Fai dous anos, xustamente por estes mesmos hipócritas días do Nadal, este que lle escribe tivo a sorte e a fortuna de ser testigo de excepción da maior exhibición que sobre unha bici de monte nunca presenciou: con catro pinchos xa culminados, buscando a conquista e a gloria que da facelo quinto (ese día A Cabana), un biker, do cal vou omitir dar o seu nome, lanzou un ataque que traspasou as barreiras da coherencia, para directamente entrar na lenda... dos 5 Picos do Trisquel.
Sábado 28 de decembro do 2013. Previsión: chuvia e frio. Belén de Campaña. Comparecen: Christian, Agus, Piru, Martín, Toño, MoroKo, Andrés, Diego, Maga, dous do padronés; David e Anxo e Gonzalo (Ultreia), e este que lle escribe. Primeiro col da xornada, Xiabre e de inicio ritmo suave, pois hai que quentar e sobre todo, pensar que logo de subir este primeiro, hai que subir outros catro e convén gardar todo o posible, polo que poida pasar ou se poida, mais ben, necesitar. A pesar de que presaxiaba o contrario, nin rastro do líquido elemento, gran noticia esta pois comezar xa cunha molladura non é o mellor se dunha gran ruta falamos. Todo por pista alcanzamos o asfalto que nos levará ata o cumio sen máis novedade que aparición dunha suave e nada molesta saraiba. Foto de rigor e un pico menos para rematar o desafío.
Descenso coma lostregos hacia Carracedo onde se une ao grupo Luis, oriundo do lugar e que nos vai a acompañar nesta subida na busca do teito da xornada, nada mais e nada menos que o mítico e lexendario Xesteiras: Ritmo constante de ascenso co pelotón agrupeé nas primeiras rampas, monotonía esta que se rompe ao comezo da parte mais dura que pola pista principal nos leva ata o cumio onde cada un marca co seu pedalear a velocidade ca que afrontar este coloso, sempre pensando que logo deste, todavía quedarán tres. Esta vez en Xesteiras, en comparación cos 5 Picos do ano pasado (vento, frío, chuvia...) fai un día agradable que nos permite ver con nitidez os outros tres picos que nos quedan.
Resoplidos... Unha chamada de teléfono rompe a paz e a armonía do momento: un dos dous trampas, ausentes a esas horas, Uzal, confirma presenza e asistencia entre Castro Valente e Meda, con todo o que eso significa ou podo significar para un que non fixo os dous primeiros altos da xornada. Para o descenso deste segundo col eliximos a trialera pola que normalmente sempre subimos (e da cal este que lle escribe esta totalmente "enamorado") para dende Requian buscalo precioso, roto e complicado sendeiro... e máis se hai árbores no medio do mesmo, que nos deixa na carretera da Estrada e pola cal iniciamos o ascenso ao pico máis suave da xornada, o Castro Valente.
Neste punto Andrés, decide non continuar. Un mal día teno calquera e toma a sabia decisión de poñer punto e final a edición deste ano. Xa haberá máis 5 ou 6 Picos e senón que lle pregunten a Piru, do sufrimento e abandono do ano pasado, á exhibición deste ano, rematando coma un portento este desafío. Os 5 Picos xa coñecen o mítico grito de guerra do líder do Comando da Ponte.
Logo do bocata na Casa Dios de Herbón, logo dos intentos de Magariños de emparentar a Christian ca rapaza do lugar, fan acto de aparición xuntiños e collidos da man, cousas do destino, Uzal e Tino, os trampas. ¿Qué marrullería planean? A saber, esconderse, atallar, enganar aos seus compis nun cruce de camiños... etc... etc... Este último ademáis nunha nova e flamante montura de.... OLLO...29 pulgadas e ademáis... OLLO outra vez... doble suspensión: ¿Onde quedaron aquelas burlas e vaciles cando algúns fomos pioneiros nesto das 29 e se nos dicía que andabamos en tractor ou nun John Deere?.
