Ruta nocturna Sábado 12-11-11 as 18.30 no náutico.. Para a primeira ruta nocturna que queremos facer, gustaríanos que fose unha ruta para recordar, con unha boa afluencia, con ganas de facer algo de deporte e sobre todo de pasalo ben... Para eso temos pensado facer un recorrido sinxelo (non se pode facer moi complexo polo tema da nocturnidade), cun ritmo suave (apto para xente habitual no grupo e para xente que so fai saídas esporádicas), seguramente faremos a subida a Xesteiras ou Xiabre. Para todo esto, gustaríanos que todos nos avisedes canto antes para ter unha idea aproximada e tamen que todos avisedes a amigos, familiares, coñecidos... que non sexa a primeira vez que montan en bicicleta, pero que tampouco fai falta que sexan uns pros do ciclismo nin moito menos... Recordar a todo mundo que será preciso levar algo que de luz e sobre todo que todo mundo leve ganas de pasalo ben... ** Listado provisional de asistentes (Por favor, respondede o mail para engadir ou correxir o listado de asistentes): - Fabeiro - Carlos Prieto - Uzal - Tino - Maga - Rubén - Bobi - Piru - Ely - Victor - Moroko - Sergio - Pedro - Iván - Manu Núñez
luns, 7 de novembro de 2011
RUTA NOCTURNA 12/11/11.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Vou a bautizar este comentario con un pupurri de frases feitas:
ResponderEliminar"Coa intención non basta...", "As cousas nunca saen como se plenean...", "¿Que ten que pasar para que se den conta...?", "Dar gato por lebre...", "O que pudo ser e non foi...", "Maldita sea a miña sorte...", ben, creo que xa é suficiente para enfocar o que quero dicir xa que "...o importante é ter salú" jejej.
Unha boa forma de avaliar se algo foi ou non un éxito, si saiu ben ou mal, e contrastar o resultado do acontecido co planificado de antemán. Para elo tomo como referencia a mensaxe publicada neste foro para captar adeptos pa a dichosa ruta nocturna.
MENSAXE NO BLOG
Para a primeira ruta nocturna que queremos facer, gustaríanos que fose
unha ruta para recordar, con unha boa afluencia, con ganas de facer
algo de deporte e sobre todo de pasalo ben...
ANALISE
Está claro que se cumpleu coa primeira premisa .."ruta para recordar", eso si, non sei si para ben ou para mal.
Conseguiuse unha boa afluencia, eso non é discutible.
Tamén tiñamos ganas de facer algo de deporte, e fíxose, jejejej, "
...e sobre todo de pasalo ben... Uff aquí si que hai cancha. Pasalo ben, é tan subxectivo...Está claro que hai xente que o pasa ben facendo que os demais o pasen mal (esto chámase psicopatía), que o pasa ben sin importarlle unha merda que haxa xente que non saia amenudo e sufra na maior parte do percorrido, hai xente que o pasa ben sen importarlle que a pesar de que fose noite alguén se puidese quedar atrás e lle puidese pasar algo, que o pasa ben insistindo en que hai que facer afición e logo dedicanse a machacar ao novato, xente que o pasa ben competindo con catro matados (coma min) pero logo se cagaría nunha competición de verdá, que o pasa ben desfacendo un grupo que solo foi tal polo numero de personas que salimos para facer algo común, non porque comportemos como un verdadeiro grupo, hai xente que o pasa ben quitandolle a xente as ganas de dar unha volta en bicicleta...(Sinceramente, ¿alguén cree que o obxectivo de pasalo ben se consegui?)
Continuemos..
MENSAXE NO BLOGG
Para eso temos pensado facer un recorrido sinxelo (non se pode facer
moi complexo polo tema da nocturnidade), cun ritmo suave (apto para
xente habitual no grupo e para xente que so fai saídas esporádicas),
seguramente faremos a subida a Xesteiras ou Xiabre.
ANALISE
Leome este parrafo e emocionome, que declaración de intencións!, que sensata é a persoa que o escribeu! Pero ¿por qué non foi así? ¿Que impide que así sexa?
Yuuhuuu! Fomo a xesteiras, polo tanto eso conseguiuse outro obxectivo, moitos bandonaron polo camiño pero eso que mais dá, o importante é pasalo ben, vaia pero...¿seguro que o pasamos ben? Deixemolo así!
MENSAXE NO BLOG
Para todo esto, gustaríanos que todos nos avisedes canto antes para
ter unha idea aproximada e tamen que todos avisedes a amigos,
familiares, coñecidos... que non sexa a primeira vez que montan en
bicicleta, pero que tampouco fai falta que sexan uns pros do ciclismo
nin moito menos...
ANALISE
Jajajajajajajajajaja! Jajajajajajajajaj! Non sei nin que decir, visto que que sucedeu (bueno que sucede case sempre, pero pensei que por aquelo de que era nocturna a xente realmente se tomaria a saía como un paseo, pero está claro que un non deixa de equivocarse...¿ou debería decir autoengañarse? ¿Por qué creo que unha pandilla que sempre se comporta de unha forma o vai a facer de xeito diferente porque sea de noite? Non ten sentido, polo tanto está claro que foi culpa miña, pois pasou o que tiña que pasar...) mais ben invitaria a vir a ruta o meu maior enemigo, a ver si se quedaba atrás, pinchaba, caía e devoraba un lobo sin que nadie se enterase.
CONCLUSIÓN
Tras este análise ¿podemos afirmar que a saida cumpliu cos obxectivos marcados?
Para rematar unha pregunta, xa paguei a cuota do Club Ciclista, ¿se me dou de baixa devolvedesme a pasta?
BOAS;
ResponderEliminarAntes de nada aclarar que son Uzal, e que acabo de leer o comentario de Arturo(hoxe lúns), e que onte domingo fixen e públiquei a crónica da saida sen saber nen falar nada con niguen do grupo e como observaredes nos meus comentarios, en certas cousas lle dou a razón, como puxen:
Neste punto algúns membros abandonaron a ruta, xa que o teorico ritmo de paseo que iamos levar neste día, pasou inadvertido para a xente, e igualmente o de ir agrupados
Co comezo da ascensión como pasa en tololas nosas saidas, e ver unha costa e sair todos coma tiros. Claramente na miña base de datos este termino cambiase por empeza o sufrimento
Tan pronto coronou o último menbro comenzamos o descenso, que entre o vento e a oscuridad fixose bastante perigoso. Ou era a miña impresión, xa que algúns baixaban como se foran as 12:00 h dun día soleado de Agosto, ou que en vez de ollos tiñan un proxector de luz en cada ollo.
En primeiro lugar o Moroko enviou o mail con toda a boa intención do mundo e ca idea da ruta noctura fora para desfrutar e para facela en grupo. Pero era a súa idea e él non pode controlar a mentalidad do resto do grupo.
Segundo, coma ben sabes Arturo e o resto do grupo, eu son dos que menos anda e dos que maís sufren nas nosa saidas, pero entendo que hai xente está moitisimo maís forte e que necesita e esixirse. Pero creo que o temos mal planteado, a idea non e ir marcando un ritmo forte desde o principio e ir agrupandose cada certo tempo, porque os que menos andan estalos a desfondar. Eu creo que deveriamos ir agrupados a un ritmo medio y cheado o momento poñer tramo libre e que cada un se esixa o que vexa. E a miña opinión.
Creo que como grupo que somos, reafirmome somos un grupo, deveriamos falalo e non entrar nunha batalla de comentarios no blog ou por mail.
Arturo supoño que o puxeches porque estabas enoxado, e que despois de que o falemos con calma tomaras a túa decisión, pero ten claro que se decides darte de baixa no club, tes todo o dereito a que che devolvan oas cartos.
Un saudo a todos e falamos.