Como dí o famoso refrán "Ano novo,vida nova" e así é O Trisquel clube ciclista bota a rodar oficialmente neste 2013 na primeira transgalaica do ano e faino con 4 corredores(Moroko,Agus,Uzal e eu (Ruben)). Dispostos a dar "guerra" no pelotón.
E asi foi empezando por ser os mais tempraneiros en chegar a Cotobade, quizais foron eses nervios,ansiedade e estados de ánimo relacionado cas horas previa a saida da proba o que fai que sexa diferente a quedadas e rutas.
Xa listos todos para a batalla comezamos quentando facendo unhas series co noso compañeiro Alberto xa conocedor do tramo da saída de meta e porque preveemos que vai a ser unha saida multitudinaria e debemos coller posicións para non formar tapón na famosa trialera do camiño antigo.
Despois dunhas boas quenturas cunhas boas series preparámonos para coller posicions na liña de meta, e de depaso compartir opinións e facer preivisións da carreira cos nosos grandes compañeiros os Ultreia e Fran Valiñas,por certo que están todos como uns miuras!jejejje.
Unha vez collidas as posicións e toda a parafernalia dos altos cargos comeza o bo, que e o espectáculo de verdade, pistolezado de saída onde os galgos da carreira comezan estirando o pelotón e posicionando aos corredores e como non!!, nós os corredores do Trisquel metidos no medio da batalla dentro do pelotón do grupo perseguidor de cabeza e esperando algunha roda boa que apareceu e na que non dubidamos e engancharnos Moroko mais eu.
Distanciandonos a uns poucos segundos dos nosos compañeiros Uzal e Agus que tamén viñan pisando forte ata que os Kilómetros foron poñendo a cada un no seu lugar, comezaron a incrementarse as diferencias na que a nosa gran baza Moroko foi capaz de aguantar ese ritmo tan forte do pelotón perseguidor descolgandose de nós.
Eu decidín levar a batalla pola miña conta e ao famoso ritmo de golpe de pistón jeje, que resulta ser o que mellor resulta neste tipo de batallas xa que si seguira ao seu ritmo acabaría pagando as consecuencias ben pagadas.
E que penso que os meus compañeiros Uzal e Agus non dubidaron tamén en aplicar.
Cumplido o ecuador da carreira xa se podían ir apreciando os restos da batalla como cacharas,gafas,geles,
Unha vez finalizada alegraste, e ves que teus compañeiros como Moroko deixan unha mais que excelentísima imaxe do noso clube, que como digo eu un clube de barrio formado por uns grandes bikers dispostos a disfrutar e rendir ao maximo en cada evento.
E que compañeiros como Agus e Uzal rendindo a un nivel espectacular case sen ter tempo para poder adestrar todo o que desexarían.
Neste momento, e cando marchas para a casa contento e coa satisfacción do deber cumplido. Ou no noso caso mais que cumplido, e pensando que cando o final é duro ,solo os duros chegan a el!.
102 134 GARCIA FERRO Jose Maria O TRISQUEL CC 2:59:39.193 18.36 57/MASTER 30
155 263 CASTIÑEIRAS MONDRAGON Ruben O TRISQUEL CC 3:16:58.426 16.75 5/SUB 23
168 133 GARCIA UZAL Diego O TRISQUEL CC 3:27:08.727 15.93 90/MASTER 30
9 149 CASTRO LOPEZ Agustin O TRISQUEL CC 3:27:08.727 16.08 9/CICLOTURISTA
ENLACE FOTOS: https://picasaweb.google.com/107975214901512612304/Transgalaica20131Cotobade#
ENLACE CLASIFICACIÓNS: http://www.magmasports.es/spa/eventos_ficha.php?var1=Transgalaica%20Cotobade&nar1=185
Espero e desexo que para o próximo evento se sumen máis compañeiros cas mismas ganas de dar "guerra" e disfrutar da mesma maneira que o fixemos nós nesta Transgalaica.
Ainda que debemos pensar que queda moito 2013 e moitos eventos por disfrutar no que xa me froto as máns pensando no ben que mo vou pasar e o que vou a disfrutar jeje.
CRÓNICA: RUBÉN
Moi Rubén... para outra vez a ver se vos podo acompañar.
ResponderEliminarE moi ben por animarte a escribir esta boa crónica.
Ainda que o anterior comentario poderia ser firmado polo Trisquel CC, o caso é que o firmante é o que aquí esta escribindo.
ResponderEliminarPerdón polo erro