domingo, 13 de outubro de 2013

121013 OPERACIÓN OGRO

A saída do sábado 12 resúmese rápidamente: infamia, pois para qué andar con rodeos podendo ir directamente ao gran, si ou non?.
De Campaña e en horario matutino saiu un pelotón formado por 11 bikers. O destino escollido, ratonero de Lampai e Meda e aquí case que debería de rematar esta crónica, pois sobre esta ruta en xeral e sobre Meda en particular esta todo escrito e máis que escrito... ata hoxe, claro.
A historia, a verdadeira historia da trampa das trampa comeza xusto ao sair de Lampai..

" Logo de coroar o alto de Lampai, auténtica parede á que O Zorro do Monte, de nome Tino alegou un suposto pinchazo para non "gastar" forzas e reservar enerxía. Todos os demáis, a excepción de Uzal, subiron este col a bloque, sin pensar en vendettas posteriores.


Ao sair do lugar de Lampai, sin previo aviso, con alevosía e matutinidade, Uzal ataca aproveitando que o pelotón se atopa atravesando un sendeiro revirado e cheo de vexetación. Pero ao pouco, o presi escóndese entre uns arbustos, feito que pasa desapercibido para case que todo o restó do grupo. MoroKo, ignorante deste feito e de forzas, malgasta as poucas das que últimamente dispón en sair á caza de... ninguén. Primeiro ogro eliminado.
Logo dunha persecución estéril e absurda, espera polo resto do pelotón, donde anodado e sorprendido ve entre os compoñentes do mesmo a Uzal. Pero tan pronto como o MoroKo se reintergra no grupo, ataque meditado e calculado de Tino, Uzal e de Martín.
Poucos no grupo entenderon semellante proceder, pois co grupo partido, algúns dos que veñen por detrás non coñecen o camiño que leva ata a parte dura e final do Meda polo que non se entende aptitude tal. Logo duns minutos de espera reagrupáse o grupo e saen todos (a excepción do Trío das Trampas) a ritmo tranquilo alleos e ignorantes da antideportividade que os tres de diante emanan a raudales.
A operación Ogro, na que o Trío das Trampas, intenta rematar de xeito totalmente antideportivo co poder dictatorial que algúns impoñen nas cumbres, está en marcha.
Cando un destes ogros descubre a trampa, analiza a situación, busca ca mirada a complicidade do outro ogro amigo e legal cos compańeiros na adversidade e nas averías, recibe deste unha negativa en forma de -non podo, desfondaronme ca trampa de antes... tira ti...- e decide arrancar en busca do Trío, é xa demasiado tarde.
A pesar de todo, da caza a Martín, auténtico gregario totalmente enganado polos outros dous ca gloria do podio e o que abandonaron á súa sorte cando se iniciou a ascensión, importándolle pouco se facía podio, ou se chegaba arriba, ou mesmo se tiña unha avería. A súa sorpresa ao ver aparecer á mutilada por detrás foi tal, que a súa boca solo foi capaz de balbucir: -no me jodas... que cabrón...
Por pouco non dará caza ao ideólogo da infamia, ao Zorro do Monte Tino.
Con razón se negará posteriormente a formar parte de foto de podio con semellantes truháns.


Cando chega o resto do pelotón, un por un, "felicita" á Trío das Trampas por tan "gloriosa" hazaña. 
A esto, en octubre do ano 2013, algúns chámanlle extratexia. Outros moitos dirán: lamentable."


A pesar de todo, mañán de risas e de bo rollo, pois sen estas fechorías, de que iamos falar e vacilar na próxima e inminente paellada na de Maga??

CRÓNICA: GULLI. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario