domingo, 13 de novembro de 2011

SAIDA NOCTURNA 12/11/11.

Primeira saida nocturna oficial do Club Ciclista Pontecesures. Xa que todas as veces que nos ten collido a noite non conta.



O día fisoxe raro  vendo pasar as horas, co nerviosismo no corpo e escoitando na conversacións cas familias e amigos, nos cales o resulato final era o mesmo: "Que estamos tolos".
Pero cando a tolería a compartes cun grupo de vintetantos, levase e desfrutase o máximo. Sí vintetantos, xa que últimamente o noso pelotón non baixa desta cifra.

18:30 hora de saida, bueno 18:45 h, que o Moroko andaba a facer negocio cunha horquilla.
A ruta parteu do club náutico facendo un paseillo de rigor polo centro do pobo enlace Cortiñas e dirección  Morono pra subir cara Castro Valente con enlace final pista dirección Xesteiras.
Neste punto algúns membros abandonaron a ruta, xa que o teorico ritmo de paseo que iamos levar neste día, pasou inadvertido para a xente, e igualmente o de ir agrupados.



Co comezo da ascensión como pasa en tololas nosas saidas, e ver unha costa e sair todos coma tiros. Claramente na miña base de datos este termino cambiase por empeza o sufrimento.
Favorecidos nesta ocasión co vendo que soplaba o noso favor, a subida fixose mais levadeira ata chegar o cumio, donde todo o bo tempo que nos acompañou, converteuse nunha ventisca impresionante que facía imposible manter o equilibrio na bike.
Tan pronto coronou o último menbro comenzamos o descenso, que entre o vento e a oscuridad fixose bastante perigoso. Ou era a miña impresión, xa que algúns baixaban como se foran as 12:00 h dun día soleado de Agosto, ou que en vez de ollos tiñan un proxector de luz en cada ollo. Razón polo cal o regreso fixose a un ritmo rápido seguindo os nosos pasos ata enlazar ca baixada polo Galiñeiro, Condide e regreso o centro do pobo.

Alí os mais perezosos por volver para casa aparcamos as nosas bikes na Taberna, para tomarlle unha cerveciña e comentar as anécdotas da ruta e planificar o noso próximo obxetivo.


  
Por último destacar que Elias e Pablo do CatoiraBTT, nos volveron acompañar nesta ocasión, e esperamos que repitan eles o resto do seu grupo, ou calquera aficionado deste deporte.

Saudos e vemonos no Monte.

PD: Non sei se escoitachedes os comentarios que sonan por ahí, que se ían uns tolos nunhas bicis que votaban chispas, que se alguén veu a santa compaña no monte. Je je je.



Crónica: Uzal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario