Non sei se sería polo horario ou polo preto e xuntiños que estábamos no maravilloso e cómodo microbús, que no ambiente palpábase que ía ser unha tarde das boas, das que merecen a pena.
É comprensible que se tes 17 anos un ten a cabeza onde a ten (e fai ben tela ahí...), por iso cando Christian montou na súa bike e notou que enriba da súa juvenil pelambrera non había nada que a un casco se parecera o máis mínimo e que este olvido nos supuso unha demora na saída de vinte minutos, os que tardou o bus en regresar co susodito olvido, ninguén naquel momento nin penso facelo eu a través destas lineas, dixo ou lle reprochou absolutamente nada de nada... Convén non enemistarse cun rapaz que en breve será "el puto amo" do Trisquel e que un por un, faranos tragar polvo a todos, sen excepción.
O caso é que Christian debía de "sentirse" mal por facerlle perder o tempo aos seus compañeiros, que de incio, camiño de Olveiroa marcou tal ritmo, que os demáis, tivémonos que conformar con non perder de vista a súa tija... e grazas.
Amigoooo, pero, apareceu a primeira baixada (todavía con luz natural) e apareceu o comando da Ponte: un grito marca o preludio do que será o paso de dúas balas, de nome Piru e David, tanto baja baja tanto. Con permiso de Elías, Jorge e de Iván, eles descenden, os demáis intentamos baixar... que non descender.
Pouco debía de quedar a Negreira, cando "os nove de la noche" fixeron unha parada: luces, cámara (de fotos) e acción (sobre todo acción...) e a pasalo ben. A noite xa estaba ahí, e ahí comezaba á nosa nocturna:
O descenso final que nos deixou en Negreira, digno de ser recordado e sobre todo, de ser repetido. Que maravilla!
O paso por Negreira foi un visto e non visto. Pelotón estirado. Velocidade media 19'1. Como dicía a canción de Camarón: "volando voy, volando vengo...)
Unha vez que Diego, o home Track nos confirma que imos por enriba da media, decidimos en Ponte Maceira facer unha parada para avituallarnos. Ben merecido o tiñamos.
Logo do complicado descenso en Pedras que coma sempre encabezaron os da Ponte, quedaba o máis duro e á vez o máis bonito, esas rampas brutales nas que á dureza que impón a inclinación das mesmas, hai que engadir ou sumarlle, pedras, rocas, ramas, raíces... Iso si, á xente, coma nos vellos tempos, quería "guerra" e "guerra" houboa, vaia que se a houbo. Non era plan de chegar a Santiago sen sudar.
Carmen e José, os sogros de Diego e do MoroKo, se tiñan algunha dúbida de cal dos seus noros era para eles o preferido (ainda que moita dúbida non deben de ter pois o Diego axuda na casa e outro vaille facer gasto, o Diego mátalle o porco e o outro vaillo comer, o primeiro vaille pañalas uvas e o MoroKo vaille bebelo viño...) logo da superioridade que na bike exhibe o Diego sobre o MoroKo, creo que moita dúbida non van a ter xa. Pero tranquilos, o Moroko voltará e faralle tragar polvo ao seu cuñado... e a min por non estar calado.
En Santiago, a pesar do Belén que teñen montado no Obradoiro, nove bikers foron a atracción e motivo de faladorias. Incluso uns neniños señalaban a Toño e dician: -mira, un de Cortińas que vive na Estrada... -xa quedan poucos... -é que ese rojo pasión...
Andrés, o noso sufrido e ben querido Andrés era o que estaba menos eufórico: dous pequenos percances eran o motivo. Tranquilo, eso suele pasar, dígocho eu que un día zapatei a bike polos aires por algo parecido ao teu.
O que estaba coma cando montou no bus era o Cadilla. Boas dixo en Campaña e ata logo cando marchou en Padrón. Como el e Magariños poden ser do mesmo lugar? É algo inexplicable.
Ata Valga, camiño de Santiago, rindo, enfadándose Piru por non quererlle tomar unha nun colorido local da Picaraña, cantando, aconsellándolle a outros cambiala medicación... risas e máis risas, como ten e debe de ser!
Nota- As pilas non é que chegaran, sobraron.
Para a seguinte, que a vai á haber seguro, teremos que levar menos luces, máis que nada para que non pareza que é día.
Ningunha caída, ningún momento de perigo. Eso si, moita diversión... ou eu polo menos paseino ben.
CRÓNICA: GULLI.
Ningún comentario:
Publicar un comentario