BELÉN DO XIABRE.
Día 22 de decembro. Un ano máis, fieles como somos ás
tradicións, sobre todo cando de dar pedais se trata, os integrantes do CC
Trisquel acudimos á colocación do belén no alto do Monte Xiabre. E para cumplir
con dita liturxia ciclista, dende Valga alá partiron cinco trisqueles (Gulli,
Cristóbal, Christian, Andrés e Luis) cara o “coloso” que domina a Ría de
Arousa, con moito espíritu navideño, ainda que soamente Cristóbal e Christian
se acordasen de levar turrón. Algún, con tal de quitar lastre...
Paseniñamente, os cinco fomos avanzando polo medio de
Cordeiro para adentrarnos moi pronto no medio do monte. Tan paseniñamente iamos
que algún non dubidou en tirar a pedra, pero sen esconder a man: “¡Imos de
‘Verano Azul!”. Pero se Chanquete se rodease de elementos do calibre dos que se
dirixían ó Xiabre, en vez de Tito, Bea ou Piraña, agora mesmo estaría
remexéndose na súa propia tumba. Ben pronto, o chuvasqueiro, tan necesario coas
pingas de primeira hora, converteuse en prenda de sobra. E é que a pesar das
datas nas que nos atopamos, nas que todo desborda paz e felicidade, cando saes
con xente do Trisquel sabes que a traizón e a falsidade e, en suma, os
“coitelos” sairán a relucir en calquera rampla, en calquera esquina e no
momento menos esperado. Iamos a ver ó Neno Xesús no Belén do Xiabre, no medio
de nós os cinco, ía un Xudas, ou dous, ou tres... ¡ou catro!; a incertidume era
saber de quenes se trataba. Levabamos ese ritmo tranquilo, pero non de vagar,
acompañado por esas sempre animadas conversacións e tertulias nas que, cando vas
acompañado desta xente, tes a constante sensación de que cada vez que intervés
no parloteo as túas palabras son un encuberto exame de pulsacións polos demáis,
que disimulan con risotadas as súas escuras intencións. Incluso se cantaron
panxoliñas navideñas que expresaban moito ambiente de concordia e paz. Xusto
aquelo destinado a desaparecer no noso grupo, antes ou despois.
Así as cousas, cando aínda deambulabamos por terreo
valgués, Andrés, ben por non saberse as letras das panxoliñas ou ben por escapar
das nosas precarias dotes para o canto, decide poñer un punto máis tomando uns
metros de vantaxe. Conversas, cánticos e risas baixan de intensidade. Dos catro
restantes, algún, disimuladamente, fai que non se sabe as letras. Outros (ou
outro, máis ben), para presentar as credenciais de solvencia física, danlle
continuidade ós cánticos. Outros, os máis sospeitosos, nin pío. Andrés regresa
ó grupo e o que suscribe, cheirándose a conspiración, asume a cabeza do grupo
intentando conter a manada. Pero no diccionario desta xente a palabra
‘concesión’ non existe; tanto que apenas un intre despois Cristóbal, cun xesto
aparentemente de inocencia fraternal, ponse á miña par e, súbitamente,
prostituindo aquelo do ‘espíritu navideño', ainda en terreo ascendente comeza a
incrementar progresiva e inexorablemente o ritmo. Aquelo rematou nunha serie de
cambios de ritmo e sprints nos que Cristóbal golpeaba e eu zafaba como boamente
podía… e cun ollo mirando o que se cocía entre os tres de atrás. Así, nos
presentamos ós pés do Xiabre.
O comezo do ascenso á foi tranquilo a un ritmo constante.
Ata que chegamos á pista de asfalto onde semellaba que unha mesta néboa
estivese a agardar por nós para acometer a definitiva subida. Alí a
concurrencia de bikers era maior, con bicicletas a cada paso. Uns máis rápido,
outros máis amodo e outros coa bici pola man. Un biker, a pé por mor da fatiga,
en resposta ós nosos ánimos indicounos que ainda restaban máis de 2 km para a cima,
circunstancia irrelevante, de non ser polo feito de que Gulli pensaba que era
menos. Algo se estaba preparando. Esa foi a chispa que encendeu a mecha e dei
en arrancar como alma que leva o diaño. Nadie respondeu e, contrariamente ó que
poida parecer, no Trisquel iso é algo preocupante porque sabes que estes nunca teñen
orde de aforrar gasolina. Emporiso decidín seguir decididamente cara adiante,
superando ás ducias de bikers que en peregrinación se dirixían á cima e botando
unha ollada cara atrás a cada paso intentando descubrir a Christian, Cristóbal,
Andrés ou Gulli entre os bikers e a néboa. Nin rastro. Raro, raro, raro, como
diría o gran Papuchi. Preocupación. Co pulsómetro pasado de voltas e cunhas
pernas que pedían papas dei o último arreón ata alcanzar a cima. Pouco despois
apareceu o resto do grupo. Entre os bikers que chegaban “botando o corazón pola
boca”, no medio da densa néboa, apareceron os outros catro trisqueles,
departindo, como se nada, coma se de domingueiros se tratase. Só lles faltaban
as bicis de paseo.
Xa alí, celebrando a colocación do belén unímonos á festa
e sacamos de turrón, uns grolos champán e xuntámonos con outros membros do CC
Trisquel, co que a representación rematou sendo bastante ampla. E sen esquecer
a magnífica chourizada que abaixo nos agardaba, ideal para combater o frío que
nos acuciaba. Una boa xornada de ciclismo e de festividade navideña. Un ano
máis, o CC Trisquel cumple coa tradición.
Crónica: Luís Miguel Martínez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario