martes, 28 de xaneiro de 2014

260114 II RUTA BTT OS DO MONTE BRAVO.


Hoxe saímos cara Calo (Teo) unha boa parte da familia Trisquel, as 8.00h o punto de encontro foi o Eroski en Padrón. Algún separatista bautizou a un membro fai escasos días como Timón ou Pumba, non me quedou moi claro, quedouse a durmir e hóubolle que recoller o dorsal. Supoño que o de quedarse durmido débese as cousas de ir maior. Unha vez mentalizados de que íamos a participar na ruta bautizada o ano pasado como “Titan Lama de Calo”, tomamos posicións na saída. Saída rápida, na que o noso “Master 50” Tino tomou o mando do Trisquel e colocounos nas posicións dianteiras, onde pasados os primeiros 8 kilómetros a unha media de case 30, cada un foi collendo o seu ritmo e o seu grupo. Tino sigueu en cabeza ata o final acadando un 9 posto. Por detrás formáronse dous grupos, Agustín, Christian, Uzal mais Alberto nun, e David, Carlos, Alberto Novo e outros amigos do clube noutro. Todo ía ben no grupo do Cannondale Team, ata que un membro lle dixo o presidente, “tirar vos” isto ía por Christian e Uzal “que Alberto e eu imos mellor ca vos e así marcades o voso ritmo”. Craso error, Uzal tomouno como unha afronta persoal que nolo fixo saber os outros tres, deixándonos tirados na subira mais dura ata chegar o avituallamento. As veces e mellor calar.
Chegado o avituallamento apareceu como da nada Cadilla, e mirando cara nos sen inmutarse dixo “ non esperástedes por min”, “ agora marcho eu” e alí nos deixou plantados impoñendo un ritmo moi forte que non fomos capaces de seguir. Unha vez que o equipo Scott (Tino e Cadilla ) encabezaban a carreira, por detrás seguían os mesmos grupos mencionados anteriormente.
Xa con mais da metade da Ruta realizada, chegaron as baixadas de Lampai cara Bascuas, zonas coñecidas polos integrantes do Trisquel xa que coincidían con zonas das nosas saídas habituais. Nunha desas baixadas, Agustín encabezaba o grupo cando tivo dous percances ca súa patacoxa, achácollo a que non está acostumado a bicicleta xa que era coma quen di, a súa primeira saída. No segundo percance un servidor dille, “pasa para atrás que vas caer, déixame que che marco eu”, e dito e feito, cando se acababa a baixada, un que xa probara o sabor da lama o ano pasado di “ Agus, aquí caín eu o ano pasado” e para non perder o costume volvín a repetir. Houbo algunha que outra mofa pola sobrada de ”pasa para atrás que vas caer”, xa sabedes, non se pode cuspir o aire que despois pasa o que pasa.
De aquí a meta, pistas moi rodadoras con xente que che animaba con berros como “ os primeiros xa están comendo o bocadillo”, ou “fai unha hora que pasaron os de diante”, toda unha mostra de cariño dos lugareños.
Chegada a a meta encontrámonos con Luis, que dixo que pinchara o pouco de comezar a ruta. Dicir que o noso Christian acabou mais da metade da ruta so co plato grande e o pequeno, todo un esforzo vendo o recorrido . Lavamos as bikes e ducha en auga quente.
O nome do Trisquel quedou ben alto grazas a Tino e Cadilla que entraron ca cabeza da carreira.
Despois xuntámonos Uzal, Agus, Christian, David, Alberto Novo, Carlos, Tino, Cadilla, Tito, Pablo Novo, Alberto Jamardo, Tarrio, Nelo e Fredo de Sportbike mais eu para unha comida a base de empanada, pasta e pan, parrafando sobre as anécdotas aquí relatadas. Mais tarde entrega de regalos onde Uzal e Christian foron agraciados e cada un para a súa casa.




Esquecíame que houbo algún que outro que non perdeu o tempo intentando ligar cas rapazas da cruz vermella inventándose lesións estrañas, con frases como “úntame tu la pomada”, en fin o que se chega a facer para que unha muller faga caso.
Agradecer o Club Ciclista Os do Monte Bravo pola fermosa ruta que nos brindaron e pola excelente organización da mesma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario