xoves, 3 de novembro de 2011

ACTIVIDADES CESURESBTT

Saída nocturna (‏ .(12-11-11

A Primeira ruta nocturna do CesuresBtt está programada para o
vindeiro 12-11-11 as 19.30. Saída no náutico, como sempre. Non
olvidedes levar algún tipo de iluminación (linterna, antorcha, o que
queirades, ainda que bueno...como diría un coleguilla noso..mais de un
xa é bastante iluminado, jajaja). Pode ser unha experiencia moi
bonita, así que animádevos...
Para esta saída non e preciso facer ningunha reserva, ainda así,
gustaríanos ter unha idea aproximada da xente que vai a participar,
así que, agradeceríamos que o fósedes cofirmando a asistencia en canto
poidades.
 



Camiño Tui-Santiago (‏ .(19-11-11

O camiño Tui-Santiago está previsto para o Sábado 19-11-11. Estivemos
falando con Renfe polo tema das bicicletas, e en principio podemos
levalas sempre e cando as rodas esten sacadas e pegadas no cadro, a
modo de paquete, eso si, e preciso sacar antes os billetes para facer
a reserva.
Para poder planificar a cousa mínimamente ben, precisamos saber con
tempo o numero de participantes, para ver si imos en tren ou si
podemos contratar un autobus.
Por todo esto, pedimos que confirmedes asistencia durante esta semana.
Un saúdos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario