luns, 5 de novembro de 2012

041112 V RUTA BTT CONCELLO DE OUTES


Non contaba, cando escoitei a Boby e a Elias falar na cea postpartido da marcha de Outes, atoparme cunha marcha "así" e sobre todo, de disfrutar tanto da bici un domingo pola mañá.  
Iso si, cando vin o perfil dos 54 kms da ruta longa, intuín que o día non ía ser de paseo e que a ruta de fácil non ía ter nada.
Así pois, tres bttCesures, Luis, Elias e eu, e dous bos amigos, Nechu e Heleno estabamos prestos e dispostos ás 9 da mañán a comprobar se a ruta ía ser tan exixente coma prometía.
Efectivamente, a ruta era exixente pero máis dura do que cabía agardar, pois ás durísimas subidas trialeras tivemos que sumarlle unhas abundantes lameiras que facían que nas subidas parecera que alguén nos agarraba ao chan (xa nada digo da nula tracción da roda traseira) e que nas baixadas simplemente mantela bici recta fora unha utopía.
Os primeiros 25 kms, onde se sitúa o primeiro avituallamento, moita subida por trialeras, por sendeiros, unha espectacular e complicada baixada e sobre todo, sinuosos e retortos camiños.
No avituallamento separanse ás dúas rutas, a curta e a longa. Dende aquí, seguindo Elias máis eu a longa, agárdannos sete kms de ascensión ata o alto do "puerto do Holandés". Agradeceuse a recomendación da organización que nun cartel dicía: "non ir solos, hai lobos".


O alto está no Km 33 e os 20 kms que restan para chegar a Outes van a ser ao principio de baixada, algún tramo trialero dos que nos gusta a nos, logo unha parte un pouco máis levadeira por camiño, un tramo rompepernas, máis espectaculares baixadas e ao final, a falla de tres ou catro kms... unha tremenda subida ca que ninguén contaba... que iso si, lévanos ao final a disfrutar dun espectacular e moi técnico descenso co que rematamola marcha en Serra de Outes.
Ben sinalizada, moitos puntos de avituallamento, boa organización e sobre todo unha magnífica ruta. Por todo isto, está claro, para o ano repito!

CRÓNICA: GULLI.

Ningún comentario:

Publicar un comentario