martes, 16 de setembro de 2014
Volver, volver y volver
Bueno bueno bueno, logo dun verán de carretera e asfalto, de flacas e rodas estreitas, por fin, este próximo sabado 20, ás 16 horas, por fin dicía volve, volta, regresa... ¡¡¡¡o monte!!!! e con este as silvas, os toxos, as benditas pedras, trialeras e sendeiros que tanto tanto se botaba de menos. Voltamos ao noso habitual medio de subsistencia se de bicicletas falamos... e volven as maravillosas tardes de chuvia e vento, de frio, de nocturnidade... regresa a diversión, regresan estes tolos do Trisquel.
Pero claro, este regreso da tempada de saídas oficiais trae consigo dúbidas, preguntas sobre o transcurrir deste novo ano Trisquel de monte:
1- ¿Invertirá e arreará a xarda Uzal nunha nova bike ou seguirá sendo como a virxe do puño?
2- ¿Seguirá Toño, cando chamen por el, mirando para arriba?
3- ¿Continuará Tino exhibindo as súas habilidades para a trampa, para as marullerías e demáis artimañas?
4- ¿Será capaz Moroko de seguir este ano a roda de Diego? ¿e con que nova bike nos sorprenderá este inverno?
5- ¿Conseguirá Maga aguantar a presión e ser o único 26 do pelotón? ¿e será capaz de manter a espectacular forma física que ten agora mesmo, tanto que ninguén lle aguanta o ritmo rodando?
6- E Alberto Piñeiro... ¿PODEMOS contar con el en horario de tarde?
7- ¿Seguirá Diego ca teima de buscar retos imposibles?
8- ¿Martín o de Noia continuará ca súa espectacular progresión no monte e seguirá voando enriba das pedras?
9- E os meus amigos da Ponte David, Javier, Pablo e Alberto... ¿continuarán dando a Volta a Catoira de chandal pois asi creen que pasan desapercibidos? ¿creará Javier escola definitivamnete de como se deben baixar na bici unhas escaleiras?... e Tito, ¿animarase a facer unha ruta longa con nós?
10- ¿Encontraralle Maga por fin parexa ao bo de Piru este ano?
11- ¿Tomarán por fin a alternativa os yoguríns do clube, Chirstian e Rubén e amosaránnos día tras día a tija das súas bikes?
12- ¿Serán capaces o clan de Isorna, Ivan e Jorge, de volver a ser os xefes das baixadas...? Práctica perderon, pero a teoría Jorge coñecea moi ben....
13- ¿Seguirá Cristobal -Salgo en bici.. -tanto me da, btt o carretera?
14- E Andrés... ¿onde ostias está Andrés?
Xa sabedes, se algún ten interese en coñecer a resposta a algunha das cuestións aquí expostas, sábados 16 horas dende o Belen de Campaña (15:30 para os que queiran tomar un café).
Así pois, señoras, señores... recomencemos...
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario