14 de setembro do 2013.
Asturias.
Pelotón: Magariños, Aberto, Andrés, MoroKo , Diego "ExSufreman", Uzal, Gulli.
Reto: Ascensión ao mítico L'Anglirú.
A pesar de que as informacións metereolóxicas a metade de semán presaxiaban choiva para este punto concreto de Asturias, un palabra de Diego "ExSufreman" -cagóns- serviu para convencer ao resto do grupo para que as 6:30 da mañá estivera presto e disposto no Náutico de Cesures para afrontar este novo desafío. A acusación, era demasiado grave.
Logo dunha placentera e relaxada viaxe (queda claro que a algún nunca lle retirarán ningún punto do carnet de conducir) montámolo campamento base no lugar de Las Mazas, a 6 kms do inicio da mítica ascensión.
Seis Kms despois, logo de unirse un bo amigo de Vilalba, Patrick, xunto co seu pai e irmán, chegamos a La Riosa, poboación que marca o inicio da ascensión a L'Anglirú. Ahí, comeza outra historia!!
A ascensión a este porto de 12,5 kms podémola dividir en dúas partes: os primeiros 6 kms ata o descanso en Via Para son constantes con rampas de entre o 7% e do 9%. Impresionante o ambiente: moitísimos ciclistas e moitísima xente camiñando subida arriba.
Eso si, unha vez pasado o descanso en Via Para, aquí comeza a segunda parte deste col e esto xa é outro mundo, máis ben é o inferno : auténticas paredes, que non subidas, fai que o grupo se rompan, algún que se negaba a poñelo platillo o tivera que facer e que algún decidira que unha parada a tempo vale máis que acabar facendo crack.
É neste punto cando o Cacaito Magariños ve debilidade no Moroko e en Alberto
(que pensará o seu mentor sobre esto...) e sube o ritmo. Por detrás, Diego
"ExSufreman" e Uzal, márcanse un ao outro. Son, debido á súa tremenda
progresión nos últimos tempos, os "Trisqueles do ano". Andrés decide
seguir ao seu ritmo e eu, logo de valorar se é mellor ver retorcerse ao Moroco
ou seguir ao Cacaito Magariños, decido seguir a este último, pois unha crónica
faise mellor dende diante, ou eso penso.
Logo de subir Les Cabanes, Les Picones e Los Cobayos, con rampas superiores ao 20%, afrontamos a ascensión á mítica e brutal Cueña de Cabres cunha rampa do 23'5% durante 500 mts. Unha auténtica salvaxada, pero salvaxada das bonitas. Despois desto, a pesar de que o Aviru ten unha rampa do 20% ao igual que Les Piedrusines, esto parécenos que non é nada.

Unha subida que marca un antes é un despois, sen dúbida.
Logo na cima, xa co Moroko e con Alberto, chegamos á meta, todavía impresionados polo ambiente, polo numeroso xentío e sobre todo, pola incrible subida que acabamos de afrontar. Por detrás, Diego "ExSufreman" confirma o seu estado de gracia e ataca a Uzal no momento que ve en el debilidade. Queda claro que non hai respeto...
Os nosos amigos de Vilalba infórmannos de que Andrés iniciou unha sentada a 3 kms de meta e como non sabemos que pode estar reivindicando un de Extramundi afincado en Catoira (outro como Elías e xa sabemos como é Elías...) imos á súa procura... xusto cando tamén chega ao alto.

Xa arriba na liña de meta, fotos de rigor e descenso para buscar un bo lugar
para comer e ver a uns afeccionados que según nos dixeron ían pasar por alí á
tarde. Por eso de non facelo feo, decidimos quedar a ver a estes "outros"
ciclistas. Foi unha agradable espera a miña rodeado de seis auténticos
campeóns.
Para o ano suponse que non haberá L'Anglirú... xa estamos preparando a viaxe a
Los Lagos de Covadonga... si ou si.
Por suposto que non houbo ataques nin nada parecido, pero entre a gran cantidade de persoas, ciclistas, coches da Vuelta, furgonetas da organización, ir agrupados, imposible e máis cando afrontas estas paredes.

P.D- 0 que si que saquei en limpo mentres esperabamos polos profesionais na cuneta, é que nunca nunca me veredes o maillot do Soplao posto enriba....os que estaban alí, saben porqué.
Crónica: Gulli.
Moitas gracias unha vez mais por esta bonita cronica Gulli, e moitas gracias tamen o grupiño do Angliru por compartir conmigo un deses dias de ciclismo que recordaremos e do cal contaremos batalliñas durante anos...
ResponderEliminar