Para este Sábado 03-12-11 saida como de costume as 15.30 do Náutico.
Todo mundo preparado con linternas, pois vainos a pillar a noite.
A ruta que pretendemos facer nesta ocasión e espectacular, unha das
rutas mais bonitas que se pode facer no noso entorno: Subida a Castro
Valente para ir quentando as pernas (seguramente Tiño ou Maga se
encargarán de meternos por algún "por aquí coñezo eu" que fara que as
quentemos de mais...), baixaremos Castro Valente e iremos dirección As
Fervenzas de Raxoi, continuaremos cara o Pino, colleremos dirección
Setecoros para facer a subida a Xiabre pola cara Norte (moito mais
bonita), faremos as fotos de rigor na cima de Xiabre e voltaremos a
través das múltiples trialeiras existentes en dirección Cordeiro, para
rematar pasaremos polos camiños colindantes coa charca de Campaña e
final da ruta...
Esperemos que o tempo nos siga acompañando, e si xuntamos un grupo
numeroso como últimamente, aproveitaremos para facer unha boa foto de
grupo na cima do Xiabre, foto que servirá para poñer de fondo no blog
e en Pontecesures.net
Listado provisional de asistentes:
* Tino, Maga, Bobi, Piru, Fabeiro, Uzal, Agus, Pablo, Elías, Gulli,
Rubén, Moroko...
http://www.pontecesures.net/2011/11/29/ruta-sabado-3-de-decembro/
Ningún comentario:
Publicar un comentario