martes, 30 de decembro de 2014

5 Picos 2014

27 de Nadal do ano 2014.
5 Picos do Trisquel.
95 kms.
Comparecen: Moncho (CDM Xesteiras), Gonzalo (Ultreia), Diego, Xabi, Agustín, Rubén, Iván, George Vidal, Moroko, Uzal, Martín, Cadilla, Alberto Piñeiro e este que escribe.
Lugar: Campaña.
Hora: 9 da mañán.

Bueno bueno bueno... pois ala, outros 5 Picos rematados... outra magnífica xornada de bici, e por fin, uns 5 Picos en seco, por primeira vez...
Pero este sistema de ruta, estimados amigos e lectores, hai que cambialo... vaise cambiar... tense que cambiar.

Pico 1- Xiabre (1ª categoría)
Ritmo suave, pelotón agrupee (salvo por algunha pintoresca alternativa do Moroko). Ao comezo do asfalto na parte final, tramo libre, que evidentemente é optativo para todos menos para Gonzalo. Foi escoitar "tramo libre" e xa estaba 200 mts diante nosa... ía e vai frenado. Gran tipo, gran amigo e mellor biker. Estes foron os seus terceiros 5 Picos, no podio por detrás do Moroko (3 + 3 picos) e máis do globero de Gulli (3 + 2 picos).
 Foto de rigor. Descenso hacia Carracedo.

Pico 2- Xesteiras (Categoría especial)
Ritmo en aumento ao pasar Carracedo (lugar este de  grandes aventureros solitarios), sobre todo cando ao  pouco de pasar de Magán para arriba, o Moroko en plan Cancellara tensa do grupo ata rompelo e deixar que o podio neste coloso, neste impresionante monte sexa cousa de tres...ou non, pois por pouco, xa que se a subida chega ter uns metros máis, Martín o de Noia se papa ao Moroko e a Gonzalo... Este é o PICO, aquí non se reserva... e aquí Martín como antes fixera en Xiabre, estivo inconmensurable... Hummm... imos ter que vixilalo máis de preto... un rival perigoso...
Moncho, enviado especial á nosa ruta do CDM Xesteiras de Cuntis, neste alto xoga en casa... pero no descenso, uns por outros e por pouco se nos perde... Menos mal que, coma coñecedor do monte dixo -por aquí teñen que pasar- e pasamos...
Aqui pon punto e final a esta edición Rubén... logo dunha contradictoria ascensión a súa: tiro coma un tolo ao principio e despois chego arriba de milagre, petado coma unha castaña.. Digno deser analizado en profundidade nunha crónica monográfica. Méritos fixo máis que de sobra para ela. En Ribadumia ainda se lembran del...


Pico 3- Castro Valente (4ª categoría)
Logo de baixar Xesteiras por Requian, por unha antiga e maravillosa trialera, hoxe en día unha autopista para bicis, logo de chegar á carretera da Estrada comeza esta pequena subida que nos leva ata o alto. A única dificultade que había era unha pista moi rota que ascendía ata á parte final.  Hoxe, lamentablemente,outra autopista...
Neste sentido, Castro Valente, non se pode considerar máis que unha tachuela...
Foto de rigor no suposto alto, chamada de tlf. á Casa Dios de Herbón para encargar os bocatas, e super descenso pola (outra máis) autopista para bicis con interiores, exteriores, adiantamentos de infarto... e un siga esperando para George Vidal... anda ca teima de facerme un interior...
Únese ao grupo Cristobal, en btt obviamente, esta vez no le daba igual...



Pico 4- Meda (2ª categoría)
Acabar de comer e comezar a subir hacia Meda, pois que queredes que vos diga, apetece máis ben pouco.
A cara de Uzal dunha cor branca branca, anticipa unha inmninete cagada detrás dalgún pino... O home parece ser que estaba mal do estómago... que non sabía de que podía ser... Sabido é que se te xuntas con malas e nocturnas compañas de nome Alberto e apelido Piñeiro e andas nos días previos a xerrear con este truan, sorte a de Uzal se únicamente doeche o estómago. Ao final quedamos sen a cagada prometida, e non fora porque o home non tivera gañas... pero sabe que se arriscaba a escoitar mil e unha historias (e vaciles) e a unha crónica seguro.
No descenso aparece Tino, fresco fresquísimo para subir con nós o último col da xornada. Algún mal pensado (por non dicir todos) andaba a dicir que coñecendo á personaxe, descansado coma viña, nos ía sacar as cores a todos... dende logo, hai que ser mal pensado... desconfiar asi de Tino... por favor, se sabemos todos que él isto nunca o faría...
Xunto co susodito apereceu tamén Piru e xusto antes de chegar ao Scala, únese á festa Mario...
Xa somos 16... menuda grupeta...
No tramo de transición de Meda a A Cabana o pelotón agrupado afronta o km 75 da ruta...terreo llano. Estamos no km "preferido" de Alberto Piñeiro, o km das grandes petadas... Afortunadamente para el e desgraciadamente para min que tería carnaza fresca para esta crónica, nada aconteceu... E claro, a partir dese km o home de Extramundi liberouse e veuse arriba... anda que non tivemos que aguantar nada... O Moroko andaba a dicir que cada vez que marchaba de ruta na bici, a muller quedaba toda contenta por non aturalo...jejeje...

Pico 5- A Cabana (2ª categoría)
Ao comezo desta subida coménzanse a escoitar os míticos "aahhhiiiii..." de Diego máis e máis lonxe, síntoma evidente de que o Moroko tensou outra vez en plan esta vez Tony Martin... grupo en mil pedazos e batalla individual ata o cumio.
Antes da fonte, onde comez o duro desta subida, escrito no chan o noso amigo Tito deixou constancia do seu paseo matutino pola Cabana cunhas palabras de ánimo. Todo un detalle si, pero para o ano xa sabes, último finde do ano... anota.
Foto de rigor, caras de cansancio en todos... ¿todos?... todos non... George estaba cunha cara de relax absoluta. ¿Esforzo? ¿sufrimento?... esas palabras no vocabulario deste non existen. Como diría o outro, lamentable...
Por certo, queda constancia na foto de como se debe levantar unha bicicleta... Todas esas fotos que por ahí aparecen ou circulan con algúns amagos de bikers imitando esta inimitable pose, son patéticas imitacións... (nunca penséi que me gustara escribir tanto estas crónicas-puñaladas... jejeje)
















Este foi o último ano dos 5 Picos tal coma os coñecemos.
Aquí ninguén entrena (lamentáble frase que normalmente sale dos que máis entrenan e que nunca me escoitaredes dicir a min pois eu se PODO entrenar ENTRENO), pero fai tres anos costaba un moito rematalos e agora a xente remata fresca, xogando aos sprints, en definitiva frescos frescos... e iso non pode ser... co bonito que é ver chegar a Tino petado no 2011 pola Cabana arriba, ao Moroko e máis a Diego abandonando en Castro Valente no 2013, a outros dando volta antes de ascender o definitivo Xiabre no 2012... eso era o bonito...

Escoitanse tambores de 6 Picos... Muralla, Xiabre, Xesteiras, Castro Valente, Meda e A Cabana...
Sonar sona ben... ou non... xa non sei...

A todo esto, Cadilla e Xabi, Xabi e Cadilla... dos hombres y un destino: ¿quen pode falar menos...? Difícil...pero pode ser o comezo dunha grande amistade... ao tempo...






1 comentario: