xoves, 23 de xaneiro de 2014

Xiabre, pedras, Hakuna matata

        Bueno... bueno...bueno... logo de varias semáns pululando por estradas e camiños da nosa comarca, logo de celebrar cunha kedada polo camiño de Santiago o día Trisquel, a verdade é que xa botabamos de menos a unhas vellas e maravillosas coñecidas: as pedras e as trialeras. Agora ben, se a maiores se lle sumamos ou combinamos o líquido elemento, esta é a combinación resultante: tarde de sábado espectacular de bicicleta. Das de sempre, das de toda a vida do Trisquel.
         Para esta volta á normalidade da dureza que nos gusta, escollemos subir a Xiabre, pero evitando a comodidade do asfalto e utilizando as "bonitas" e duras trialeras que alguén fai moitos lustros por alí trazou, ignorando que anos mais tarde algúns bikers medio tolos as ían desfrutar e ademáis, ben disfrutado. Pero claro, antes de chegar a última parte, sería indecente usalo camiño que tan cómodamente nós leva dende o pabellón de Cordeiro ata o mesmo pe do Xiabre, polo que Tino "Pumba" e Maga "Timón" deciden marcar ruta usando o final da nosa marcha, pero en sentido contrario. Xa de por sí este tramo é duro e complicado, pero se á maiores lle sumamos a auga que non cesa de caer últimamente, rodar por algún tramo ca bike, resulta ás veces unha utopía, no mellor dos casos.

          Arriba no alto, un maravilloso día... para sair alí pitando. Mollados, con frío, néboa e chovendo, a pregunta, evidente: ¿realmente é xustificada a fama de chalaos e de enfermos que temos? Eu non o creo... ou si..., a xente fala por non estar calada... pero se realmente fora verdade, ¿desfrutariamos cómo disfrutamos? ¿quen non disfrutou este sábado pasado? ¿e quen non acabou empapado ata os osos?. E a pregunta definitiva que contesta a todas: ¿quen non repetiría?

Pero sen dúbida a nova non estivo nos montes, nin nos camiños destes, nin nos bikers que por estes rodan. Logo de meses de  ausencia, logo dunha longa travesía polo mundo de la fiesta, de la noche y de las mujeres, Rubén, o noso mítico Rubén, voltou aos camiños da bike e da boa vida.
Timón e Pumba, como levan facendo dende qué o susodito en cuestión era un imberbe, fixeron de protectores e guardiáns neste o seu retorno.
Este humilde e negado escribinte e peor biker, non tivo que romperse moito a mollera para logo de ver que Rubén tiña dous adláteres ou subordinados, dous bikers que se encargaban de custodialo, protexelo, aconsellalo... logo de saber como sabe que son mais coñecidos por Timón e Pumba que por Maga e Tino (algún miserable así os bautizou) e que estes par de malandríns levan exercendo de "conselleiros da vida" dende tempos remotos nas longas e longas tardes, noites e posteriores madrugadas do SolyMar, non tardou en chegar á conclusión, e perdóname pois sabes que che teño en estima, que o noso Rubén é cuspidiño ou mesmo a mesma réplica que un tal Simba. Adxunto foto.
                                             
Por suposto, trio pechado. Hakuna matata.

CRÓNICA: GULLI.

1 comentario: