Este fin de semán, recoñezo que non tiña pensado sair sábado pola tarde en bici, pois o domingo, como ben saberedes celebráse en Ponteareas a marcha das Rosquillas, a que asisten moitos bikers de toda Galicia.
Pero... resulta que este sábado, as 16 horas da tarde parece, ou iso se escoita e rumorea, que o líder, o patrono do "clan de Isorna-Catoira, ten "preparada" unha ruta moi o seu estilo á Muralla.
De entrada xa me resulta tentador iso de subir á Muralla. Levo rodando un ano e medio ca xente do Trisquel e, ainda que pareza incrible, todavía nese todo tempo non subín a este monte. Sempre me resultou extrano que o noso sherpa de rutas curtas Tino non escollera ou mirara de facer unha boa ruta por este monte. Pode ser que este monte non lle guste... ou que esconda unha razón de peso para "esquivar" sábado si e sábado tamén este para min inédito monte. Vai a saber... igual tivo de rapaz unha moza por ahí arriba e o pai desta, cazador seguramente e polo tanto pusuidor dunha escopeta, o correu a patadas monte abaixo dicíndolle que por ahí non se voltara a asomar...senón... e claro, o medo é libre. Pero como dicía, vai a saber...
Por iso este finde as Rosquillas de Ponteareas quedan relegadas a un segundo lugar. E non soamente por subir ca peña á Muralla, senón tamén, e ahí esta case que o mellor, por ver e comprobar a ruta que nos ten preparada Iván Scott. Coñecendo os seus "gustos" ciclistas, a ruta dende logo promete voltar a ser dura coma a do sábado pasado, a que organizou Elías, outro do mencionado Clan. Por iso creo que me vai a gustar e nós vai a gustar, compañeiros do Trisquel.
Así pois, se a todo isto lle sumamos que vai facer bo día, que imos sacala Santa Compaña nosa de todolos sábados por estes montes por primeira vez, que Magariños vai a atacar preto do cumio con todo o que iso supón e nos supón...creo, definitivamente, que o domingo si que vou ir ás Rosquillas, pero a mercar rosquillas que venden no mercado de Padrón.
Que crack Gulli!! Teño que recoñecer que despois da ruta de cada sábado estou esperando con ansiedade a que o equipo redactor me deleite coa crónica postruta. A partir de agora a crónica preruta para ir metendonos en ambiente...
ResponderEliminarMoitas gracias
Jaja eu apúntome claro que Siiii :) As catro estou alí. Boa pre-crónica Si señor!!!
ResponderEliminar