mércores, 7 de maio de 2014

CRÓNICA DUNHA AVERÍA ANUNCIADA - 101 PEREGRINOS.

Un mal presentimento rondaba a cabeza deste que lles escribe o día anterior, e así o expresei. Non sei, un montón de marchas ás que acudín, 101 e Soplao incluidas no 2013, e ningunha avería. Por eso me daba a min que nesta edición dos Peregrinos, algo ía ocurrir. Pero o q non esperaba é que o destino acabara sendo tan cruel...
Pero recomencemos...:
Os oito Trisqueles parten rumbo Ponferrada parando a "repostar" (algúns) bocatas e bebida na área de servicio na que o Moroko, sempre sempre que se pasa por ahí, para. Ou si ou si.
Unha vez en Ponferrada, acomodo de bicis e de equipaxe no hotel e posterior recollida de dorsais e búsqueda dun lugar para cear, lugar este que ao final foi o recomendado polos Trisqueles que no ano anterior, con motivo dos 101 tamén, pernoctaran nesta cidade.


Ainda que a saída estaba programada para as nove da mañán os oito Trisqueles estabamos 1 hora e cuarto antes no lugar de comezo, na pista de atletismo do complexo deportivo do Toralín. É máis, este que lle escribe axudou aos operarios a montar o arco da saída. Para qué despois diga Magariños que un non traballa. Cando estamos todos ben colocadiños, dinnos que debemos de sair para pasar polo punto de control que, a pesar de que o programa dicía que as portas abrirían ás 7:30, non está montado e que cando accedemos finalmente para o lugar de saída, son ás 8:40, vinte minutos antes. Un erro, ou un fallo. Seguro que para o ano non se repite.
Dos oito Trisqueles, seis deciden ir agrupados (Martín, Alberto, Moroko, Agus, Diego e Uzal) e dous (Toño e Gulli) por libre. O importante a esta altura asegurar unha boa posición na saída e despois, durante os primeiros kms, conservala.




Unha vez comezada a proba e logo de retirarse o coche o ritmo é frenético, pero extrañamente para min, pois eso de sair en frío a tope nunca foi o meu, encontrome ben, moi ben diría. Pasamos o primeiro punto de avituallamento e a saída deste lugar a carretera abandonamola xirando á dereita para logo comezar unha subida con bastante porcentaxe.


Observo a Brandan e a un incauto de maillot negro que vai a súa roda. Por detrás, o grupo no que vamos os dez primeiros, xa abrimos un oco considerable... comeza a subida e vexo que cun ritmo que considero asumible, vou pasando para diante... un sonido, un chasquido da provinte da parte inferior da miña bici faime presaxiar a catástrofe, catástrofe esta que se confirma cando dou pedaladas ao vacio. Rotura de cadea. Os 101, que tanto preparara, aos 6 kms, remataban. Unha vez asumido a fatalidade dicidido que vou facela ruta en compaña dos Trisqueles agrupados, tranquilamente poño a cadea no lugar axeitado para operar nela e saco o troncha. Mentras bikers e bikers van pasando polo camiño, algúns xa incluso, botando pe a terra. Unha increíble e caótica marabunta. Por algo é bo sair diante.
Cando estou en plena "operación" un raio de provinte de Extramundi e de nome Alberto P. abalanzase literalmente enriba da miña bicicleta a axudar. Polo outro lado aparece Uzal, eléctrico... e o que a continuación relato é a inesquecible para min maneira de actuar dun compañeiro ao que lle debe unha ou dúas...
-vamos, o cierre rápido, espera xa o teño eu aquí, toma Alberto... pero non entra?? non sei se é o de nove ou de dez... Morokooo!!!! ven para aquí... apura... como cruzas?? qué paren... espabila...!!!!
Así que con Martín o Águila flipando, ca axuda de Alberto (ao q tamén lle debo unha... tereime que empadronar en Padrón...) e con MoroKo tomando as rendas da operación... (que me apunte unha máis ás tantas que lle debo) a bici, logo dun parón de 12 minutos, quedou lista.

Saida e primeiros Km 101 (22:30 momento Traballo en equipo TRISQUEL).


A miña idea é ir agrupado, pero Diego, cunha memorable frase, convenceme do contrario: -Tira como un tolo, agora xa non tes nada que perder...
Ahí comeza outra historia. A historia de embudos, de tapóns, de aceleróns para ao pouco por pe a terra, adiantar, parar, tirar, volver a por pe a terra...


 Así ata o km 30 que por fin comezo a ver pista libre.
De aquí ao final, a soedade, como fai un ano atrás, o calor igual que un ano atrás e un resultado final contradictorio, ao contrario que o excelente do pasado ano. 
O mellor, a compañía, a viaxe, a estancia cos meus compañeiros Trisqueles. Risas e máis risas e sobre todo, comer e máis comer. Un sale de Cesures con 71 kg e volta logo de meterse 101 kms con 74,5 kg... hamburguesas, coca colas, helados... la buena mala vida...
Para o recordo e para recordar, la noche de fiesta que Alberto P. lle debe a Toño. Quedou aplazada pois Alberto P. estaba "muerto"... y lo sabes... ese km 75 cruzouse entre Ponferrada e a mezcla explosiva dun de Extramundi e un de Cortiñas.
Pero o máis contento de todos era sen dúbida o meu ben querido Martín. Saleu con cara de que ía disfrutar e disfrutou todo o tempo que durou a excursión. Vaia personaxe chegou de Perillo, Oleiros. Gran persoa, gran descubrimento, das que vale a pena. 

Este, logo do anterior ano, era o ano. Era o ano de intentar facer un bo posto, un mellor tempo... así que para o ano un que se vai a unir ao pelotón agrupeé dos Trisqueles, "porque los ciclistas condenados a cien kilómetros de soledad no tienen una segunda oportunidad sobre la tierra del Bierzo"... (perdóname Gabo...).

CRÓNICA: GULLI.

Ningún comentario:

Publicar un comentario