luns, 11 de abril de 2016


Un novo paso na andaina de Otrisquel ClubCiclista, ca presentación onte da nova equipación. Renovamos o noso diseño, pero mantendo a nosa identidade co noso verde Trisquel. 
Queremos seguir enchendo de cor as probas e rutas do campeonato Galego, nacional e algunha internacional.
Agradecer o apoio e confianza no noso clube dos nosos novos patrocinadores Galipark, Bicistrada e ThuneEureka.




domingo, 3 de xaneiro de 2016

311215 RUTA DESPEDIDA 2015.

31 de decembro de 2015. Tocaba saída Trisqueliana en carretera. Tempo gris, moi gris. Malia iso decidimos personarnos no lugar de saída habitual, diante do club náutico de Pontecesures. O noso ‘Pemán’ particular, Moroko e á súa ávida providencia nestes mesteres (máis ben as tropecentas aplicacións móviles que foi substituindo unha tras outra indo de desatino en desatino para desesperación nosa), auguraba tempo nubrado pero que non ía caer “nin unha pinga”. E nestas que alí aparecemos os trisqueles... todos con chuvasqueiro, incluido o propio Moroko.

Compareceron, o xa mencionado Moroko (alias ‘mrk’ e en 2016 xa oficiosamente ex-hipster –para ben da imaxe do clube-), Padín (xefe de filas a por horas reconvertido a sufridor nato), Pedro, David, Cristóbal (ex-PeterSagan), Rubén Carro (con media hora de antelación –non sexa que marchen sen min-), Miguel Penedo (alias ‘vendoRockShoxSID’), Juan (socio de honra de Inox Albacete) e este que escribe (o guapo e polivalente ciclista caldense do Trisquel –síntese: ventaxas de ser o que redacta-). Rubén Solymar preferiu marcarse un FLEX e pasar do tema, quizáis producto dun ‘ensaio’ por adiantado da noite de fin de ano. Ademais deu en acompañarnos Silvia Blanco, que chegou á cita xa cuns cantos km nas patas e, ultimamente, moi asidua ás nosas saídas. Quedaríalle moi ben o verde trisquel, ¿non si?

Indo ó tema. Destino: o Iroite. E como nos ía facer falta o tempo para estarmos de volta a unha hora decente como persoas civilizadas,¡tachán! xusto a benemérita ten a ben parar a Juan cando viña de camiño, o cal retrasa a nosa saída. Ou eso dixo él. Sexa como fora arrancamos dirección Lestrove. Nada máis pisar Dodro, pinchazo de Silvia, que o bo de Padín repara nun plis-plas. ¡Comezaba ben a cousa¡ Volvemos a arrancar, poñendo ritmillo, entre lerias animadas (e cuchilladas variadas) e, como é costume, co Moroko pegando berros insistentemente dende a parte traseira ata que nun determinado momento chegando a Boiro decide poñer el o ritmo, levando consigo á cabeza do grupo ó pobre de Pedro, que por casualidade andaba por alí e asume o rol con resignación. Todos os que pasamos por esa situación o comprendemos.

Saíndo xa de Boiro enfilamos cara o cruce de Runs que dá entrada óIroite. Moroko, famento de ramplas e buscando exprimir os seus últimos días de bikerhipster, case se mete na intersección equivocada. Xa no cruce bo, afrontamos o Iroite e os seus aproximadamente 10 km de subida, que deron en recibirnos coas pingas dunha lixeira choiva e cos apupos doutros colegas do trisquel que (oh, ¡qué tremenda casualidade!) pasaban por alí no coche. As ata entón animadas conversas tórnanse en illados comentarios. Xa en plena faena Pedro toma a iniciativa e colle uns metros, sobre un xa disgregado grupo encabezado por Moroko e Cristóbal. David, o máis listo da clase, deixa facer ós demais namentres opta por meterlle barritas ó corpo, sabedor de que a subida ó Iroite se che pode facer máis larga que un día sen pan. Silvia, a que mellor coñece a subida e á que, por certo, a cor verdetrisquel lle quedaría moi ben (¡ejem!), metendo piloto automático para subir a ritmo. Carro e Miguel Penedo, á expectativa, acompañados de Juan.Padín máis eu, xefe e gregario respectivamente do comando Devesa-CarracedoTeam,  á espera de máis movementos. Avanzados un par de km, Pedro segue collendo metros, e por atrás agrupamos Cristóbal, Moroko e este que escribe, uníndosenos pouco despois Padín que, preso do discurso motivador de Gulli no Aloia, decide exprimir o seu plato de 39, metendo un arreón co que nos dá alcance. Foi xusto nese intre, cando levabamos sobre 3 km de ascensión, que Moroko decidiu soltar unha desas xoias en forma de frase que quedan para os anales da historia do clube e da arte do engano: “Tirade vós, que tedes boas pernas e eu vou cun punto menos”.  Os que, coma min, xa sabemos ‘de qué pé coxea’ o Moroko xa nos cheiramos que algo prepara. Así que opto por enganchar a Pedro, ainda por diante, e Cristóbal opta por quedar co Moroko. “Tranqui, Cristóbal, que eu hoxe vou por pulsacións” lle espetou. E o pobre de Cristóbal, creuno. Padín, á zaga.

A situación mantense uns cuantos km, Pedro máis eu imos metendo metros, ata que Pedro comeza a descolgarse. Así seguimos uns km ata que¡sorpresa! ¿Quén apareceu por detrás na distancia? Efectivamente: Moroko. O de “vou cun punto menos” e “vou por pulsacións” acababa de deixar ‘tirado’ a Cristóbal que nin sequera coa enerxía das TostaRica con membrillo que lle mete ó corpo ultimamente, puido seguir a Moroko que, metros despois, fixo o propio con Pedro. E o seguinte, obviamente, era eu. E quedaban uns cantos km. Tocaba apretar o cú e ensinar que no Devesa-Carracedo estamos feitos doutra pasta. Era, ademáis, o momento de saldar contas pendentes (Ruta Pedra da Cruz, Caldas 2014). Con Moroko en plena persecución Iroite arriba, volve caer a choiva. Á dereita imos deixando unhas vistas espectaculares. Subida tendida. Moroko non cede e mantén o ritmo. A serpenteante subida permite que nos vexamos de cando en cando. Apreto, pero os metros de vantaxe comezan a minguar e a larga, morena e barbuda figura do Moroko cada vez máis preto. Sen embargo, non sei se por misericordia do meu compañeiro ou por qué, aguantamos así ata o final da subida. ¡Menuda serie de media hora me fixo marcar! Por detrás, chegan Pedro e Padín, éste co turbo metido e en plena exhibición de pundonor. ¡Grande este xefe de filas! E tamén Cristóbal, que chega tan sobrado que entre medias nos dá unha lección de nutrición deportiva. Pouco despois chega o resto, agrupamos arriba, foto de rigor (coas espectaculares vistas da ría de Muros e Noia de fondo), selfie do Moroko e tiramos para abaixo para escapar do frío do Iroite, do que xa Silvia, á que o verde trisquel lle quedaría espectacular (só o deixo caer...), nos tiña sobre aviso.


Unha vez rematada a baixada, especialmente perigosa polos restos do temporal destes días e o firme mollado, presos do reloxo decidimos suprimir o café e regresar, se ben por separado. Parte final infame para Juan que sufríu as inconveniencias técnicas dun pinchazo nun tubular e que seguiu como puido cunha estoica paciencia.

Moralexa: “as palabras lévaas o vento, e se son do Moroko con maior razón”.

Polo demáis, unha gran ruta para despedir un 2015 cheo de moitos km, moitas aventuras, moitas risas e historias ‘madein’Trisquel. Agardando que o 2016 sexa tan productivo ou máis que o 2015 e que nos permita seguir aprendendo e disfrutando deste deporte e das anécdotas que as rutas do Trisquel sempre nos deixan.

Crónica: Lúís Martínez.


mércores, 30 de decembro de 2015

CRÓNICA 5 PICOS (261215)

Como xa ven sendo habitual, o último fin de semana de decembro, algúns membros do Trisquel e outros compañeiros de clubs da zona realizamos a ruta dos "5 Picos". Para os participantes do club e de sobra coñecido cales son estas cimas, para os que no "Xiabre, Xesteiras, Castro Valente, Meda e A Cabana". Todos situados nas zonas de saída habituais , nos concellos de Valga, Pontecesures, Padrón e Rois. Nesta edición acopañáronnos todo un veterano no BTT e dos 5 picos, Gonzalo dos Ultreia e Luis de Brión, este si que ten kms nas súas pernas. Ademais este ano contamos cas novas incorporacións do club, Darío e Jesús, xa coñecidos de coincidir en outras probas con eles. Salientar que outra das flamantes incorporacións do club, Juan non puido asistir por motivos familiares, sumarlle outro socio que era asiduo desta ruta, Gulli, que tamén ten uns cuantos "5 picos" nas súas pernas. Pero a mais sonada incomparecencia foi a do noso avogado, o defensor das coiteladas indiscriminadas mais duras, o que se involucra en proxectos solidarios, o que nun fin de semana fai 400km entre mtb e carretera sen despeinarse, que se soe dicir, "saír a soltar". Supoño que son os problemas de ser autónomo nun país como este e que nada tería que ver cos dardos envelenados que se mandan entre uns cuantos amigos do club. (enténdase dardos envelenados como wasaps sen malicia entre amigos).
Como de costume salida desde Campaña as 09:00h, algúns cos nervios xa quedan para o café as 08:00h, e como de costume o noso David chega para desaiunar e xa non se atopa a ninguén, cousas rara!!!!!!. As nove todos puntuais, todos no, falta Javi, que baixa do coche as carreiras e cas raias da almohada marcadas por toda a cara....con todo esto vexo a Martín de non sei moi ben de onde, Perillo, Oleiros, Coruña, Noia, casado en Valga, o mesmo que ve unha rotonda e tirase de cabeza. O día anterior estaba algo indisposto pero fixo un esforzo e sumouse outro ano mais a Trisquelada. O resto da grupeta fórmana Chema, Agustín, Diego, Rubén (este veu porque non estaba a Panorama pola comarca que senón viría ca camiseta do Celta), Tino, Magariños, Uzal, Rubén Carro, Cristobal, Cadilla, Miguel, Churu, Iván e Alberto. 

Saímos cara o primeiro monte, "Xiabre"  subida polo pabellón de Cordeiro e xa se empeza a escoitar frases como "estas costas pra empezar.... esto non pode ser bo....." e non teñen razón, o frío que levas no corpo xa o quitas de vez. Pasado o tramo de asfalto pista central de monte ata os dous últimos kms de ascensión, outra vez por asfalto, cada un o seu ritmo, porque se eu collo o ritmo de Gonzalo non subo mais que un pico, maneira de andar o condenado!!!! Chegada a bo ritmo da grupeta, foto de rigor, poñerse os chuvas polo frío e descenso cara o Xesteiras.

Esta vez comandando Churu, recén bautizado "home peludo" non o temos moi claro o porque desto, dise que nunha ruta quedou enganchado nunha silveira e tiveron que chamar os desbrozadores para quitarlle os pelos das silvas!!!!!. Baixada diferente a de outras edicións, ata o punto de que por querer ir mais directos, levounos a entrada de Caldas de Reis para enlazar unha subida de Cuntis, que vamos a deixar en que foi medio pico mais, e sobre uns 10 kms a maiores do habitual. 
O chegar a subida, tendida ata os últimos kms, grupeta, pero cando pica duro, cada un o seu, e Gonzalo o seu, ritmo trepidante, que moi poucos son capaces de aguantar, claramente eu no, por iso sei o desenlace deste pico de oídas, jejeje. Outra foto de rigor, e antes de sair encárgase a comida, somos 21, dous abandonan por motivos familiares (Rubén mais Agustín, unha magoa que non puderan quedarse ata o final), e encárganse 25 bocadillos. As contas non salen, ata que Cristobal di que quere 3, eu que se alguén me axuda 2, e asi algún mais. Andar na bike non e que andemos moito Cristobal mais eu, pero comendo......... 

