Finalmente debido a que o equipo que nos sirve de guía so pode os domingos (O Domingo 4 xa o tiñan liado) e a que moitos de nos preferíamos que fose pola mañá para non arriscar coa noite, como podedes deducir do encabezamento, a Ruta da Auga Pontecesures-Caldas-Armenteira-Caldas-Pontecesures queda fixada para o Domingo 11-12-11. A saída faráse do nautico de Cesures as 9.00 para estar as 9.30 na alameda de Caldas (punto no nque nos agruparemos cos compoñentes do equipo anfitrión e con todos aqueles que non queiran facer o percorrido completo e prefiran facer Caldas-Armenteira-Caldas de uns 50Km). De esta maneira tamen damos nunha semana máis a todos aqueles que esta semana dixeron que lles apetecía moito facer esta ruta pero que levaban tempo sin pedalear e bla,bla,bla... En principio, para a ocasión, agradeceríamos que non fosedes confirmando asistencia a poder ser durante esta primeira metade da semana. Como podedes imaxinar, o sábado proximo teremos a saída regular como sempre as 15.30. Este pode ser un bo día para todos aqueles que teñades ganas de participar na ruta da auga e todavía non tivestes ocasión de incorporarvos ó pelotón... Listado provisional de participantes na ruta da Auga:
- Jesus Ferro & amigos (Anfitrións do grupo de Caldas)
- Lito e Jóse (Moi bos amigos de algúns de nós que se suman ó cesuresBtt desde Cuntis)
- Uzal (Sufridor nato, Redactor xefe do cesuresBtt e sempre disposto a axudar no que poida...esperemos que as lesións non o sigan castigando...)
- Pedro (Grande fichaxe do equipo Cube para esta tempada, lástima que os compromisos familiares non lle permitan participar sempre, pois está chamado a ser o lider do equipo...)
- Maga (O cociñeiro do grupo, un dos que fai mais ruído no pelotón e que cando falta se nota moito a súa ausencia...un ferro duro de roer...)
- Tino (A voz da experiencia...por aqui e por alí coñece el, outro incondicional que nunca abandona o barco...)
- Fabeiro (En todolos equipos hai un pijo, sempre coas ultimas tendencias....jajaja - Sempre coa bike a punto e maniático das horquillas..outro incondicional, Fotógrafo-GPSista...)
- Sergio (Un dos mais dormilóns do grupo e dos que mais te deixa tirado sobre todo si a saída e de mañán...por eso non fagamos moito caso de que esté apuntado...jajaja)
- Agustin (Flamante fichaxe do equipo Scott, sufridor nato e especialista en novas tecnoloxías...tamén cahmado a ser unha peza fundamental no pelotón...)
- Gulli (Único representante do equipo Jamis no pelotón (Grande responsabilidade que está solventando con nota...) e pilar fundamental no equipo de fotografía e redacción)
- Arturo (No lado escuro do equipo de redacción, aparece poucas veces pero cando o fai sempre da caña, e como os morcegos, mais facil atopalo pola noite, jajaja)
- Moroko (Un servidor...)
- Piru (Outro incondicional capáz de sufrir e moito...sempre disposto a axudar, un tio noble pero tamén medio ave nocturna...jajaja)
- Javi (Outro duro de roer....tíñanos medios olvidados pero este ano regresa con forza, disposto a dar guerra, o tío que queima mais pedalier na estática do náutico, jajaja)
- Pablo (Dos Vikingbikes que nunca falla, peleón, fanático dos coches e a competición, enganchado o face...)
- Elias (Outro dos duros dos Vikingbikes)
- Jorge (Dos Vikingbikes sempre e unha alegría compartir unha saída con el...)
- Chispa (Dos Vikingbikes pero todavía non tivemos o placer de compartir mtb con el...esperemos sexa a primeira ocasión...)
- Iván (Compoñente mais veterano do equipo Scott, grande deportista...problema..la noche lo confunde!!! Jajaja)
luns, 28 de novembro de 2011
RUTA DA AUGA - Domingo 11-12-11
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario