O bo tempo animou multitude de ciclistas a estar presentes na saída de Carballedo, baténdose con 423 anotados o record de inscrición da carreira.
O máis rápido en completar os esixentes 58 quilómetros de percorrido foi o ciclista júnior do CC Maceda Brais Sendín (2:42:29), que dominou a proba dende o inicio. Acompañárono no podio Manuel Ángel Parada e Javier Busto.
En categoría feminina a gañadora foi Susana Alonso,cunha gran vantaxe sobre os seus rivais, mentres o Borjas Bike Team se impuxo na categoría por equipos.
Para os representantes do noso clube (Miguel Penedo, Agustín, Alberto Piñeiro, Rubén Castiñeiras, Cristóbal e Uzal), non foi esta a sua mellor participación. Xa que por diversas averías ou sensacións, restaronlle posicións na clasificación.
Destacar a carreira de Miguel Penedo, mellorando claramente os seus tempos e clasificación da edición 2014.
Destacar a carreira de Miguel Penedo, mellorando claramente os seus tempos e clasificación da edición 2014.
E a Agustín Castro, que a pesar das distintas averías que sufreu, fixo unha gran remontada.
Pero o importante e que por terceiro ano consecutivo seguimos estando presentes nesta proba do calendario Galego BTT Maratón.
Resultados: http://www.magmasports.es/spa/eventos_ficha.php?var1=Transgalaica%202015%20Cotobade&nar1=307
A Transgalaica terá a súa segunda parada o próximo 22 de marzo en Porriño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario