martes, 9 de setembro de 2014

A carretera do Trisquel

Mes I despois da traición.

 Quen me ía dicir a min, co que eu teño "rajado" da carretera, que este par de cuñados tolos que sempre me acaban liando para todo, me acabarían de convencer para acabar mercando unha flaca desas de rodas estreitas. Queda claro, que nunca digas nunca xamáis, pois logo, e con razón acabas escoitando eso de...: -¿pero ti non dicías que nunca terías unha de carretera?... ¿pero non lle tiñas medo aos coches?... esquirol... o asumo e teño que calar. Cando teñen razón, non queda outra.
    Teño que dicir de entrada que pensei que me ía enganchar menos. Eso si, un nota claramente que este non é o seu medio habitual, pero non queda outra que intentar habituarse o antes posible, pois senón cando te das conta vas máis solo que a unha e ponte a recuperar ti logo...
    Gran parte de que esto nos este gustando débese aos percorridos que o Magariños cada domingo se curra. Llaneo, rodar, puertaco, parada no bar, rodar, emboscadas... por un momento sintes, pensas que estas disputando unha daquelas etapas de ciclismo mítico, como cando Coppi atacaba ao comezo dunha etapa e pasaba cinco cols el solo con Bartali detrás na súa persecución... ou cando algun atacaba a media etapa para logo esconderse nun bar, tomarlle unha, e facerlle meter un calentón ao pelotón perseguindo a un ciclista que ía a cola de grupo... tal cual se fai os domingos de carretera do Trisquel... En todas estas artimañas, trampas e demáis parecidos sinónimos que se vos poden ocorrer, un nome que non necesita presentación: Tino Lestido. Las sabe todas y él sabe que las sabes... peeeroooo... nada que obxetar... que ben se pasa. Recoñecido queda.
    En fin, que si, que ao final me-nos gusta esto da carretera, gústanos porque mola e moito sair todolos domingos un grupo cada vez máis numeroso, gústanos pois se no monte o grado de compañerismo, amizade e camaradería xa era moito, na carretera, como maioritariamente vas agrupado e falando con este, e máis tarde con outro e logo con aqueloutro, todo ese grado de multiplica por moito. Mola e moito ver a un grupo de amigos, de compañeiros maioritariamente vestidos de verde Trisquel facendo EQUIPO,  iso sen dúbida é o mellor e o máis importante... pois logo de rodar e compartir subida con Martín Lestido, queda claro que o noso e disfrutar da bici, mirar de alguén que che pague a cerveza ou alternativa e asumir que a bici é para pasalo ben.

Agora ben, viva o monte e a bike de montaña...

 Crónica adicada a Martín o de Noia... gran amigo e mellor persoa... el sabe porqué.

Ningún comentario:

Publicar un comentario