domingo, 8 de xaneiro de 2012

071211 SAIDA POSTNAVIDAD.



Como e habitual a saida postnavideña iva a poñer a proba o nivel físico dos nosos bikers despois dos excesos navideños.
A ruta elexida dirección  A Cabana, ca intención de ir buscando alternativas para a nosa próxima quedada cos amigos; PCUMIA, BTTXESTEIRAS E SCORNABIKES, que nos acompañaron na ruta da auga.

O concurrido pelotón parteu en dirección Lestrove, cun ritmo suaviño para ir poñendose o día das últimas novas e agasallos dos reis magos.
Unha vez chegamos a zoa de Lestrove puxémonos en máns de Maga que coma oriundo da zoa, quixo marcar o ritmo e aproveitar para pasar por diante da casa da súa nai e para que os veciños o viran na súa faceta de lider do pelotón. Pero notase que fai tempo que cambiou de residencia ou que nos quería torear un pouco, xa que costoulle encontrar o camiño axeitado.
Ca entrada no monte ruteamos ata enlazar cá zoa do Santiaguiño, continuar en direción Extramundí para ir enlazado distintas pistas e camiños ata comenzar a ascensión o noso obxetivo.

Neste punto empecei a notar que máis que unha páxara, tiña un polvorón enrriba, e que os fantasmas do conto de navidad Dickens, me fixeron unha visita todos de golpe, e me deixaron claro que por moito que me exforce ou me entrene vou sufrir na bike toda a miña vida.
Pero bueno, seguindo os consellos do maestro Tino continuei o meu ritmillo, e aproveitei unha avería para enlazar de novo cá cabeza do pelotón. E en vez de esperar (mal compañeiro pola miña parte),  continuei ascensión ata coroar e tomarme as barritas de rigor ata que foi chegando parte do grupo, xa que algúns xa descartaron coroar e comenzaron o descenso.

Unha vez fixemos a foto de rigor, nos equipamos e terminamos o avituallamento, comenzamos un entretido descenso, con algunha caidilla sen importancia e botándonos unha risas cos duelos que Agustín lle propón un día sí e outro tamén a Maga ou Moroko.

Por certo, non sei para que facemos rutas nocturnas porque todolos sabados o traxecto de volta sempre o facemos as escuras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario