Unha frase: Moroco, ¡¡¡aparta!!!
Unha contestación: Vou apartar polo carallo, onde vassssss.
Unha reacción do que nada ten que ver neste "diálogo" pero que o escoita: yiihiiiiii... e acelera.
Unha consecuencia: A AVERÍA deste último ou como unha cámara tal como se fora unha mesma anaconda queda enrollada á suspension da flamante Piru 29 logo de salirselle o neumático da llanta.
Logo do estupor e asombro, unha afirmacion: están tolos estes trisqueles...
E iso que o a ruta do sábado 31 de maio foi ben entretida...
Diego, Pablo, Javier, Alberto Tuñez, Moroko, Iván, Maga, Martín, Agustín, Rubén Carro, Piru e este que lles escribe saímos en plan verano azul hacia Catoira para reunirnos alí con Iván, Rubén e Jorge e dende ahí, utilizando a primeira parte da Ruta de Catoira deste ano subir primeiro ata os muiños de Vento e dende ahí ir á busca do obxetivo dese sábado, O Xiabre. Estivo ben esta primeira parte, sobre todo, como no meu caso non poidera asistir a marcha dos Vikinbikes. Interesante, entretida e esixente esta parte que tivemos a ben facer. Noraboa.
Logo, xa na pista principal do Xiabre, a que leva ao aburridísimo, soporífico asfalto que chega ata o cumio, decidimos que este non é sábado para ascender este col pola comodidade do cemento, e confiando no Moroko, que asegura saber unha alternativa para dende ahí chegar ao camiño que sube pola parte de atrás, encomendándonos a este suxeto, alá que vamos... algúns tranquilos, outros menos, outros como Martín a 140 pulsacións subindo (imos ter que controlar a este de Perillo pois está andando fino fino e iso preocupa no pelotón...) e incrible, alternativa perfecta, variante inédita e tramo libre ata arriba por ese maravilloso empedrado, tan técnico e tan duro,que fai que subir ao Xiabre por este lado convirta esta ascensión nunha maravilla, sobre todo se o comparas ca facilidade e ca comodidade do outro lado... bahhh... asfalto...
Fotos de rigor, chegada de Alberto o da Ponte (outros estes da Ponte que merecen unha crónica...) descenso e comezo da "show" de Piru e da súa 29: dous llantazos, á vez, un cada roda... digno de ver... logo do arranxo e de meterse en "batallas" alleas que non eran da súa incumbencia, o episodio da anaconda na horquilla... ata nesto o noso Piru é innovador, bueno, nesto e na "magnífica" colección de fotos cas que nos deleita no grupo do wattaps...
O "clan de Isorna" tamén aportou o seu: como o Rubén andando o que anda na bici, é dicir, case nada, pode dar a guerra que da...vaia fenómeno... como o Iván sabe facer un semiinvertido como se nada... e como unha tarde sen a teoría do electroquímico Jorge non sería a mesma... vaia tres, tan diferentes, tan semellantes... tan de Isorna.
E nada, unha boa cancion para que sexa boa ten que ter un bo estribillo, pois do mesmo xeito, unha boa ruta para que sexa boa ten que ter, como así foi, ao remate unha boa cerveza ou bebida alternativa (nesta da bebida alternativa o Maga vai facer algún tipo de comentario nada constructivo)... lástima que non houbera ningén que se dignara a pagarme esa bebida alternativa...
Ningún comentario:
Publicar un comentario