luns, 4 de maio de 2015

020515 VI 101 PEREGRINOS

OS 101 PEREGRINOS 2015.

Esta edición dos 101 comezou para min o 13 de novembro, cando recibín unha mensaxe de Alberto dicindo, “xa estou apuntado ós 101, e ti xa estas tardando”. Así que nin corto nin perezoso, ó día seguinte xa tiña asignado o dorsal 1098.


                Comeza ahí a “preparación” para os nosos primeiros 101, co fin de poder facelos disfrutando ó máximo de cada un dos kilómetros que forman parte desta mítica e cada vez máis concorrida proba.
Neste punto vou facer mención especial a un compañeiro do Trisquel chamado Cristobal, o cal exerceu a modo de entrenador do “Black Edition Team” acompañándonos en cada unha das saídas que facíamos e, por suposto, apretándonos as tuercas, jjjjjjjj.
Así que, sen máis preámbulos, situámonos no día 1 de maio, coas bikes cargadas no coche e listos para emprender viaxe hacia Ponferrada, xunto cuns bos amigos do Club Ciclista do Salnés (Juan, Darío e Jesús).
                Día 2 de maio, 7:40 am, Km0. Ahí estabamos nós, sen apenas durmir (típico nalgúns trisqueis na noite previa a unha ruta, jjjjjjj) e cun día que se presentaba perfecto para unha gran xornada de bike. Mentras tanto, revisabamos as monturas en busca dalgún pequeno detalle que puidera supor unha avaría ao longo do día. Eso sí, a foto do “antes” non podía faltar, pola contra, a do “despois” ía a tardar un pouco en chegar.


E así chegou o momento máis agardado, 8:30 am, SAIDAAAAA!!, e facendo caso do sabio consello do Moroko, saimos coma tiros tentando coller as mellores posicións para evitar os temidos embotellamentos do principio. Pero esto resultou ser máis difícil do que cría, xa que por moito que tirábamos, o pelotón non se estiraba, era como se todo o mundo seguira o consello de Moroko, jujujuju. ¡Isto prometía!
                Comezamos agrupados cos nosos colegas do Salnés, os cales impuxeron un ritmo moi alegre durante os primeiros 30 km. Xa desde o principio o barro avisaba de que él tamén formaría parte do espectáculo, e foi ahí cando a miña transmisión comezou a dar algún que outro aviso de que o barro non lle estaba sentando demasiado ben (unha mangueira na porta dunha casa e un pouco aceite solucionaron o problema). Pouco despois, nunha desas baixadas que quitan o hipo, un dos nosos compañeiros do Salnés sufría un pinchazo con rajadura de cuberta incluida, avaría que tamén se solucionou sen maior problema nun dos talleres situados nun punto de control próximo. As paradas nos avituallamentos eran frecuentes, eso sí, breves, moi breves.
                Km 45. Este punto kilométrico marcaría un antes e un despois na ruta, xa que aquí daba comezo unha descomunal subida de 25 Km, que fixo trizas as pernas de máis de un, entre elas as miñas, só de pensalo xa me doen as “patiñas”. De todas formas, todo ten o seu lado bo, e é que rodando a 6Km/h un aproveita para falar coa xente e preguntar se queda moito para que acabe o calvario, jujujujuju.
                Km70. Despois de máis de 1 hora de subida sen descanso comezaba o que máis lle gusta a un servidor, a impresionante, longa e preciosa baixada, con trialera incluida (espectacular e moi técnica por certo, ó puro estilo Trisquel), na que, mentres baixaba, non podía evitar recordar e susurrar o berro do maestro e veterano Piru!!! Parada un pouco máis adiante a repostar e tiiiiiraaaaaa.
                Km 80. A longa baixada colocábanos neste punto no que as pernas xa daban aviso de que non estaban para moito trote, pero ainda quedaba moito que roer. Foi a partir deste momento cando comeza unha serie de subidas e baixadas sen descanso ó puro estilo rompepernas, nas que o máis mínimo repeito se facía unha enorme costa arriba.
                Km 90. A pesar de que nun principio, cando vin o perfil da ruta, non lle din maior importancia a este tramo do percorrido, este íame a supor unha traba para finalizala, xa que aquí comezan os 10 km máis longos da miña vida, son momentos nos que se tira de corazón e orgullo, porque as pernas xa non dan para máis, pero ahí estaba o meu Albertiño, para facer equipo, e poñer un ritmo máis que aceptable para rematar a faena cun bo sabor de boca.
                Km 100, normalmente non adicaría un parágrafo para falar de somentes un kilometro nunha ruta tan longa, pero neste caso fago mención especial a este punto da ruta, porque foi aquí cando Alberto, fóra de todo pronóstico, queimou o seu derradeiro cartucho (e vaia cartucho), marcando un ritmo que convertiría para min esos últimos metros en ¡¡kilómetros!!
                Así que, despois dunha ruta longuiiiiisima e agotadora, chegaba a hora da foto do “despois”, na que xa se olvidan todos os males e calamidades sufridas durante o día (un pouco de pizza de unhas birras axudaron).   


E isto foi máis ou menos, e contado dunha forma resumida, o que pasou nas 07:16:43 horas que nos levou facer esta preciosa e durísima ruta, á que por suposto, voltaremos o próximo ano.
               
Crónica: David Franco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario