luns, 8 de xuño de 2015

060615 4ª RUTA BTT TINTO.


BTTinto 2015. Creo que podo resumila en dúas palabras: alegría e dureza. Alegría porque, sen estar ó 100% despois da gastroenterite que me tivo noqueado varias semanas, por fin (POR FIN!!!) volvín notar que as pernas respondían e que as sensacións eran notablemente boas. Gracias a todos aqueles que me destes ánimos e consellos nestes días. Que Deus volo pague! Emoticono tongue


Dureza porque a ruta larga deste ano foi especialmente esixente, sen concesións ó descanso, cunhas subidas que facían que o corazón se saise do peito e unhas baixadas terriblemente técnicas que deixaban os brazos a tremer. E todo iso acompañado dunha calor extrema e un polvo que se levantaba como néboa e se pegaba á pel e nos ollos.

Polo demáis, coma sempre unha ruta es-pec-ta-cu-lar, moi concorrida e con moitos amigos e compañeiros de batallas. Desconfiado do meu propio estado físico os primeiros km non me esixín demasiado. Segundo fun avanzando, atopábame mellor, case coma nos mellores días. Moita 'petada' de subidas, auténticas paredes pero que, para a miña sorpresa, as pernas afrontaron con solvencia. Moi boas sensacións. Cómodo nos tramos de rodaxe e confiado nas baixadas, razón pola que dei co meu traseiro no chan un par de veces, jajaja

Non podo deixar de darlle a miña noraboa á organización da BTTinto quenes, non sei moi ben cómo, cada ano conseguen mellorar o que de por sí parece inmellorable, convertendo este grande evento deportivo nunha festa do ciclismo. Gracias por ese traballo do que nós, os bikers, levamos a mellor parte, que é disfrutalo.

E gracias ós compañeiros deste clube, o Trisquel, que sempre conseguen que o pasemos en grande e sempre o damos todo. Que xente descoñecida te anime polas cores que levas ó lombo ó berro de "Vamos trisquel!!" xa o di todo.



Crónica: Luís Martínez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario