domingo, 22 de abril de 2012

210412 DIA SPECIALIZED NO RUBIAL


Pascua, Pascuilla e para rematar o mes, celebramos a feira de Abril (versión galaica). E coma somos cabezóns volvemos O Rubial = A Cabana, a facer a segunda parte da marcha dos OEAS, pero directos a facer a parte mais dura, cas subidas mais técnicas e a bo ritmo, que digo ritmo, ritmón, que a xente tiña presa por volver, que non sei de un clásico que se xogaba ese día Je je je.

Destacar que para enlazar co principio da subida, antes fixemos unha boa sesión de trialeras. Para que vos situedes, as que se baixaban o outro día na marcha, pois nos para levar a contraria............................

Estaba claro que a xente andaba nerviosa polo tema do horario, e unha  vez que coroamos a zoa do deposito de auga, xa se desmadrou o revaño, os mais cargados rematamos pola pista, pero os killers coroaron seguindo o trazado da marcha OEA, cun ritmo eliminador do noso home de negro (Javi), que foi continuado polo noso home 101 peregrinos (Moroko), que para poñerse a proba para este próximo finde, sacou todo o seu recital das clases de spinning (Comentario de Iván), para marcar un ritmo que nin os da pista lle pudemos seguir (unha vez intercetados, e apesar do amago de Boby). E que rematou ca súa cosquita en solitario da caseta.

Coma castigo por ir de sobradillo, castigámolo a quitalas fotos e que así non lle queden probas para relatar  a súa fazaña. Je je je. 


Este día tamén será recordado polo paso de Boby o equipo SPECIALIZED, formado así grupo de montura con Elías e Agustín. E facéndolle guerra directa o equipo scott, ata agora o mais numeroso.

Pouco mais que contar regreso pola zoa do Mortirolo, desfrutando desta longa baixada, e do ben que está o monte para a práctica do BTT cas últimas chuvias. Je je, un xogo de nenos.

Crónica: Uzal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario