Reto 04-01-12!!!
Para empezar ben o ano 2012, Victor, Iván, Tino, Maga, Javi, Rubén e mais este servidor propuxémonos un reto: Coroar os montes que nos rodean no mesmo día, e eso foi o que intentamos....
Saímos as 9.30 do nautico en dirección Xiabre, monte que subimos con relativa calma e sen maiores problemas (So destacar un pinchazo de Ruben que nos rompeu o ritmo pero que axudou a recuperar e facer que a subida fose mais fácil...)
XIABRE |
Unha vez coroado Xiabre, descendemos en dirección Carracedo para afrontar a subida a Xesteiras pola cara Sur do mesmo. Nesta subida xurdiron os primeiros problemas (rotura de pedal de Maga), o que provocou o abandono de Maga debido a avería e de Ruben porque xa non tiña pensado continuar toda a aventura...
XESTEIRAS |
Despois de facer a foto de rigor no cumio do Xesteiras dispuxemonos a baixar cara os Martores para dirixirnos posteriormente a Castro Valente, un monte que normalmente resulta bastante sinxelo subilo, pero que despois da paliza que tiñamos encima, a mais de un (eu o primeiro), atragantouselle un pouco...pero bueno, tamen se subiu sen maior problema, mais que nada, porque sabíamos que na cima disfrutaríamos dun merecido descanso e sobre todo dos bocatas que levábamos cargando toda a mañan...
CASTRO VALENTE |
Despois da comida baixamos Castro Valente e fomos a parar a Herbón desde donde afrontamos a subida para coroar o Meda, lugar ó que nos saiu Gulli para acompañarnos durante o resto da xornada...
MEDA |
Para rematar a fazaña, despois da baixada de Meda, dirixímonoa A "sempre temida" Cabana, con bastante cansancio acumulado comenzamos esta ultima subida que por momentos se facía interminable, menos mal que este servidor de vez en cando lle daba o coñazo o resto do grupo debido a un pinchazo que non se terminou de solucionar, a pesar de gastar 1 neumático de 2 botes de reparapinchazos...
Despois duns cantos paróns, outros tantos tiróns, risas e lamentacións, este grupo de entusiastas do mountain bike conseguimos alcanzar o cumio de A Cabana, e deste modo conseguir o reto que nos propuxeramos...
A CABANA |
Chegamos á casa con mais de 100 Km nas pernas, con cansancio, pero sobre todo cun gran sorriso e con ganas de preparar o seguinte reto...
CRÓNICA: MOROKO
CRÓNICA: MOROKO
Ningún comentario:
Publicar un comentario