Ante a proliferación de marchas e probas non autorizadas a cargo de clubes e asociacións (algunha delas non rexistradas na Federación Galega de Ciclismo), e non cumprindo cos requisitos para ser legalizadas, transcríbese a continuación algún dos artígos do Regulamento UCI do Deporte Ciclista que se pode ler na sua integridade neste enlace
Trancripción que se cita…....
"1.2.016 A federación nacional e a UCI poden esixir que a denominación da proba sexa modificada, por exemplo, para evitar a confusión con calquera outra proba.
1.2.017 Ningunha proba pode ser designada como nacional, rexional, continental ou mundial, como campionato ou copa, ou cunha denominación que suxira devandita condición, salvo nos casos previstos expresamente polos regulamentos da UCI ou salvo autorización previa e expresa da UCI ou da federación nacional competente, no que concerne ás probas do seu calendario nacional.
1.2.018 O organizador debe evitar dar a impresión de que a súa proba ten unha condición que non lle corresponde.
3. Probas prohibidas
1.2.019 Ningún licenciado pode participar nunha proba que non estea inscrita nun calendario nacional, continental ou mundial ou que non estea recoñecida por unha federación nacional, confederación continental ou a UCI.
Pódense facer acordos especiais para probas ou manifestacións particulares pola federación nacional do país no que se desenvolve a proba.
1.2.021 En caso de infracción do artigo 1.2.019 ó 1.2.020, o titular da licenza será sancionado cunha suspensión dun mes e unha multa de 50 a 100 francos suízos. “
O que se comunica por medio desta páxina web para xeral coñecemento dos interesados en organizar e participar en probas e marchas non autorizadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario