O monte bola, je je je, que recordos da miña infancia, e de tódolos capítulos de SON GOKU. Así que comenzamos ca aventura:
Últimamente o Moroko non para co Whatsapp, e preparounos unha rutiña en terretoiro Das Cabras comandada por Denis e ca sempre boa compañía dos Ultreia.
Así que as 15:00 h partidos dende o club náutico rumbo a Gasolinera dos Ánxeles. Sen baixar de plato fixemos os 18 km nas nosas nubes kindo, para chegar con tempo suficiente de tomar un cafeciño ata que chegaron os nosos compañeiros de ruta.
Non me gusta buscar parecidos, nín poñer rol os participantes. Así que deixo a imaxinación e o gusto de cada un, buscar o parcecido cas pesoaxes de DRAGON BALL.
Unha vez que xa teñades repartidas as personaxes de animación cos participantes na ruta (espero que non vos vexades influenciados pola distribución das dúas fotos, je je je), fareivos un pequeno relato.
Partimos as 16:00 h do punto de partida enlazando o trazado da ruta de Ames organizada o ano pasado por CCAGC, cun trazado rodador acompañado dunhas pequenas rampas con bastante desnivel e pedras solta.
Fumos sumando kilómetros ata chegar a un precioso trazado paralelo o rio Tambre que fixo as delicias de todos para chegar a praia fluvial de Tapia.
Neste punto aproveitamos para repoñer forzas, planficar o noso seguinte obxetivo (encontrar o monte Bola), e quitar a foto de rigor.
Neste momento a nosa Bulma particular conetou o seu radar e encamiñounos hacia Bola. Non sen antes entrar na parte mais dura da nosa batalla cunha primeira subida bastante técnica (polo desfeito do camiño), para ir enlazando subida tras subida enlazando ca última parte da ascensión, donde sairon a relucir os autenticos super heroes e no caso de Simal en super guerreiro.
Xa ca Bola no noso poder buscamos novos retos e encamiñamonos hacia o Monte Pedroso por zoas de monte con algunha boa baixadiña.
Pero falando de baixadiñas as mellores ainda estaban por vir, xa que a altura da cima do Pedroso encamiñamos primeiro unha longa e rapida, e posteriormente unha parte do grupo fixemos o circuito de descenso de DH, ca mirada atónita e supoño cos comentarios dos rapaciños de descenso "Onde irán esos flipaos".
Unha vez reagrupados no Pombal continuamos por un precioso paseo o carón do rio Salera ata parte posterior do Clínico, onde nos despedimos do Ultreia, continuando o resto do pelotón por carretara ata Bertamiráns.
Xa os km se notaban nas pernas, e quen daría unha faba máxica para recuperar forzas e afrontar o último tramo. Pero a falta de fabas, atallos e Denis guiounos para recortar km, pero ainda poder desfrutar do tramo do rio que soemos facer habitualmente nas nosas rutas por esos terreos.
Pouco mais que contar, que o final sumamos 85 km e que desfrutamos de boa compañia e do deporte que nos une. Xa tarda a seguinte.
CRÓNICA: UZAL.
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarmuy bien por Uzal... jajajaja !!!
ResponderEliminarahora a por los 5 picos; a ver si os viene bien el 9, 16, 23 ó 24 de junio ???
abrazos a todos,
Simal
Ja ja ja.....que risas....magnifica cronica....joer moi ben traballada....tendes un grupo moi unido.....asi da gusto....espero qe sea 1de moitas rutas nas qe pedaleemos xuntos.....bueno pois nada un saudo moi grande pa todos...e en especial a ti Uzal agrdecerche esta gran cronica....
ResponderEliminarUFFFFFFFFFf 85km...Mete medo a cousa,pa sair con vos si que me van facer falta uns feixons máxicos pa seguilo ritmo. Hai moito superguerreiro en forma por ahi. Quedame claro que o songoku pode ser o Sr. Simal jejej e Chema que a base de deborar maratons pode ser Vexeta sen tomala hormona de crecimiento jejej. Pero o final atopachedela bola máxica que e o importante(Mercuto), e desfrutastes das baixadas que nos enxinou Ruben no seu día. Alegrame leer crónicas asi de entretidas e con esta fusión de clubes.
ResponderEliminarEn canto a min, xa que ainda non teño bike ando perdido por Namec e a contos con Caido nas tabernas ou na praia.
Ey volver en breves, asique espavile o de Bici Lambón e me entregue a miña nube quintos :)
Gran Crónica Mister Uzal, ti xa sabes que eres o gran guru, o que organiza o percal, asique non podes ser outro na película que O MESTRE MUTENRROY jajaja.
Veña parrokia en duas semanas xa nos vemos seguro. Apertas!!!!
Vos porque pensades que me manteñen no club?. Je je je.
ResponderEliminarPero que esperten rapidiño que o meu proceso de redacción e a miña imaxinación estanse a colapsár e necesito colaboración.
Despois non vou andar menos, entre o blog e as crónicas. Cando entreno eu?. Je je je.
Alégrome que vos gustase a crónica e vemonos na próxima.
UZAL.
PD: Anxo, acepto de boa gana o mestre Mutenrroy, pero tí vai regresando axiña que creo que quedan libres: Chi-chi, Oolong e Puar. Je je je.