xoves, 31 de maio de 2012

TOMAMOSLLE UN BTTINTO (RIBADUMIA)



ESTE PRÓXIMO DOMINGO A PESAR DAS MOITISIMAS ALTERNATIVAS, UNHA AMPLIA REPRESENTACIÓN DO NOSO GRUPO DESPLAZARASE ATA RIBADUMIA PARA PARTICIPAR NA 1º RUTA BTTINTO, NA QUE COLABORAN OS NOSOS VOS AMIGOS DO CDMXESTERIAS (CUNTIS).

EN PRINCIPIO NON POÑEMOS HORARIO DE PARTIDA COXUNTO, POR ESO RECOMENDAMOS CONCRETAR DE MANEIRA INDIVIDUAL. 

POR ÚLTIMO DEIXOVOS A SEGUIENTE DESCRIPCIÓN E TRACKS, PARA POÑERVOS EN SITUACIÓN: 


DESCRIPCIÓN DA RUTA (cortesía de Monso - Armenteira e punto):
En realidade son dúas rutas, unha de 46 kms, ou larga, de dificultade física e técnica media-alta, con puntos de nivel técnico alto e outra ruta de 33 kms, ou curta, con dificultade física-técnica media.
O percorrido inicial é o mesmo, pero ofrece dúas alternativas para acurtar antes do avituallamento (Km 20), na primeira sacámoslle 2 Kms. e na segunda sacámoslle 3 Kms. chegando así con 15 Kms ó avituallamento. As alternativas non só recurtan en distancia, senón que están deseñadas para evitar as zonas máis técnicas do percorrido, para que así tódolos participantes poidan gozar da ruta elixindo o percorrido que máis se adecúe ás súas posibilidades. As dificultades vanse incrementando, polo tanto se temos dificultades no primeiro tramo largo, o ideal será non probar no seguinte e escoller o curto.
Despois de repoñer forzas temos dúas posibilidades máis de recurtar o percorrido, unha nada máis saír do mosteiro de Armenteira, que nos aforra 5 kms e de paso tamén unha das subidas máis duras e técnicas da ruta. A outra no Km 30 (avituallamento líquido), onde acurtamos 3 Kms deixando de subir ó teito da ruta, 600 mts. Chegamos así a liña de meta con 5+ 8 = 13 Kms menos, e dicir 46 km. totales – 13 km. que acurtamos = 33 Kms de ruta curta.
Sairemos de Barrantes as 09:30, despois de dar unhas voltas polas principais rúas e de forma controlada, dirixímonos por asfalto dirección a San Martiño, pola entrada a Aldea de Pedra da famosa ruta da Pedra e da Auga. Seguimos a senda un rato, ata que nos desviamos dirección Cabeza de Boi cruzando a estrada da Armenteira. Neste punto aparecen as primeiras subidas que nos dan os primeiros sinais do que nos espera. Son pistas anchas, sen dificultade técnica hasta o km 6, entre Fofan e Castiñeira, onde unha rampa de pedras soltas nos fará botar pe o chan se non a encaramos con decisión.
Cruzamos a estrada Fofán Castiñeira e con unha rampa de asfalto, poñémonos no km 8, onde nos aparece a primeira alternativa. A opción curta non presenta ningunha dificultade salientable, mentres que a larga despois de un longo llaneo e unha pequena baixada, entramos de cheo nunhas rampas que coñecemos como Ruta dos Cabalos, que como non regules as forzas, fas pé seguro. Na metade, un pequeno respiro e unhas vistas da ría impresionantes A Toxa, O Grove, A Lanzada, (se te fixas ben, ves ata a xente na Torre de Hércules, pero tes que fixarte ben); e non te esquezas que queda outro repeito ata o vértice geodésico do monte da Queimada. Logo llaneo e leve descenso ata o km 12 onde se xuntan de novo as rutas a altura do Vicaño, para logo atravesar Valboa (aquí hai dúas fontes onde refrescarse) e novamente a estrada de Armenteira.
Conxuntamente ascendemos por un sendeiro e uns camiños de monte, que nos poñen a altura dos petroglifos (km 14).
De novo nos separamos e mentres uns descenden xa para o avituallamento, por un bonito sendeiro, outros seguirán subindo ata a altura do campo de golf, por un camiño de monte sen dificultade, para logo entrar nun singletrack moi divertido, que nos fará sortear obstáculos de todo tipo e algúns regatos sen dificultade.
Entramos despois nunha calzada romana en baixada (camiño dos Tornadoiros), solo apta para algúns, (“mariachi puro”, como dín por ahí) pola dificultade técnica que presenta.
Saímos a unha pista ancha, en lixeira subida, poñémonos enseguida noutra baixada espectacular (do mellor do día, pero que require de un bo nivel técnico), sendeiro estreito que zizagueando e sorteando árbores, valos, pontes de madeira e algunha pedra agochada déixanos no mesmo avituallamento cun sorriso de orella a orella. (Entre as 11:00, 11:30 h sería o ideal)
Comemos e hidratámonos despacio, saboreando, no marco incomparable do mosteiro de Armenteira (onde o santo Ero quedara 300 anos embelesado mirando un paxariño), e vamos pensando, se acurtar, ou facer o que, a priori, e a parte máis esixente do percorrido. Comezaríamos con unha zona de pedras moi esbaradizas en lixeira baixada, para adentrarnos na carballeira de Cartas, un sendeiro espectacular que nos ira guiando ata Couso por unha mezcla de camiños, carreiros e corredoiras moi divertidos.
Neste punto atopámonos de novo na Ruta da Pedra e da Auga, nunha das cotas mais baixas (vinte e poucos metros no Km 24, con 10 Kms por diante para poñernos nos 600 mts).
Comenzamos a subir dende Couso polo camiño do Chimpelete, recordaredes este nome porque as rampas "se las traen"; pequena baixada e volta a subir unha rampa caseque imposible, para logo atopar a estrada Silván Armenteira, pequeno descanso para coller o camiño do Castelo, unha muralla de pedras ó que solo lle falta o foso para facer honor o seu nome. A altura do cruceiro do Castelo (sen cruz), arrexuntámonos de novo cos da ruta corta, que se aforraron os 5 Kms máis duros da ruta.
Sorteando os prados de Vilar, continuamos en ascenso por uns trillos, como din os portugueses, para alcanzar unha pista que llaneando primeiro, a altura dos outeiros de Silvan, volve a sacarnos as poucas gotas de suor que nos quedan.
Unha vez de alcanzar a pista dos petroglifos as porcentaxes de inclinación diminúen, adentrámonos nun piñeiral, sorteamos un regato e a través dunha pista ancha chegamos ó avituallamento líquido do Km 30.(12:30 13:00 h, máis tarde recomendase non subir ás antenas).
Os que aínda lle queden forzas subiran as antenas do Castrove pasando por outro punto onde as vistas, neste caso da ría de Pontevedra, son para flipar, co a illa de Tambo e a cidade de Pontevedra (nin un fiordo noruegués). Antes de escomenzar a baixada nova panorámica, neste caso toda a Ría de Arousa e o Val do Salnés, rodeado polos montes do Acibal, Cadavo, Arca, Xesteiras, Xiabre e Lobeira.Espectacular.
Baixamos por unha pista rápida e collemos unha senda moi bonita que nos deixa noutra pista (do Icona) xunto cos da ruta curta. Uns metros máis adiante baixada rapidísima, non exenta de perigo, para afrontar a última alternativa. Trialeira uns, camiño rápido outros. Os primeiros despois dunha baixada de alta dificultade técnica chegaran ó Bike Park, este require calificación a parte. Sendeiro en baixada divertidísimo, pero con dificultades intermedias que requiren de moita destreza, non apto para todo o mundo, polo tanto moita precaución e non entorpecendo o que veña detrás e queira ir máis rápido. Alucinante.... esa e a palabra.(para repetir un cento de veces).
O remate do Bike Park ( Muíño das Salcedas, km 39 aprox.) volta a agruparse, para facelo definitivamente ata meta. Sendeiro que nos acerca a San Salvador de Meis, para logo dunha encruzillada de asfalto, poñernos de novo no monte en pequena subida, pero coas forzas xustas a estas alturas e percorrendo uns camiños cubertos de frondosas arboredas. Aínda nos agardan unhas últimas baixadiñas, facéndonos esquecer esas calambres que nos acechan nos últimos metros, antes de entrar na meta diante do concello, co recoñecemento e os aplausos dos alí congregados.
TRACKS DAS RUTAS EN WIKILOC:

Ningún comentario:

Publicar un comentario