domingo, 30 de outubro de 2011

SAIDA 29/10/11 - DE RUTA POR XIABRE.


 


Concurrida saída a deste sábado con 21 bikers, todo un peletón. Que lle-lo pregunten o señoriño  que lle aparecemos polo medio da finca e lle acabamos saindo polo portal principal da casa. Un faio técnico no GPS de Tino. Je je je.
Moi vistoso e imponente, pero se cando vamos catro hai percances, cun grupo tan grande pasounos de todo, dende problemas mecánicos, caidas, perdidas de efectivos, rutpuras do grupo en varias ocasións que causaron paradas continuas, e que influiron a que non se puidera manter un ritmo continuo.
Por último resaltar que o equipo Scott empeza a facerse forte no grupo, e pretende eclipsar o Cube. Ademais destacar que gracias as Scotts, cada día aumenta o número de bikers de carbono no pelotón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario