A SANTA COMPAÑA quizais sexa, unha das crenzas míticas máis arraigadas no rural galego.
Son varias as versións que na bibliografía podemos atopar sobre a Santa Compaña, de aí a dificultade para poder definila con exactitude. Agás excepcións, hai unha serie de trazos xerais nos que coinciden a meirande parte dos autores ó se referiren a ela: "procesión de mortos ou almas en pena que nas brétemas da noite (a partir das doce) percorren errantes as sendas e camiños dunha parroquia".
Pero despois da ruta deste fin de semana xurde una nova versión que pode romper con todas as crenzas:
" PROCESIÓNS DE BIKERS CON TODO O SEU ARSENAL DE LUMENES, QUE PERCORREN ERRANTES AS SENDAS E MONTES".
Mais de un mortal meteuse na cama o sábado co medo no corpo despois de ver como se movían as luces da Santa Compaña a toda velocidade polos montes Xiabre e Cordeiro, en busca dalgunha alma perdida.
Está claro que non nos vale a pena organizar nocturnas, xa que tódolas nosas rutas invernais rematan do mesmo xeito.
Comenzamos a saida cún nutrido pelotón de 20 bikers con inteción de facer unha ruta circular con saida dende o Pontecesures, enlazando polos montes de Cordeiro, subida O Xiabre e regreso o punto de partida.
Comenzou o pelotón cun ritmo típico de pretemporada, e parecía que continuaría así durante toda a ruta. Pero cando chegou o momento de tomar a decisión de ascenso facil por pista ou peleona pola zoa de trialera........................Je je je, xa vos podedes imaxinar por onde acabamos. Que atravesadiños.
Tanto ritmo rodador o principio, co correspondente retraso horario, preveía que a noite nos iva coller en plena ascensión. E mais despois de que os guías ocasionales (MISTERS 29), nos levaran un camiño sen saida.
Bueno digamos que saida había pero non peladeando senon que subindo un pincho, mellor dito pinchazo monte parriba, cargado a bike, e que acabou poñendo a cada un no seu lugar. No meu caso metendome a estocada definitiva na miña pubalgia.
Neste punto Rúbén e eu decidimos comenzar o regreso, ca noite enriba e situandonos nese instante na cara do Xiabre pola zoa de Caldas.
O que nos quedaba, mima. Tivemos que enlazar ata carretera de ascención dende Vilagarcía cara o cumio, e posteriormente ascender ata os primeiros eólicos, para continuar pola ruta de regreso habitual.
O final nos chegamos as 19:30 h, e o pelotón rematou ascensión (donde fixo a fodo de rigor), para regresar asuntando a todo ser vivinte ou espiritu que vagase a esas horas polos montes da comarca do Ulla (hora de chegada 20:00 h).
O próximo finde veremos onde nos colle a noite, e esperemos que ninguen chamase a Iker Jiménez o de Cuarto milenio, Je je je.
Crónica: Uzal.
Pd: Por certo o monte estaba espectacular, cunhas pozas......................Libreime polos pelos.
Boa crónica Uzal..
ResponderEliminarSe acaso engadir, xa que falas de medo,aparición dunha fantasma que intentou asustarnos na baixada de Xiabre.
Eso si, "a fantasma", curiosamente tamén debía de ser biker, pois no lugar da aparición había unha Scott azul de carbono...
Gracias Sr. Gulli polas boas críticas a este humilde escribinte. Je je je (A que me sonará).
ResponderEliminarEu xa non sufrín na miña pel dita aparición. Pero podome imaxinar a vosa reacción ante tal espectro azul.
Parece que non aprende das suas marcas de guerra en anteriores batallas.
Por certo hoxe, estiven practicando o meu picado na piscina. Non vaia ser que me volva encontrar unha non medio do monte. Je je je.