Dicían que ía chover e choveu. Dicían q ía ventar e ventou... e vaia que sí ventou. Pensabamos que ía ser un saída "insípida" e equivocamonos. Contabamos con dar un pequeno paseo e marcámonos un auténtico e precioso "etapone"....
Esta vez si, por fin A Muralla!!!!
E iso que á mañá a cousa pintar non pintaba nada ben. Chuvia e vento son a combinación perfecta para deixar a bike para outro momento. Pero cando a anulación da saída era inminente, un auténtico biker, un líder que responde ao nome de Piru "o home Camiño", cunha simple pregunta -¿qué ten o día?- e cunha afirmación demoledora -está o día precioso -supuso o impulso definitivo para que oito bikers se presentaran en Campaña ás 16 horas a desafiar ao monte, á chuvia e ao vento.
Cun forte vento en contra saimos hacia Vilar, Catoira (cruzar a ponte foi un verdadeira aventura) para subir por camiños e sendeiros ata o Alto da Paradejua. Dende aquí e por monte diríxímonos hacia preto do Araño onde comeza unha espectacular e dura subida que nos leva ata a estrada que sube para a pedra que separa os concellos de Padrón, Rois, Lousame e Dodro. Ata aquí da chuvia non tiñamos constancia... pero o que tal nos caeu nese momento parecía mais ben o diluvio universal. Menos mal que unha caseta estratéxicamente ahí colocada, serviunos de semi-refuxio.
Unha vez está forte chuvia desapareceu comezamos á ascensión definitiva e inédita (polo menos para este que lle escribe) hacia A Muralla. En partes moi trialera, noutras máis rodadora e ao final un rampa asfaltada cuns 80 kms/h de vento en contra. Pero ao final, logo de tantos intentos en mellores condicións meterolóxicas, a Muralla, a pesar do vento, da chuvia, do granizo... a Muralla dicía estaba conquistada.
Para o recordo deste día quedará o pavor, o medo co que o peso pluma Magariños cruzou a ponte de Catoira. Un espectáculo ver ao Maga tumbado para a esquerda e o seu ferro para a dereita. Se o saben en Lestrove ou en Porto...
Tamén será recordada a actitude doutros, reservando toda a ruta para acabar atacando a falta de 100 metros para facer segundo. Como diría o que aquí escribe, lamentable.
O que seguro que non gardará un bo recordo será Diego, pois chegou a Padrón a andar...
Polo demáis, un "bo difícil" día de bicicleta... dos que nos gustan, ¿ou non?
CRÓNICA: GULLI.
Ningún comentario:
Publicar un comentario