unha ruta organizada polos nosos amigos dos Ultreia de Santiago, non podiamos faltar, a pesar de ser unha proba nocturna, semiurbana e sobre todo de rally. De noite sobra dicir que estamos acostumados coma ninguén a rodar (estes últimos invernos nos avalan) e de tegnoloxia luminaria imos sobrados... pero nunha proba explosiva como son as de rally para bikers tan maratonianos como nos, coma que non.
En Santiago, máis previsor ca Diego, Moroco e este que lles escribe, estaba esperando Jorge o de Isorna, que cando escoitou a palabra "escaleiras", sabía que ía ser un bo día para sacar o máximo proveito da súa Orbea Rallon e dos 160 de recorrido da súa flamante suspensión.
Ás sete da tarde estaba programada a apertura do circuito para que todos aqueles que así o quixeran, coñecer de primeira man as caracteristicas e dificultades do mesmo e como tal apertura se demoraba e por iso de vir quentes xa dende Valga, decidimos cruzar as cintas e dar unha primeira volta de recoñecemento en compaña de Simal, de Silvia, de Ángel Pais e de Ernesto (un Trisquel amigo de Valga e amante do rally). A esta hora, durante esta primeira volta non oficial, Moroco e Diego xuraban enriba dos seus ancestros que cando se atoparan cas temibles escaleiras porían pe a terra, que se o luns había que ir a traballar, ou que non querían esfolar unha perna e que logo as respectivas chatis lle esfolaran a outra... bla bla bla...
Primeira volta de recoñecemento: imaxinadevos a escena; rodamos todos algo estirados, Moroco vai diante a bo ritmo ata que de repente ve unhas escaleiras... frenada de emerxencia, bici cruzada de atrás e ajalla dereita buscando o chan...un espectáculo indigno de ver... bici polo manillar e por pernas para abaixo. Diego foi máis sutil no procedemento da frenada, pero co idéntico resultado final... De Jorge dicir que ante a aparición das escaleiras, foi un visto e non visto. Nin o pensou. De feito estou convencido de que nin frenou.
Unha vez feito máis ou menos a metade do percorrido "invitaronnos" a abandonar o circuito aseverándonos que nos ían descalificar e así, ante semellante ameaza esperamos a que oficialmente abriran o circuito pensando que unha vez aberto, o normal sería pensar nunha volta suave para ir coñecendo o mesmo... pero... nada máis comezar, volta lanzada buscando a xente gañar unha boa posición para a saída. Podo asegurar que esta foi a volta máis rápida que dariamos os Trisqueles en toda a tarde-noite. Eso si, o Moroco e o Diego, como empuxados pola inercia dos demáis, baixaron todas as escaleiras do circuito coma os demáis... a eso chámaselle perdelo medo rápidamente. Nunca digas nunca xamáis!!!
20.15 da tarde. Saída e a voar!!! Ao pouco un pequena subida, logo unha pequena baixada, logo subir hacia onde se coloca a noria, máis tarde un pequeno salto con alternativa, escaleiras, bordillos, reventóns de rodas, llantazos,máis escaleiras... entramos no campus da universidade, máis bordillos, máis reventóns, bordeamos facultades, atopamos un par de rampas duras, voltamos a baixar escaleiras, aparecen máis escaleiras, enfilamos para a alameda outra vez e xusto pouco antes do remate, máis escaleiras... un disfrute, un acerto, unha diversión... ahh...e ningún Trisquel chegou, como ben dixo Diego, ca bici da man. Nin averías nin reventóns de ningún dos Trisqueles. Bordillo, levantas roda de diante, e logo a de atrás... senón levantas, o llantazo está asegurado... blanco e en botella...
Así que para o ano, se os nosos amigos dos Ultreia en xeral e Antonio Toribio en particular, mecenas e mentor desta I Compostela nocturna, teñen a ben voltar a organizar este evento, ahí estaréi e ahí estaremos.
Eso si, subiremos en coche a Santiago, pois facer 30 kms a maiores e despois meterse entre peito e espalda 28 kms de nocturna máis a maldita volta de recoñecemento, vai ser que outra vez, non.
O de menos, a clasificacion...os tempos por volta... a pesar de que poder haber dobrado ao Moroco houbera dado e dado lugar a interminables historias nas longas noites de inverno...
Crónica: Gulli.
En Santiago, máis previsor ca Diego, Moroco e este que lles escribe, estaba esperando Jorge o de Isorna, que cando escoitou a palabra "escaleiras", sabía que ía ser un bo día para sacar o máximo proveito da súa Orbea Rallon e dos 160 de recorrido da súa flamante suspensión.
Ás sete da tarde estaba programada a apertura do circuito para que todos aqueles que así o quixeran, coñecer de primeira man as caracteristicas e dificultades do mesmo e como tal apertura se demoraba e por iso de vir quentes xa dende Valga, decidimos cruzar as cintas e dar unha primeira volta de recoñecemento en compaña de Simal, de Silvia, de Ángel Pais e de Ernesto (un Trisquel amigo de Valga e amante do rally). A esta hora, durante esta primeira volta non oficial, Moroco e Diego xuraban enriba dos seus ancestros que cando se atoparan cas temibles escaleiras porían pe a terra, que se o luns había que ir a traballar, ou que non querían esfolar unha perna e que logo as respectivas chatis lle esfolaran a outra... bla bla bla...
Primeira volta de recoñecemento: imaxinadevos a escena; rodamos todos algo estirados, Moroco vai diante a bo ritmo ata que de repente ve unhas escaleiras... frenada de emerxencia, bici cruzada de atrás e ajalla dereita buscando o chan...un espectáculo indigno de ver... bici polo manillar e por pernas para abaixo. Diego foi máis sutil no procedemento da frenada, pero co idéntico resultado final... De Jorge dicir que ante a aparición das escaleiras, foi un visto e non visto. Nin o pensou. De feito estou convencido de que nin frenou.
![]() |
Jorge abordando un mero trámite para el |
![]() |
Cara de máxima concentración de Diego |
![]() |
Ao paso polas escaleiras finais, a cara do Moroco transmitía "canguelo" |
Así que para o ano, se os nosos amigos dos Ultreia en xeral e Antonio Toribio en particular, mecenas e mentor desta I Compostela nocturna, teñen a ben voltar a organizar este evento, ahí estaréi e ahí estaremos.
Eso si, subiremos en coche a Santiago, pois facer 30 kms a maiores e despois meterse entre peito e espalda 28 kms de nocturna máis a maldita volta de recoñecemento, vai ser que outra vez, non.
Crónica: Gulli.
Ningún comentario:
Publicar un comentario