Definitivamente, estamos maiores de idade e sobre todo, de palabra... pero non negarei que me alegro de que se una a evidencia das 29 e sobre todo, de ver como se comen as súas palabras. Dito esto, ver a Tino recto coma un jarabullo enriba dunha bike resulta molesto para a vista, así que, querido abuelito, cambia a potencia, fai algo, pero volve a selo de sempre e impón respeto e sobre todo, temor con esa agresiva e característica posición, que con tantas trampas... jejeje, nos deleitou, a pesar das miñas acusatorias crónicas.
Ao iniciar o ascenso do Meda, sendas caídas subindo de Maga. Según el, por culpa da cala... ¡¡¡por favoooorrrr....!!!, e de mal pensados creer que tivo algo que ver nas caídas as gotas de caña no café, ou os cañóns de cerveza...!!!!! esta claro que foi culpa da maldita cala. No ascenso deste cuarto pico, pelotón estirado, cada un polo seu lado e ao seu ritmo.
Pero se algún tiña dubidas de como podería pasar o día neste seu primeiro test duro cos kms e ca altura, Martín encargouse de calar bocas. Inconmensurable. Tan sobrado foi, que unha vez rematados os 5 Picos se permitiu o luxo de xogar aos sprints. Sen palabras. Noraboa, sen máis. Tiembla 101 Peregrinos que ides a saber como voa polo Bierzo el "águila de Noya".
Logo do descenso de Meda, unense a nos para facer o definitivo pelotón Jorge e Iván, o Clan de Isorna. Na última subida, logo de 80 kms e catro pinchos, cada un intenta chegar ao alto coma boamente pode, uns mellor, outros peor, outros coma Toño o da Estrada acompañado por un inesperado compañeiro de nome Calambres e de apelidos Jódete Beberas (mira que te avisei...), outros como Agus sufrindo ca súa transmisión ou outros como Christian que coñecerá por primeira vez a un vello coñecido de todos estes abuelos (entre os que lamentablemente me teño que incluir) cos que se rodea: o home do maso. Uzal e Iván fixeron de escolta privilexiada a Gonzalo, un enamorado desta ruta. Dúas leva xa, e repetirá, seguro. Foto finish... e caras de satisfación. Reto conseguido.
Ata Valga, a xente a xogar aos sprints, polo cal se deduce, ante tanta "sobradez", que para o ano haberá que intentar asaltar a Muralla pois a xente rematou, visto o visto, fresca fresca.
O realmente certo é que o único que ten os tres 5 Picos rematados (2011-2012-2013) é o abuelo Tino. Mérito e recoñecememto pola miña parte, e de todos.
Dous anos despois, aquel biker que voara camiño da Cabana en busca da gloria dos 5 Picos, aquel que dou a exhibición xamáis vista... aquel que lle atacou ás leis da gravidade... aquel todo aquel logo de facer Castro Valente abandonou aos seus compañeiros, abandonou aos 5 Picos á súa sorte, pero sobre todo, renegou da súa propia lenda. Non vou dicir nin mencionar o seu nome, non vaia ser que o seu cuñado Diego, que tamén tivo que abandonar por razóns de xerarquia familiar, se enfade comigo.
Un pracer rodar con todos vos, este e tódolos días do ano. Para o ano que ven (nunca mellor dito), máis (6 picos) e mellor... dende logo que intentaremos que sexa mellor.
CRÓNICA: GULLI.
Jajaja...moitas gracias Gulli pola parte que me toca...
ResponderEliminarGrande Gulli!!! Grande de tamaño, grande redactando e enorme dando pedales...
Grande tamen o grupo de Trisqueles, espero o ano proximo poder estar a altura...
Stop stop stop... grave erro pola miña parte ao escribir esta cronica...: quero matizar que o abuelo Tino completou soamente un 5 Picos (ano 2011). Logo por motivos laborais fixo 2 Picos (Xesteiras e Xiabre) no 2012 e outros 2 (Meda e A Cabana) no 2013...
ResponderEliminarPolo tanto, a pesar da "espantada" deste ano o record teno o Moroko con DOUS 5 Picos rematados (2011-2012) e tres Picos na deste ano (Xiabre-Xesteiras-Castro Valente)
ResponderEliminarO podio completano Gulli con DOUS 5 Picos (2012-2013) e dous Picos no ano 2011 (Meda-A Cabana) e logo empatados na terceira posición Iván e Maga con DOUS 5 Picos rematados e 1 pico nunha das ediccións.