De Xesteiras a Castro Valente, baixada rápida e técnica por sendeiros e trialeras. Empeza a subida e o que mais e o que menos xa lle cheira o xamón asado, bacon o lomo...menuda prisa que levaban por comer!!!!! Na cima faltan algúns da parte dianteira do pelotón que no último cruce antes da caseta dos cazadores fixeron un recto debido a que ían ou moi rápido ou muertos e xa nin vían!!!! Outra foto, roupa de abrigo e baixada para Casa Dios en Herbón a repoñer forzas. 

O deste bar é rapidez, mesa posta, bocatas listos.... que mais se pode pedir!! Sentados na mesa comentando as xogadas vemos que faltan uns cuantos, e aparecen o lonxe nuns minutos debido a única avaría da xornada, unha rotura de cadea. Rematados os bocatas, cáenlle uns postres de xeados, donuts.... para deixar paso os cafés. Aquí sorprende un juvenil!!! Jesús pide un chupito de licor café, normal, que mellor reconstituinte a base de agua, cafeína e azúcar !!!!!!! 


Arrancamos por unha trialera cara a penúltima ascensión, e o ritmo e lento, moi lento, normal despois da enchente, ves que a xente quere falar e non e capaz case a respirar, caras pálidas suor frío, sabores na boca de xamón asado, allo...... pasados uns minutos xa se estabilizan os corpos, o licor café xa non fai efecto, e de novo rumba para el body, subida larga cun desnivel constante ata o kilómetro final de asfalto que pica algo, mais do que debía, condicionado polos kms acumulados nas pernas. Os comentarios na cima son os de todos os anos, hai que comer menos, parar menos tempo..... e ano tras ano pasa o mesmo, comemos coma...... Desde arriba ensinámoslle a quenes non o saben onde queda A Cabana, o último monte. Agora non fai falta abrigarse para o descenso, o tempo acompaña e brilla o sol, algo que se agradece en xornadas deste tipo. 


Descendemos de Meda cara A Cabana por Pazos e xa enlazamos rapidamente a subida, xogada a Jesús, que pagou a novatada o preguntar por onde era nun cruce,  "a dereita" el jiadiño colle a dereita, pero non era esa dereita!!! Novatadas que todos pasamos o primeiro, sen malicia ningunha.
Aquí preguntan os novos como é a subida, desde onde poden poñer un punto mais ou ata onde deben ir gardando. Dislle o que pensas porque é un monte dos de diario e coñécelo ben, pero o formiguillo pódelle, e non será porque non se lle dixo que ata o pilón foran gardando. Así Jesus e Darío saen co grupo de cabeza dándolo todo, e algún que outro comentou arriba que pagou saír tan forte desde antes do pilón. Como foi habitual nas cimas, Gonzalo e Chema sobradísimos e o resto cada un o seu ritmo. Foto do último pico, antes da hora que esperábamos, algo que en cada edición dos 5 picos vaise facendo mais rápida e a grupeta acaba menos cansada. Non haberá que descartar a idea de facer 6 ou 7 picos nos meses que haxa mais horas de luz. 


A última parada, a repoñer forzas a base de lúpulo, cebada e malta e tapiña proteica de mexillóns, o que algún sumou uns donuts para facer sopas! 


Todo isto nun ambiente de risas e compañeirismo, algo que é habitual nas diferentes saída de mañá ou de tarde, de mtb ou de carretera.
Foi un breve resumo da saída, o que queira saber o que realmente pasa, quen fai o que, ou sentilo de primeira man, solo ten que acompañarnos, serás benvido!

Crónica: Alberto Piñeiro.